Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: 5 equipos en 1 punto e 3 son da Costa

1ª Autonómica: 5 equipos en 1 punto e 3 son da Costa

De cheo xa están os 3 equipos da Costa da Morte na loita polos 3 postos de ascenso á Preferente. E iso que a derrota do Cee en Lamela arrebatoulle o liderato. Agora Unión e Sada comandan con 51 puntos, tan só 1 máis que os Cee, Xallas e Dumbría. I é que xalleiros, que demostraron que poden sufrir e gañar nun encontro guerrilleiro, e dumbrieses, seguen facéndonos soñar cun triple ascenso, e vencían esta fin de semana partidos claves ante Vizoño e Victoria. O Zas, pola súa parte, continúa o seu periplo pola 1ª desexandoi que remarte a campaña.

Reunión en Baio

O fútbol costeiro que ten este luns 14 de marzo unha cita importante no ás 20:30h no Pavillón de Baio. Os clubes serán informados polos membros da Asociación de Clubes da Costa sobre a elección dun representate do noso fútbol por parte da nova Federación Galega para a directiva comandada por García Liñares.

Como xa vimos avisando, trátase dun momento crucial para o fútbol costeiro xa que por primeira vez parece que pintamos algo na federación. Agora é o noso turno de que as nosas diferencias sexan limadas e que deamos unha visión de unidade para que nos teñan en conta, como parece que van facer.

Xallas - Vizoño (1-0)

  • Xallas: Cheli, Ismael, Álvaro, Pika, Iván Forján, Jesús, Brais (Ricardo, min.20), Toni (Ventura), Adrián Beiroa (Pereiro, min.5), Rubén (Carteiro), Roberto.
  • Gol: 1-0, min.30: Roberto.
  • Lesións: Brais cun golpe no narís; Adrián Beiroa con rotura de fibras e Toni que recaeu.

Impresionante vitoria do Xallas que o mantén na pomada. E iso que foi un partido trabado,mcon moita guerra, onde os visitantes viñeron coa clara intención de manter o 0-0. Sin poñer o autobús, o Vizoño baseou o xogo en defenderse pero os locais foron quen de romper, polo menos, nunha ocasión, a rede visitante.

Con todo, os xalleiros dispuxeron de varias boas ocasións para romper a igualda, pero os dianteiros non estiveron moi acertados. Foi Roberto, o Kaká xalleiro, o artífice da vitoria.

O peor do encontro foi as lesións de Adrián Beiroa que rompeu fibras nada máis comezar; de Brais, cun golpe na nariz aos 20 minutos; e a recaída de Toni, que forzou para recuperarse dun problema no nocello e sufriu unha forte entrada que o levou directo aos vestiarios. Por se fóra pouco, os visitantes tamén perderon un xogador cunha lesión grave no nocello, e ao porteiro cun xeonllo en al estado.

Dumbría - Víctoria (4-1)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño (Roberto, min.85), Suso, Chula, Ismael (Pablo Serrano, min..75), Marco, Aarón, Iago, Brais (Jesús, min.80), Piri (Adrián Mackaay, min.55), Eloy (Martín, min.80)
  • Goles: 1-0, min.20: Brais; 1-1, min.55; 2-1, min.67: Adrián Mackaay de cabeza; 3-1, min.70: Brais cun golazo en xogada individual; 4-1, min.75: Adrián Mackaay dende fóra pola escuadra.

Vitoria importantísima para os de Canosa que se meten de cheo na loita. E saíron ben, controlando e creando as primeiras ocasións ata que Brais, un dos destacados da tarde, adiantou ao equipo local. A partir de aí o Victoria veuse arriba e puxo en apuros varias veces a Juan Purrúa. De aí ata o descanso os locais sufriron.

Comezaron con moita forza os vistantes a segunda metade. Nunha de 3 saques de esquina seguidos, marcaron o empate. Pero aí estaba Adrián Mackaay para marcar un gol fundamental 10 minutos despois que volvía poñer por diante aos locais. Non tardo Brais en facer o gol da tarde e encarrilar a vitora i é que a estas alturas, a este Dumbría, ben preparado físicamemte, cando se pon por diante vai ser complicado remontarlle pois á contra ten un perigo tremendo, como cerciorou Mackaay co 4º tanto.

Lamela - Cee (3-2)

  • Cee: Parroto, Ruben Fiuza (Diego Cespón, min.68), Jacobo (Jorgito, min.85), Rafa, Dani Freire, Chapu, Angeliño, Rivi, Tasky, Luilli (Llanero, min.85) e Fernando.
  • Goles: 1-0 min.1; 1-1, min.40. Chapu. 2-1 min.47; 3-1, min.68: de penalti; 3-2, min.72: Fernando.
  • Expulsión: Angeliño por doble amarilla a angeliño no min.67 por facer o penalti.

Comezaba o partido torcido para os de Pato, e ao minuto xa levabaun gol no peto.
Empatou Chapu antes do descanso pero a segunda metade empexou igual de mal que a primeira. Aitor puxo por diante aos locais de novo e había que remar de novo. E máis complicadas se puxeron as cousas cando Angeliño cometía un penalti e ademais recibía o segundo cartón e marchaba para os vestiarios. Co 3-1 os ceenses botaron todo pero só Fernando foi quen de recurtar distancias sen conseguir o empate malia as intentonas finais.

Unión - Zas (7-0)

  • Zas: Luis de la Peña, Amado, Roli, Dani, Ramón, Churián, Mancebo, Juan, Quintáns, Esteban Busto (David, min.72), Pastor.
  • Goles: 1-0, min.22; 2-0, min.30; 3-0, min.33; 4-0, min.43; 5-0, min.58; 6-0, min.69; 7-0, min.78; 8-0, min.86.

Nada que apresentar nun novo partido onde o Zas se presentou con 12 xogadores e apenas puido manter o 0-0 os primeiros 20 minutos.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios