Domingo de Futbol, e unha vez mais a nova App do futbol da Costa e www.futboldacosta.com en marcha dando os goles en tempo real durante todo o dia, xa a podedes descargar tanto para Android como para Iphone.
No dia de hoxe disputabanse o resto de partidos da xornada da fin de semana onde daba comezo ca categoria de Infantís e veteráns durante a mañá. Pola tarde teríamos o resto da xornada onde daremos comezo na Preferente na que o único equipo que fixo algo positivo dos tres que temos en competición foi o Dumbría, que sumaba un punto tras empatar 0-0 fronte o Residencial na que o dianteiro Adrian Beiroa volvia o Conco a enfrontarse a ex-compañeiros no XSC coma Doro,Jota ou Oscarín, bo partido dos Dumbrieses no que non foron capaces de traspasar a porteria rival, mentras o XSC se enfrontaba o Silva ca idea de volver a senda das vitorias e non mais lonxe da realidade xa que perdía na casa por un contundente 1-5,no que equipo visitante foi moi superior os Xalleiros . Por outro lado o Soneira tiña un desprazamento bastante longo para enfrontarse a un duro rival como o Ribadeo que mantense moi forte no alto da taboa, o partido desenvolveuse nun autentico barrizal e de poder ser un 1-3 posiblemente para o Soneira acabou sendo un 5-0 para o Ribadeo, un resultado moi doloroso para os Soneiráns. Na 1ª Autonomica o Baio cumpría os seus deberes e vencía por 2-1 o Flavia que se encontraba por debaixo na taboa a só 2 puntos de distancia e que agora xa ten un colchón sobre eles de 5 puntos, outro dos que xogaba na casa era a Esteirana que tiña un dificil encontro contra o Arzúa, o partido suspendiase no minuto 80 cando o Arzúa ia vencendo por 1-4, o motivo da suspensión foi a de un encaramento do adestrador local co arbitro despois de ser expulsado, mentras tanto o Ponteceso desplazabase a Puebla a intentar sacar algo positivo e ben que o fixo, xa que goleaba por 1-4 nun grandisimo partido dos Pontecesáns. O Malpica quería seguir ca súa racha de victorias e tiña coma rival o Unión, un encontro que se xogaría de tí a tí e na que o empate a 1 que se producía foi o mais xusto. En canto o Camariñas desprazabase para enfrontarse o Piloño e caía derrotado por 2-0 nun marcador enganoso xa que os Camariñans merecian algo mais.
Na 2ª Autonomica os dous de cabeza non queren perder comba e continuan a súa loita particular, tanto o Sofán que segue lider con un partido mais sobre o Sporting zas que vencía a un Buño que estaba en alza por 0-2, como o Sporting Zas que vencía o IDC por 1-3 nun partido moi trabado. Por outro lado ben pisando forte o Corme que vencía na casa por 2-0 o Porteño e supera o Outes na clasificación e metese 3º. Mentras tanto o Cee que se sitúa 5º tras vencer a un Mazaricos que non foi capaz de facerlle frente os ceenses. Outros que están na metade da taboa como o Castriz e o San Lorenzo enfrontabanse esta tarde nun partido de rivalidade e na que non pasaría do empate a 1. E un descoñecido Muros caía na casa fronte o Camelle e sitúase moi cerca dos postos de descenso.
En canto a 3ª Autonómica o duelo de gallitos entre o Baiñas e o Montelouro acababa en táboas, mentras o Sporting Seaia caía fronte o Muxía que ben dende atrás pisando con moita forza e situase 8º. O Lira desfaciase con autoridade do Corcoesto, mentras o Nantón goleaba o Laxe por 0-5 e o Coristanco caía na casa fronte o Cerqueda que segue sumando puntos e intentando escalar posicións na taboa clasificatoria.
Na Liga Galega Infantil o Dumbría caía con autoridade fronte o Racing de Ferrol por 8-0 e sitúase 11 na taboa clasificatoria. Mentras na Liga de Cadetes o Fisterra segue intratable pero seguido moi preto polo Zas. En Infantís o Cee segue sendo o lider indiscutible da competición pero moi seguido de Corme e Fisterra. Mentras en Alevins o Dumbria e o Fisterra seguen pegandose por esa primeira praza en Benxamins o Outes manda e manda con autoridade. En canto os veteranos o Laxe lider de 1ª perdía na casa fronte o San Román sendo así a sorpresa da xornada, mentras o Soneira vencia con contundencia e recorta distancias poñendose a 1 só punto do lider. Na 2ª División de Veteranos o Corcoesto vencía con un apredado marcador a o CD Poniente e segue lider da competición. Na Liga Intermunicipios de Bergantiños o Cances metíase lider da competición tras vencer o Valenza e o Baldaio que era o lider ata esta xornada non pudo pasar do empate fronte o A Piña.