Xoves. 28.03.2024
El tiempo
Alberto Pose
11:55
16/03/11

Fascite Plantar

Fascite Plantar

Este segundo artigo vouno adicar a unha patoloxía habitual en deportistas e concretamente en xogadores de fútbol. A diferenza desta patoloxía é a forma na que se está a producir ultimamente.

Hoxe en día estanse a facer marabillosos campos de fútbol de herba artificial de última xeración que imitan case nun 100% aos campos de herba naturais, pero non son iguais. Xa se observa co simple bote do balón (o bote soe ser máis vivo), así coma a dureza deste a hora de xogar ou adestrar. O campo de herba artificial ou sintético, son campos duros que non absorben os impactos e as pisadas da mesma forma que un campo natural e se lle engadimos un calzado incorrecto, podemos acabar sufrindo a chamada fascite plantar que se está dando cada vez máis en xogadores costeiros.

¿Que é a fascite plantar?

Pois é unha inflamación dun tecido (chamado fascia) que está no pé e provoca moita dor no talón. A finalidade deste tecido, é dar estabilidade e capacidade de absorción dos impactos que sofren os pés. Vémolo na seguinte imaxe:

O pé é unha estrutura anatómica moi importante para os futbolistas, calquera molestia nos pés pode provocar unha futura lesión na cadeira, nos xeonllos, etc. 

¿Cales son as causas de esta lesión?

Comentarios