Martes. 14.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O IDC colle ao líder

3ª Autonómica: O IDC colle ao líder
Bainas-Laxe-Foto- Jorge Parri

Aproveitou o Independiente de Carballo para igualar no liderato o descanso do Porteño. Os carballeses mallaron no Corcoesto e igualan a puntos se ben contan cun partido máis. O Camelle mantense firme e loitará con ambos polas dúas prazas de ascenso directo, quedando a só 5 puntos de ambos.

A loita por entrar entre os 6 primeiros segue candente. Cerqueda e Soneira B parecen, a día de hoxe, os mellores colocados. Ambos superaban choque complicados ante Lira e Nantón, dous equipos que se poderían ter metido aí. O Muxía mantén a 6ª praza tras descansar de novo, pero o Laxe meteuse definitivamente na loita tras vencer no partido máis importante da xornada ao Baíñas. Un Baíñas que chegaba en alza pero que vía cortada a súa boa xeira quedando a 5 puntos, só 5 iso si, de Muxía e Laxe. Ollo co Ameixenda que cortaba unha mala racha e se coloca de novo a tiro dun partido da 6ª praza.

Para a semana toca xornada clave, con 4 partidos importantes entre os de arriba. O Muxía recibe ao IDC, O Cerqueda pode recuperar terreo co Camelle, o Laxe e o Ameixenda veranse as caras e o Soneira B recibirá ao Porteño.

Baíñas - Laxe (2-3)

CD Baiñas-Foto- Jorge Parri
  • BAÍÑAS: Damián, Simón, Sancho, Luís, Héctor, Styven (Samuel, min.70), Cris, Esteban, Fernando, Adrián (Yanki, min.46), Tasky.
  • LAXE: Illote, Adrián (Ventura, min.70), Naya, Pailos, Jacinto, Borja, Gora, Felipe, Mandi (López, min.80), Saleta (Aarón, min.60), Martín Carrabete.
  • Goles: 1-0, min.50: Cris; 1-1, min.50: Mandi; 2-1, min.70: Luís de falta; 2-2, mi.75: Felipe de falta; 2-3, min.85: Ventura.
  • Expulsión: 5 expulsados: no minuto 20 o local Simón e o visitante Jacinto; e o visitante Gora (min.65) e no treito final os locais Esteban e Sancho por sendas e rigorosas doble cartón.

Parou o Laxe a boa xeira dun Baíñas en liña de ascenso no partido case que máis importante da xornada. E foi un partido de tolos, marcado pola mala arbitraxe que deixou 5 expulsións nun choque que se ben tivo algo de dureza non tivo maldade.

Empezou o partido co Laxe mandando lixeiramente ante un Baíñas ben colocado. Fallou penalti Mandi para os visitantes pero o partido xa estaba condicionado polas dúas primeiras expulsións tras unha pequena tangana. Acabou o primeiro tempo 0-0 con moita igualdade, e comezaba a segunda co gol dos locais por medio de Cris. Un gol que non tardou en anular Mandi pero unha nova expulsión deixaba aos locais con 9. Convertíase o partido nun choque continuo, e entre paróns e expulsións, e brega, moita brega, o Laxe sacaba máis renda das súas chegadas, e Felipe de falta e Ventura, daban a volta ao marcador anulando o gol, tamén de falta de Luís.

O colexiado foi o protagonista do Baíñas -Laxe-Foto- Jorge Parri

Camelle - Xaviña (3-0)

  • CAMELLE: Carlos de Dido, Coruña (Adrián P., min.46), Mauri, Valiña, Javi Rañal, Varu (Álvaro Pantera, min.85), Mario, Sergio, Jose (Buri, min.75), Tedín (René, min.77) e Barreiro.
  • XAVIÑA: Moro, Chiriví, Esteban, Juan Antonio, Rodrigo (Pión, min.46), Beto, Gatusso, David (Gallego, min.75) Pirucho (Elvis, min.75), Felipe e Martelo (Ruso, min.65).
  • Goles: 1-0, min.60: Jose picándolla ao Moro; 2-0, min.70: Barreiro de tiro cruzado tras un pase de Adrián; 3-0, min.80: Varu dende 35 metros.

Loitou o que puido o Xaviña no derbi camariñán xogado no Hermanas Patiño, pero a potencia e calidade dos camelláns foi demasiado para os branquiazuis. Tardou en entrar o cadro local ante un combativo Xaviña, pero que xa facía dano dende o comezo a balón parado.

Estirábase pouco a pouco o Camelle ante un moi ben prantado Xaviña, e Barreiro deixaba un balón a porta baleira para Sergio pero este non chegaba. Volvía Sergio a obligar a lucirse ao Moro, pero o marcador non sen movía.

Saíu decidido o Camelle na segundae José, Barreiro e Varu, demostraban a calidade do cadro local, sobre todo co gol de Varu, dende 35 metros nunha falta algo escorada e sorprendendo a Moro.

Indep. Carballo - Corcoesto (7-0)

Partido do IDC co Corcoesto-Foto- Bryan Lista
  • IDC: Noe, Efren (Joni, min.55), Scott, Seo, Dani Rosalía, Cholo, Carlos (Brais, min.60), Míchel (Ivi, min.65), Moreno (Benítez, min.50), Mario, Juni (Adrián, min.70).
  • CORCOESTO: Anxo, Edelmiro, Longo, Ángel, Germán, Xabi, Pablo (PIchón, min.65), Javi (Uru, min.80), Couto (Héctor, min.50), Alberto (Rodri, min.46), Luís.
  • Goles: 1-0, min.30: Juni tras un esbarón do porteiro; 2-0, min.35: Juni; 3-0, min.40: Efrén; 4-0, min.44: Juni; 5-0, min.60: Cholo; 6-0, min.65: Cholo; 7-0, min.85: Adrián.

Partido estrano na mañá do domingo, que acabou en goleada a pesar de que o Corcoesto prantou cara, e boa cara, durante a primeira media hora, na que ata tiveron un par de ocasións aos pés de Alberto, ou un par de tiros de Xabi e Germán.

Tardou en chegar o primeiro gol ante un Corcoesto que estaba ben prantado, e o primeiro gol chegaba tras un esbarón do porteiro visitante. Juni abriu a lata e en 15 minutos chegaron 4 goles, acabando o partido xa ao descanso.
Na segunda intentouno o Corcoesto, pero cada contra local era gol.

Lira - Cerqueda (1-4)

Lira-Cerqueda Foto- Liga da Costa
  • LIRA: Pelexo, Santi, Herminio, Fran de Muros, Xabi (Saúl, min.50), Suso Patachín, Óliver, Michelón (Isma, min.80), Miguel do Caracho, Suso Perico, Manolo de Abelleira (Mauro, min.75).
  • CERQUEDA: Rubén, Juanjo (Iván Ponte, min.88), Pablo, Javi, Javi Pazos, Dani, Bastón, Lorenzo, Dani Seaia, Moisés, Dieguito.
  • Goles: 1-0, min.50: Suso Perico de disparo cruzado nunha contra; 1-1, min.53: Dani Seaia; 1-2, min.77: Moisés; 1-3, min.80: Dieguito de falta directa; 1-4, min.84: Dani de falta.
  • Expulsión: o visitante a Miguel do Caracho (min.90) e ao adestrador local Roberto Lozano no min.57.
Lira-Cerqueda Foto- Liga da Costa

Vitoria importante do Cerqueda ante un Lira con moi boa actitude, que segue mellorando con Javier no banco. Pero sufriu o Lira a altura do Pelexo, que malia facer un gran partido non puido chegar a varios balóns aéreos. Na primeira metade o Cerqueda mandou algo máis co balón, pero os dianteiros Dieguito e Moisés (por dúas veces) non estiveron acertados.

Adiantouse pronto o Lira nunha contra á volta do descanso e aí descolouse o Cerqueda permitindo 15 minutos de ida e volta. Conseguía empatar pronto Dani Seaia pero en dúas contras tivo o partido o Lira nos pés de Suso Perico, que unha mandouna fóra e outra salvou Rubén.
E na xogada seguinte unha contra era finalizada por Moisés para facer o 1-2, co que baixaba os brazos o Lira. Mala a liorta entre o míster local e o xogador viistante Miguel do Caracho que acabaron enzarzados na bancada.

E aquí vos deixamos co gol de Dieguito, de falta para rubricar o 1-3, cun deses tantos que non se ven tódolos domingos:

Nantón- Soneira B (1-3)

Nantón-Soneira B-Foto- Víctor Santos
  • NANTÓN: Bonano, David, Eloy, Carlos Santos, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Martín, Luís, Dani Costa, Cachi, Iván, Dani, Rubén.
  • SONEIRA: Martín, Chans, Chuchi, Alberto, Curra, Quilmes, Jemisa (Basti, min.70), Canosa, Felix (Pichón, min.65), Roi (Fernando, min.60), Wii.
  • Goles: 0-1, min.10: Wii; 0-2, min.12: Wii; 0-3, min.15: Wii; 1-3, min.75: Luís de vaselina.

Importate vitoria do filial soneirán antes de recibir ao líder e descansar. Un Soneira B que solventou o partido en 15 minutos, con 3 chegadas de Wii que aproveirou que o Nantón que entrou durmindo no partido para sumar unha xusta vitoria.

Os primeiro minutos do partido foron de tanteo sobre un terreo de xogo no que era moi difícil manterse de pé. No minuto 10 rompeuse o partido cun disparo de Wii dende a frontal da área sorprendeu a un Bonano adiantado. En 5 minutos tolos o Soneira deixou o partido visto para sentecia, xa que no 12 Bonano rexeita un disparo dende o borde da área e Wii aproveita o rexeite para facer o 0-2. No minuto 15 unha internada por banda de Félix acaba cun centro que remata ó fondo da rede novamente Wii facendo o 0-3. Tres chegadas, tres goles. Puido aumentar a conta Jemisa cun remate de cabeza á base do poste.

Pouco a pouco o Nantón foi entrando no partido e antes do descanso tiveron ocasións para achegarse no marcador. Primeiro Carlos Vidal á saída dun córner non atina a rematar con toda a portería para el. Pouco despois e Cachi o que manda o balón fóra por moi pouco. Tras o descanso o Nantón intentou ir a polo partido e fíxose co control do balón e facendo ocasións coma unha internada de Cachi por banda poñendo un centro que se pasea pola liña de gol sin que chegue ninguén para empuxala. Pouco despois é o propio Cachi o que o intenta un pouco escorado e o seu tiro é rexeitado pola defensa. No minuto 75 Luís fai o 1-3 cunha vaselina sobre Martín. No 86 anúlanlle un gol en posición legal ó propio Luís e dous minutos máis tarde é Rubén o que manda o balón ás nubes con toda a portería para el. En resumen, o Soneira aproveitou mellor as ocasións que tivo e o Nantón perdonou moito.

Nantón-Soneira B-Foto- Víctor Santos

Castrelo - Alcaián (0-0)

Comentarios