Moitas novidades aconteceron esta primeira fin de semana de febreiro #futboldacosta. Derrotas de imbatidos, primeiras e históricas vitorias, tanganas... Un pouco de todo.
E comezamos a análise da xornada pola Preferente, con resultados curiosos. O que máis complicado o tiña, a priori, resultou ser o único da Costa que volve con 3 puntos. O Soneira sacou en Ribadeo unha vitoria moi positiva que o deixa cunha comodísima 10ª praza. Pero os dous que están un escalón por riba, volveron tropezar e deixaron escapar aos de cabeza. O XSC volveu de baleiro de Viveiro, mentres que o Dumbría, que tiña un enfrontamento directo co Grixoa, volvía tamén sen premio.
En 1ª Autonómica, sen embargo, boas novas. 3 vitorias e un empate reflexan unha das mellores xornadas da tempada para os nosos equipos. O empate, moi valioso ademais, o colleitado polo Fisterra en Arzúa, que lle permite ao Malpica alcanzalo. I é que o Malpica está que se sae, e vencía ao Villestro superándoo tamén na táboa quedando agora na 5ª praza, empatado do propio Arzúa. Os que máis o necesitaban sumaron por fin 3 puntos. Berto estreou banco cunha vitoria clave. O Camariñas visitaba o campo do pechacancelas, un Flavia que iso si, só estaba a 3 dos camariñáns. A vitoria sácaos do descenso, ao igual que ao Ponteceso, que vencía noutro importantísimo partido ante o Lamela e deixa ao Cacheiras no posto de descenso directo.
A xornada na 2ª Autonómica chegou tamén con algunha sorpresa. Como a derrota do líder, a Esteirana no derbi ante o Muros. Quedan agora a só 3 puntos os Cee e Baio, que continúan firmes por detrás. Ceenses e baieses superaron ademais partidos moi complicados en Corme e Louro. Ábrese aí unha fenda co 4º, o Sofán, que non pasaba do empate ante un aguerrido Corcubión. E o Zas queda 5º por diante do Corme a pesar de caer ante o San Lorenzo. Por abaixo, hai que destacar a vitoria do Cabana en Outes, deixando ao cadro da Serra no posto de descenso que acompaña a un Dumbría B que non levanta cabeza. Hoxe caía 4-0 en Mazaricos, cunha vitoria crucial para os amarelos que escapan lixeiramente a 4 do Outes.
E xornada clave, esta 21º, en 3ª Autonómica. O ata onte líder, o Porteño, sufría onte a primeira derrota ante un Soneira B que chegaba con moitas gañas. Queda agora o cadro de Gerpe (cun partido menos) por detrás do Independiente, que sumaba un empate in extremis en Arliña. Un partido que se alongou 16 minutos de prolongación e que rematou en tangana. Por detrás mantense o Camelle trala súa importante vitoria en Cerqueda. E na loita pola 6ª praza, o Ameixenda paraba a un Laxe que viña forte e ambs quedan a 2 punto do Muxía. Pero a xornada deparaba un momento histórico: a primeira vitoria do CF Castrelo. Os vimianceses corroboraron a súa melloría cun partido moi serio ante o Xaviña sumando así a súa primeira vitoria en partido oficial da súa historia.
Xa en Xuvenís, parece que o Xallas de Santa Comba deu un paso gran ao vencer ao Cabana, que chegaba con 2 de 2 a Fontela. Os de Rafa quedan agora líderes da Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, unha vez que Malpica e Ponteceso, e Fisterra e Dumbría, asinaban sendas táboas. Na Copa, parece que o Muxía no Gr.1, e os Soneira e Corme no Gr.2, son os que teñen máis papeletas para quedar fóra dos Oitavos.
Mala xornada nas Ligas Galegas. Só o Dumbría de infantís sacaba os 3 puntos, mentres que en Cadetes os dumbrieses manteñen esa 3ª que polo de agora servirá para ascender a División de Honra.
Pero a fin de semana tivo máis cousas. En Cadetes a Esteirana vencía en Cee gañando media Liga. Son 6 puntos os que sacan agora os blaugranas aos azuis, e seguen imbatidos. En Infantís o XSC segue intratable con 15 vitorias en 6 partidos.
Ademais, en Veteranos os de arriba non fallaron na 1ª División, mentres que o Muros segue intratable na 2ª. Laxe e Corcoesto xogaranse a segunda praza de ascenso.
E para rematar, este venres tiveron lugar as finais das LCFs. Se en infantís xa había gañador, As Baleas, en alevín o novo gañador é o EFM Vimianzo e en benxamín o C. Fisterra.
Preferente, xornada 23
Ribadeo F.C.
1-3
Soneira S.D.
Viveiro F.C.
5-1
Xallas StComba
S.D. Grixoa
1-0
C.F. Dumbría
1ª Autonómica, xornada 21
Flavia S.D.
1-3
Camariñas F.C.
Ponteceso S.D.
3-1
C. Lamela
S.C.D. Malpica
2-0
S.D. Villestro
CSD Arzúa
1-1
S.D. Fisterra
2ª Autonómica, xornada 21
U.D. Montelouro
1-2
C.D. Baio
Muros S.D.
2-1
S.D. Esteirana
Mazaricos C.F.
4-0
Dumbría C.F. B
Corme C.F.
2-3
Unión Club Cee
S.D. Sofán
0-0
U.D. Corcubión
U.D. Carnota
0-0
Buño S.D.
Sp. Zas
1-2
S.D.San Lorenzo
Outes C.F.
0-3
Cabana S.D.
S.D. Castriz
3-2
Volantes F.C.
3ª Autonómica, xornada 21
U.D. Cerqueda
0-1
Camelle S.D.
S.D. Laxe
2-3
S.D. Ameixenda
Soneira S.D. B
3-0
Porteño C.F.
Muxía C.F.
2-2
Indep. Carballo
SDC Corcoesto
3-2
Lira C.F.
Xaviña F.C.
0-2
C.F. Castrelo
S.D. Alcaián
2-1
C.D. Baíñas
S.D. Coristanco
3-2
C.D. Nantón
Liguilla Previa á Fase de Ascenso da Liga Galega Xuvenil, xornada 3
S.D. Fisterra
1-1
C.F. Dumbría
S.C.D. Malpica
0-0
Ponteceso S.D.
Xallas StComba
3-2
Cabana S.D.
Liguilla da Copa da Costa, Gr. 1, xornada 3
Camariñas F.C.
1-2
Outes C.F.
Muros S.D.
2-3
S.D. Laxe
Muxía C.F.
0-3
C.D. Baio
Liguilla da Copa da Costa, Gr. 2, xornada 3
Mazaricos C.F.
7-0
Corme C.F.
U.C. Cee
1-3
S.D. Coristanco
Soneira S.D.
2-3
S.D. Esteirana
Liga Galega Cadete, xornada 20
Bergantiños C.F.
1-6
Ural C.F.
Portuarios
3-2
C.F. Dumbría
Liga Galega Infantil, xornada 21
Bergantiños C.F
0-2
Víctoria C.F.
C.F. Dumbría
2-0
C.D. Lalín
1ª Cadete, xornada 13
Xallas StComba
4-0
C.D. Baio
Muxía C.F.
2-1
S.D. Fisterra
S.D. Coristanco
3-3
Con. de Carnota
Muros S.D.
3-1
Porteño C.F.
Sp. Zas
3-4
Outes C.F.
U.C. Cee
0-2
S.D. Esteirana
Cabana S.D.
1-4
Ponteceso S.D.
1ª Infantil, xornada 17
C.D. Baio
3-0
E.M.F. Vimianzo
S.D. Coristanco
8-0
Ponteceso S.D.
As Baleas
7-1
S.D. Fisterra
Xallas StComba
-
S.D. Sofán
E.D. Os Miudos
2-2
S.D. Esteirana
Corme C.F.
3-2
Outes C.F.
Muxía C.F.
2-7
Cabana S.D.
Descansa o Cee.
Finais das Ligas Comarcais de Fútbol Sala
Se o campión de infantís xa foi o cadro de As Baleas, o pasado venres no Pavillón de Dumbría tiveron lugar as finais das LCFs en categorías benxamín e alevín: