Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Preferente: Seguros en casa e dando minutos á xuventude

Preferente: Seguros en casa e dando minutos á xuventude

Non hai quen lle tusa a este Soneira no Municipal de Vimianzo. Este domingo solventaron con moita comodidade o encontro ante o Campus Stelae e tiveron tempo ata de acabar o partido con 3 xuvenís sobre o céspede, e iso que chegaban dunha eliminatoria apretada da Copa Xuvenil .

Puideron celebrar así a homenaxe que o Concello brindou ao xogador Miguel e mais ao piloto de rallis Amador Vidal. Este póster desenvolto polo técnico do concello Víctor Santos é o protagonista da homenaxe.

Reunión en Baio

O fútbol costeiro que ten este luns 14 de marzo unha cita importante no ás 20:30h no Pavillón de Baio. Os clubes serán informados polos membros da Asociación de Clubes da Costa sobre a elección dun representate do noso fútbol por parte da nova Federación Galega para a directiva comandada por García Liñares.

Como xa vimos avisando, trátase dun momento crucial para o fútbol costeiro xa que por primeira vez parece que pintamos algo na federación. Agora é o noso turno de que as nosas diferencias sexan limadas e que deamos unha visión de unidade para que nos teñan en conta, como parece que van facer.

Soneira - Campus Stelae (3-0)

  • Soneira: Pose, Darío, Pablo, Ferreiro, Javi, Santi, Víctor García (Mayor, min.60), Kike (Alberto, min.75), Vía Rápida (Basti, min.70), Vituco, Mario (Fran de Urroa, min.55).
  • Goles: 1-0, min.7: Kike; 2-0, min.42: Kike; 3-0, min.65: Vituco.

Encarrilou moi pronto o Soneira o partido cun Kike que está enrachado, pois leva 4 goles nos dous últimospartidos de casa. A partir de aí o encontro foi moi cómodo para os de Manolito, que ampliaron a renda, de novo por Kike antes do descanso.

A segunda metade foi un mero trámite e só cómpre destacar que acabaron 3 xuvenís no céspede: Basti, Mayor e Alberto.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

Comentarios