![Soneira cadetes]()
Xornada atípica esta de mércores 12 de outubro. A festividade do Pilar aproveitouse para xogar unha xornada completa en 3ª Autonómica, xuvenís, cadetes e infantís.
Só o 
Ponteceso adiantaba o encontro ante o Sada da vindeira xornada na 1ª Autonómica, pero non traía nada de volta o cadro de Berto.
Importante xornada na
 3ª da Costa, con varios enfrontamentos directos. Primeira derrota da UD 
Cerqueda, que caía pola mínima ante o líder, o 
Outes, que segue amosando un gran estado de forma. Pero non se despista o 
Montelouro, que cun partido menos se mantén a 1 punto tras vencer ao filial soneirán. Os loureáns contan os 7 encontros xogados por vitorias.
 Cabana e Coristanco seguen 3º e 4º, tras vencer con comodidade a 
Laxe e 
Camelle. E noutro dos encontros importantes, o 
Porteño e o Alcaián empataban e manteñen intactas as súas posibilidades de manterse no grupo cabeceiro e aspirar a quedar polo menos entre os 6 primeiros.
Por abaixo, o enfrontamento directo entre dous dos pechacancelas, rematou coa vitoria local do 
Lira ante o 
Muxía, que deixa aos muxiáns afundidos cun Pereiriña que non levanta cabeza.
En 
xuvenís, na Liga Norte, Gr.4, gran sorpresa en 
Dumbría, onde o cadro dumbriés caía ante o 
Baio. Os de Nacho maniataron no medio campo aos locais, e ademais contaron cunha boa dose de sorte. Xa contra final, tras unha xogada con varias paredes, asinaban o gol da vitoria, que ben puido ser nivelado cun par de balóns que os locais mandaron á madeira nos últimos intres do choque.
Entrementres, o 
Malpica segue coma unha moto, e se apoveitou da inocencia do Muxía para endosarlle 10. Ademais, o 
Coristanco-Cabana foi moi vibrante, cunha primeira metade para os locais, e unha segunda para o Cabana, e puido gañar calquera; mentres que o 
Zas levou demasiado premio de 
Camariñas.
Reunión en Santiago
Sorpréndenos ler que 
este sábado hai unha reunión entre a Federación Galega de Fútbol e as asociacións de clubes de todo o país. Segundo informa 
futbolgalicia.com asistirán á devandita reunión acodirán as asociacións de Ferrol, Lugo, A Coruña e Santiago. Pero pola Costa da Morte non sabemos nada.
Ademais, a reunión vai tocar un tema que atinxe, e moito, aos clubes da bisbarra, e polo nas últimas datas ata se prantexan parar a competición: 
o recibo arbitral unificado.
Un apunte sobre os resultados reais e os válidos
Recibimos ademais, da man de Luís E. Porto, dende Malpica, un apuntamento sobre a 
importancia de que os delegados revisen as actas antes de deixar marchar ao colexiado. Non é a primeira vez que o resultado que está na acta non foi o verdadeiro, pero a efectos legais, e a efectos de posibles recontos a final de liga, son os que valen.
Dous exemplos teñen ocorrido estas últimas semanas: A pesar de que o resultado do Camariñas-Laxe de xuvenís da xornada 5 foi 6-0, na táboa clasificatoria xa tivemos que poñer 6-1 tal como recolle a acta. Igual ocorre co Cabana-Malpica xuvenil da fin de semana pasada, pese o que o resultado foi 2-5, a acta pon o 2-6 que, nós temos que recoller nas táboas de Resultados e Clasificacións.
E sen máis, imos xa cos resultados deste 12 de outubro de 2011.
1ª Autonómica, xornada 7
3ª Autonómica, xornada 8
| Indep. Carballo | 5-1 | Corcoesto |  | 
| Lira | 2-1 | Muxía |  | 
| Carnota | 4-1 | Atl. Pereiriña |  | 
| Camelle | 0-6 | Coristanco |  | 
| Fisterra B | 3-0 | Volantes |  | 
| Soneira B | 1-3 | Montelouro |  | 
| Cerqueda | 0-1 | Outes |  | 
| Alcaián | 1-1 | Porteño |  | 
| Laxe | 0-3 | Cabana |  | 
Liga Xuvenil Norte, xornada 7
| Laxe | 1-0 | Corme |  | 
| Camariñas | 2-4 | Zas |  | 
| Dumbría B | 0-1 | Baio |  | 
| Coristanco | 1-1 | Cabana |  | 
| Malpica | 10-0 | Muxía |  | 
2ª Cadete, xornada 5
| Dumbría | 6-1 | Coristanco |  | 
| Baio | 8-3 | Fisterra |  | 
| Soneira | 13-1 | Muxía |  | 
| Cabana | 9-3 | Malpica |  | 
| Muros | 2-0 | Zas |  | 
| Cee | 2-1 | Camariñas |  | 
| Porteño | 1-8 | Esteirana |  | 
| Santa Comba | 7-1 | Ponteceso |  | 
2ª Infantil, xornada 5
| Ponteceso | 1-12 | Fisterra |  | 
| Santa Comba | 7-1 | Esteirana |  | 
| Cee | 14-0 | As Baleas |  | 
| Outes | 3-3 | Coristanco |  | 
| Muxía | 2-4 | Con. de Carnota |  | 
| Baio | 1-8 | Corme |  | 
| Cabana | 14/10 - 18:00 | E.M.F. Vimianzo |  | 
Ligas de Veteranos
1ª División, xornada 1
| Baio | 3-1 | Vimianzo |  | 
| Zas | 08-01-2012 | San Román |  | 
2ª División, xornada 3
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
	- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora Fermín de Laxe.