Xoves. 18.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Ponteceso achégase ao título e o Porteño apreta a zona baixa

2ª Autonómica: O Ponteceso achégase ao título e o Porteño apreta a zona baixa

Deu un novo paso o Ponteceso para facerse co título da Liga da Costa e co ascenso directo. Os de Berto vencían con relativa comodidade ao Buño e aproveitaron o tropezo do Camariñas ante o filial dumbriés para ampliar a vantaxe. E iso que non se pode considerar tropezo pois a segunda volta dos de Ferrío é espectacular. Dumbrieses loitarán con muradáns e sofanistas pola 3ª praza. Os 3 equipos empataron esta fin de semana.

Pero é que a tensión está por abaixo. O que parece que escapou definitivamente do perigo foi a Esteirana tra asúa vitoria ante o Fisterra. A vitoria do Porteño revélase vital para evitar o posto de descenso directo alonxándose do Carnota, que non conseguíu doblegar ao Sofán. O Porteño, de non cazar ao grupo formado por Corme, Baio, Buño e O PIndo, quedaría nas mans do Camariñas, que de ascender á 1ª faría que os seus veciños se mantivesen na Liga da Costa.

San Lorenzo - Porteño (1-2)

  • San Lorenzo: Recarey, Puñal, Dubra, Casillero (Cachizo, min.46), Fabián (Iván Rey, min.55), Fuentefría (Anxo, min.70), Alex, Javi Pensado, Quillo, Marcos Cancela.
  • Porteño: Asier, Rubén, Pejo, Martín, Roi, Quilmes (Piti, min.80), Iván, Óscar (Iago, min.70), Brais, Ismael, Cousillas (Manu, min.60).
  • Goles: 0-1, min.10: Ismael dende a frontal; 1-1, min.90: Cachizo de cabeza a unha falta lateral; 1-2, min.95: Iago tras un saque de banda de Manu.
  • Expulsión: un xogador local Quillo no min.60 e ao visitante Roi 10 minutos despois.

Vitoria vital para o Porteño que alonxa lixeiramente ao Carnota. Pero non lle quedan preto os de arriba aos de Gerpe, pero seguirá loitando. Foi un encontro rudo, con moi balón parado, nun campo pequeno e enlamado, e onde o Porteño foi máis efectivo.

Na primeira metade os visitantes tiveron algo máis o control do balón, ante un San Lorenzo onde xa todos teñen minutos. Ismael dende a frontal adiantou aos seus e puido ampliar a renda de falta se Recarey non fixese unha boa estirada.

O encontro continuou igualado, con moitas interrupcións, ata que a falta de media hora a expulsión do visitante Roi espoleou ao equipo local, malia que tamén estaba con 10 sobre o campo trala expulsión de Quillo. Os de Verdillo botaron toda a artillería arriba e conseguiron empatar no min.90 cun cabezado de Cachizo a unha falta lateral . E cando o encontro xa miraba cara o empate, e con 5 minutos sobre os 90 regulamentarios, un novo saque de banda de Manu puxo o balón no corazíon da área, e tras varios rexeites, o máis listo foi Iago que empurrou a rede para darlle estes tres puntos de ouro aos seus.

Baio - Muros (1-1)

  • Baio: Poyo, Matías, Mario, José Antonio (Rubio, min.85), Andrés, Martín, Pirucho, Canai, Alberto, Canario (Manuel, min.75), MC.
  • Muros: Lupi, Iván Cerilla, Manu Dosil (Javi Pelos, min.85), Gael, Mayuyo, Varito, Óscar Maema (Gelo, min.60), Martín (Gabo, min.75), Miguel Riveiro (Geiko, min.70), Sexo e Toni.
  • Goles: 0-1, min.30: Toni, ao aprobeitar un rexeite logo dunha falta de Miguel Riveiro; 1-1, min.60: Matías.

Partido competido no Platas Reinoso de Baio, con dous equipos con moita xuventude nos seus conxuntos e un bo número de xuvenís na convocatoria.

Comezaba o partido cun Muros tentando ter o balón e que creaba bastante perigo cas súas combinacións e que entraba con bastante facilidade por bandas, mentres o Baio tentaba buscar aos seus dianteiros con continuos pases largos buscando a espalda da defensa visitante sen apenas éxito. Adiantaríase o Muros logo doutro gol máis do aínda xuvenil Toni, moi atento nun rexeite. Pouco despois chegábase ao descanso sen ningunha ocasión clara que mencionar.

Na segunda parte cambiaba o guión do partido, ata o descanso moi tranquilo, xa que o Baio comezou a ir máis hacia arriba, obligado pola súa necesidade de obter puntos. Aínda que o Muros estaba ben plantado e so sufría en algunha xogada aislada de Martín Mc ou de Canai. Pese a isto o Baio lograba o empate nunha xogada moi polémica e protestada polos xogadores muradáns, xa que o arbitro sinalou unha falta na frontal da área por unha suposta man moi dudosa, esta acción acabaría co árbitro concedendo o gol logo de que se botara a falta mentres o porteiro do Muros se atopaba colocando a barreira. A partir deste gol o Baio tentou ir a polo partido, con máis corazón que cabeza, e contou con algún acercamento a portería pero sen chegar a inquedar seriamente a portería visitante.O Muros remataría o partido cun home menos logo da expulsión do seu capitán Sexo por doble amarilla, debido a protestarlle ao árbitro o distinto criterio nas súas decisións, dependendo de que equipo se trataba.

Camariñas - Dumbría B (1-1)

  • Camariñas: Pombo, Breo, Antelo (Nico, min.70), Josiño, Pesqui, Moriño, De la Sierra, Brais (Mané, min.60), David (Adrián, min.35), Juan oBello, Javi.
  • Dumbría B: Anxo, José Carreira, Sergio Cives, Tantán, José Manuel, Fernando (Carlos, min.75), Jesús, Rodrigo, Ramiro, Ivanete (Josiño, min.46), Miguel Poyo.
  • Goles: 0-1, min.65: Miguel Poyo de cabeza; 1-1, min.78: Javi.
  • Expulsión: Volunterio expulsou a Juan oBello, do Camariñas (min.60).

A expulsión de oBello marcou o encontro. Un partido que o Camariñas tiña máis ou menos controlado, con máis posesión de balón ante un Dumbría B que agardaba as ocasións para saír á contra. Pero foi Miguel Poyo quen, xusto despois da expulsión de oBello, adiantou aos visitantes.

Volcouse o equipo de Manolín, e houbo un balón ao pao por cada bando. Foi Javi quen, cun disparo dende fóra, acadou o empate definitivo, que serve ao Camariñas para manter a distancia con Sofán e Muros, e co propio Dumbría B, que xa está 5º.

Ponteceso - Buño (2-0)

  • Ponteceso: Norberto, Fabián, David, Carlos Mato, Pablo Vázquez, Dani Pallas, Charro (Pitu, min.65), Alfrediño (Nando, min.50), Luisete, Toniño (Adrián, min.70), Bolón (David Velo, min.74).
  • Buño: Añón, Ángel, Diego, Lolo (Marturxa, min.66), Óscar, Pancho, Dourado (Emilio, min.55), Juan (Daviciño, min.72), Rubén (Berti, min.61), Fernando (Brais, min.90), Víctor.
  • Goles: 1-0, min.43: Fabián desvía un tiro de Bolón; 2-0, min.55: David a centro de Luisete.

A tiro de pedra ten o Ponteceso o título da Liga da Costa e o retorno á 1ª logo de vencer ao Buño nun encontro onde os de Pablo Mallón presentaron batalla. Foi un partido de día e volta con moitas ocasións para uns e outros. Máis acertados estiveron os locais, e iso que Luisete marraba unha pena máxima e o colexiado anuláballe o remate a gol no rexeite por mans.

Clave foi o gol de Fabián antes do descanso, para comezar a segunda metade contranquilidade e sentenciar por medio de David. Pero foi Norberto quen tomou o protagonismo parándolle un penalti a Diego no treito final.

Carnota - Sofán (1-1)

  • Carnota: Peipo, Nico, Adrian, Urko, Pedro, Brea, Andres Pato, Oliver (Pumuki, min.70), Pablo Beiro, Deme (Manolo Chouza, min. 81) e Manuel Luis.
  • Sofán: Alex, Miniño, Diego, Alberto Pensado, Juanjo, Pizo (David Pensado, min.69), Aleman, Luisito, Adrian, Jacobo (Gende, min.82)e Bertín.
  • Goles: 1-0, min.5: Andrés Pato case sen ángulo; 1-1, min.30: Diego a centro de Bertín.
  • Expulsión: o xogador sofanista Luisito no min.35 e o local David Brea no min.80.

Partido igualado entre dous equipos que aínda teñen cousas que dicir. Sobre o o Carnota, moi necesitado que ve esta semana como o Porteño se lle escapa lixeiramente. Os de Nito saíron moi mentalizados e buscaron a portería riavl dende o primeiro minuto. Andrés Pato xa colocaba ao 1-0 aos 5 minutos.

O Sofán foi, pouco a pouco, meténdose no partido. Ata que conseguía a igualada á media hora. Pero apareceu o colexiado que expulsou a un xogador sofanista por protestar no min.35. Quedaban aínda 55 minutos que o Sofán tería que afrontar con 10 homes. E non decaue, mantivo liñas e mesmo tivo ocasións de darlle a volta ao marcador. Pero este non se movería nin coa expulsión do carnotán David Brea.

Malpica - O Pindo (3-1)

  • Malpica: Suso; Charly, Marcos Amado, (Diego, min.66), Iago, (Gonzalo, min.64), Marco, Eloy, (Manu Pardo, min.59), Neucha, Casais, Cheo, (Víctor, min.71), Andrés, (Ismael, min.59), Nando.
  • O Pindo: Garrido; Juan de Dios, (Pulpo, min.57), Mateo, César, Jóse, Piquero, (Julián, min.62), Fran, (Rafa, min.46), Edu, (Diego, min.62), Aitor, Víctor, Rivas.
  • Goles: 1-0, min.6: Cheo, a pase de Andrés. 2-0, min.46: Eloy de tiro cruzado tras unha bonita xogada combinada ao primeiro toque entre Charly, Casais. 3-0, min.58: Neucha empalma de volea un centro de Casais. 3-1, min.74: Rivas no segundo pao a centro de Rafa.

Unha primeira metade espectacular do Malpica fixo que o partido rematase co segundo gol xusto antes do descanso. Os de Agilda tocaron e chegaron con profundidade a meta de Garrido, malia que a defensa carnotá estivo bastante segura. Na segunda intentárono os visitantes pero

Esteirana - Fisterra (3-1)

  • Esteirana: Ramón, Chispi, Dani Rama (José Varela, min.60), Damián Suizo, Simón (Maceiras, min.65), Pepe, Picholeiro, Alex, Iago (Uru, min.80), Andel (Adrián, min.70) Roberto Pladur.
  • Fisterra: Joselu, Juan (Luís, min.50), Serna, Roco, Piti, Guardiola (Martín, min.55)Roa (Bruno, min.60), Dudo (C. Hidalgo, min.75), Nico, Rodri, Manoliño.
  • Goles: 1-0, min.30: Iago; 2-0, min.40: Roberto Pladur; 2-1, min.60: Manoliño; 3-1, min.75: Roberto Pladur:
  • Expulsión: Pepiño no min.85.

Certificou a súa permanencia a Esteirana tras vencer nun encontro tranquilo a unha SD Fisterra que xa se deixa levar. A posesión estivo bastante igualada, pero ao FIsterra faltoulle profundidade e tensión para crear perigo.

No bando local buscaban constantemente a Roberto Pladur, que anotou dous tantos para certificar a vitoria.

Castriz - Vimianzo (2-1)

  • Castriz: Pejo, Chinda, Alberto, Sergio Pose, Toniño (Alejandro, min.46), David Brenlla, Bruno, Dani (Cilindro, min.60), Mauri (Suso, min.35), Sebas (Rubén, min.74), Ovidio (Martín Ríos, min.70)
  • Vimianzo: Sergio, Amarelle, Suso, Maikol, Iván de Treos, Camilo, Iván de Baiñas, Lagoa, Dieguiño, Arán, e Sergio Pose.
  • Goles: 1-0, min.30: Ovidio; 2-0, min.70: Suso; 2-1, min.88: Alex en propia porta.

Pouco apretou o Vimianzo ao Castriz de Huelvis i é que tivo que xogar practicamente todo o partido con 10 ao estar sen cambios e lesionarse Arán aos 5 minutos, durante a primiera metade aguantou no campo, pero no descanso xa quedou na caseta.

Club do Mar - Corme (0-0)

  • Club do Mar: Iván, Juan Lareo, Luis Lareo (Alberto, min.57), Chori, Fran Borrazás (Pincho, min.70), Repi, Mariano, Chechu, Corral (Manu, min.46), Jacobo, Brais.
  • Corme: Susiño, Adolfo, Joshua, Pandi, Lelo, Lentejo, Martinciño, Abel, Dani (Pipo, min.85), Alejandro e Iago.

Dominou o equipo local todo o partido pero o Corme defendeuse como gato panza arriba. Poucas ocasións permitiron os visitantes nos que desta volta a veteranís dos Alejo e Lentejo foron claves para substituir a maxia dos expulsados o sábado na Copa Xuvenil Lucas e Alejo.

Este é un empate moi importante para os de Suso da Torriña, que aínda non certificaron a permanencia, pois teñen a 6 puntos ao Porteño.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios