Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Ponteceso e Fisterra descólganse

Xuvenís: Ponteceso e Fisterra descólganse

Tralo comezo a medias das 2ª Fases das Ligas Xuvenís, xa estamos vendo como van as cousas. Coa falta clara de interese nestas Liguillas da Copa da Costa das que se clasificarán 10 de 12 (darémoslle a relevancia que precisa cando empecen as eliminatorias), centramos o repaso na Liguilla Previa á Fase de Ascenso, onde a verdade temos 6 equipazos en liza.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 2

Capitáns do Malpica e Fisterra xuveníil-Foto- Luis E Porto

Tremenda parece que vai ser esta Liguilla. 6 equipazos (mágoa de deixarse polo camiño a Cee e Baio que parecían estar a altura destes) disputan esta fase previa con toda a ilusión por chegar á Fase de Ascenso á Liga Galega.

E tras esta xornada e media, sorprende o mal inicio do Ponteceso, o que partía como favorito ollando os números da fase regular na que só cedeu un empate e unha derrota. Pero esta Liguilla chegoulle no peor momento ao cadro de Mato. Con moitas e importantes baixas (como as de Dani Cotelo, Dani Valle, Fabián, Alberto Recarey...) e poucos adestramentos durante o nadal, parece que vai ter costa arriba meterse de novo na loita polas dúas prazas que dan acceso á Fase.

O que parece lanzado é o Cabana. Cunha eficacia tremenda, os de Carracedo suman 2 de 2, e se colocan líderes en solitario á espera de ver o que acontece no XSC-Malpica aprazado da primeira xornada. O Xallas superaba ao Ponteceso nun choque de trens, e o Malpica vencían no seu debut ao Fisterra, que tamén parece que se deixa media Liga tras prantar cara durante unha hora nos dous partidos pero deixándose levar no últim cuarto de hora.

Cabana - Dumbría (2-1)

Xuvenis - Cabana-Dumbria -Foto-Cabana SD
  • CABANA: Adrián, Dani Mato, Duda, Samuel, Laik, Pablo, Alessandro, Alex, Cristian Fuentes (Martín, min.85), Diego Méndez, Iván Mato.
  • DUMBRÍA: David, Roi (Dito, min 70), Samuel, Cabana, Jose, Lucas (Alex Siaba, min 50), Marcote, Adrián Alcaina, Javi (kevin, min 65), Israel e Martín.
  • Goles: 1-0, min.10: Iván Mato; 2-0, min.35: Alex; 2-1, min.75: Alex Siaba
  • Expulsión: o visitante Alex Siaba (min 80).

Gran encontro, tremendamente disputado, o vivido entre cabaneses e dumbrieses. Dous equipazos que amosaron todo o seu potencial nas Redondas ante unha numerosa afección de ambos bandos.

O partido comezou con moito ritmo e moita intensidade, cun Cabana máis metido no partido e moi serio en defensa. Na primeira metade o cadro local estivo alago máis incisivo, e Iván Mato abría o marcador tras unha internada polabanda aos 10 minutos. O Dumbría respostaba chegando á meta de Adrián, pero á media hora Alex ampliaba a renda para os locais.

Saíu o Dumbría moito máis enchufado na segunda, buscando dende o comezo a remontada. Buscaban os de Pablo Conde moita presión no medio campo e non deixaba saír case nin á contra ao cadro local, pero a defensa cabanesa estivo moi segura en todo momento por arriba, e os balóns directos eran rexeitados unha e outra vez pola defensa. Só houbo un despiste, un balón que Samuel e Laik se malentenden deixando o balón para que Alex Siaba recurtase. Quedaban 15 minutos e o Dumbría intentou o empate ata o final, sen sorte cara gol.

Xuvenis - Cabana-Dumbria -Foto-Cabana SD

Ponteceso - Xallas StComba (1-3)

  • PONTECESO: Guille, Eliseo, Lorenzo, Diego, Joseph (Brais,m in.60), Alberto, Iago (Eloy, min.75), Bieito, Cristian, Borja, Iaguito.
  • XSC: Iván Couto, Miguel, Roberto, Dani Martínez, Cristian, Diego Maneiro, Styven (Cristian Torres, min.80), Fabián, Iván (Sergio, min.70), Landeira, Marquiños.
  • Goles: 1-0, min.37: Cristian; 1-1, min.40: Iván a centro de Diego Maneiro; 1-2, min.60: Iván a centro de Marquiños; 1-3, min.75: Diego Maneiro dende 30 metros

Partidazo no Pinguel entre dous equipazos que deixa moi tocado ao Ponteceso. Foi un choque moi intenso, con dous xogos diferentes, pero cun Xallas de Santa Comba máis efectivo. O Ponteceso intentaba dominar o balón pero a aposta valiente de Rafa facía que o cadro xalleiro apretase arriba para estorbar a saída do balón dos pontecesáns, e varios roubos de Marquiños e Iván crearon sendas ocasións. Tivo dificultades na saída un Ponteceso de Mato que segue apostando por evitar os balóns directos.

Foi precisamente o cadro local o que se adiantaba por medio de Cristian, pero de contado Iván empataba ao fío do descanso para os xalleiros. Na segunda metade, o XSC foi moito máis efectivo e se houbo ocasións para os dous bandos, o propio Iván e Diego Maneiro sentenciaron o partido para os verdes e laranxas.


Malpica - Fisterra (5-3)

Xuvenís do Malpica -Foto- Luis E Porto
  • MALPICA: Jesús; Víctor Novo, Canario, Lexi, Diego, Kevin, Guille (Eme, min.46), Aitor (Fenosa, min.57), Martín Maradona (Almeida, min.46), Juny (David, min.75), Pitís.
Xuv Fisterra-Foto- Luis E POrto
  • FISTERRA: Ángel; Cartamil, Javi (Josema, min.64), Antonio, Rubén, Noe, Hidalgo, Pazos (Isky, min.46), Abel, (Adrián, min.68), Bruno, Josiño, (Manute, min.46).
  • Goles: 1-0, min.2: Juny de cabeza no segundo pao a centro de M. Maradona; 1-1, min.8: Pazos de penalti cometido sobre Bruno; 2-1, min.15: Juny á media volta tras un centro de Pitís; 2-2, min.25: Pazos de penalti sobre Bruno; 2-3, min.50: Bruno de tiro raso; 3-3, min.55: Eme a pase de Diego; 4-3, min.60: Almeida aproveita un balón morto; 5-3, min.85: Almeida a pase de Pitís.

Partidazo en Pedra Queimada entre dous equipos chamados a facer grandes cousas. Unha parte para cada equipo e ao final levou o choque o máis efectivo. I é que a dianteira malpicá leva avisando todo o ano da súa dinamita e este sábado o meta Ángel sufriuno nas súas propias carnes.

Comezou o partido co Fisterra moi metido no partido pero era Juny o que abría o marcador na primeira chegada dos malpicáns. Os de Nando, tomaban o balón e se dispuñan a xogar. Pronto empataban e daban a volta en dúas xogadas semellantes nas que Bruno forzaba dous penaltis que Pazos non desaproveitaba para anular o novo gol de Juny, que a cada achegamento asinaba un tanto.

Na segunda, o Fisterra saíu polo partido e Bruno roubaba un balón e colaba un chutazo completando unha gran actuación. Peroo gol espertou ao cadro de Tato, que se veu arriba con todo. Foi media hora moi boa do cadro local cos Eme, Ameida e Pitís facendo moitísimo dano á defensa fisterrá.


Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 2

O Grupo 1 da Liguilla da Copa parece que ten ao Muxía como candidato á unica praza que non se clasifica. O cadro muxián segue con problemas de efectivos e esta fin de semana sufría unha dura goleada ante o Camariñas. O cadro camarián sitúase líder con 4 puntos tralo empate na 1ª xornada ante o Muros no único partido xogado. Ademais, o Outes amosou ante o Muros o seu potencial. O Baio, o favorito deste grupo, superou o Laxe con relativa solvencia, nun partido no que o Laxe intentouno co empate pero non aguantou na segunda metade.

Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 2

No Grupo 2 o Coristanco ponse á cabeza nun cadro no que o Cee parece o favorito. Os de Rochiccioli superaban ao Corme nun partido de ida e volta, que puido gañar calquera pero na que os locais estiveron máis finos. Os de José Carlos superaban a un Soneira ao que lle vai costar aguantar.

Ademais, a Esteirana sorprendía a un Mazaricos nun partido marcado pola maña arbitraxe. I é que foi un encontro sen apenas patadas, pero que acabana con 4 expulsados pola mala dirección do colexiado. O cadro local sacou a vitoria cos goles de Pablo e Pesi a un Mazaricos algo tocado polas baixas.

Máis información


Crónicas de Xuvenís


Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios