Nova xornada completa de partidos do fútbol costeiro esta segunda de novembro. Xornada con moita intensidade e ducias de partidos intensos.
Comezamos o repaso pola Preferente, onde non foi unha xornada positiva para os nosos. Co Bergan máis líder tras vencer ao Lemos, o Dumbría acadaba un empatiño ante o Riveiro, e XSC e Soneira caían. O Soneira estreaba no banco a Manolito, director deportivo do equipo e que xa fora míster moitos anos, pero a estrea non foi a mellor.
A 10ª xornada da 1ª Autonómica non foi nada negativa para os nosos. Só o Camariñas non sumou, na primeira semana das 4 se propuxo Berto tras non lle ser aceptada a dimisión a semana pasada, quedando o cadro camariñán ao fío do descenso, con 9 puntos, só un máis que Amio, e 2 que Puebla e Ponteceso, que a pesar do empate non consegue saír do postos de pechacancelas. Na outra liga, na de arriba, están Malpica, Baio e Esteirana. Tres vitorias que os deixan moi ben colocados. O Malpica a 5 do líder e a 2 do ascenso, e Baio e Esteirana empatados con 18 puntos, a 1 dos malpicáns.
Na 2ª Autonómica, primeiro empate do Outes, e tivo que ser nun campo doutro favorito como o Castriz onde os de Manu Roque se deixasen os primeiros 2 puntos da temporada. Queda aínda con 5 de vantaxe sobre Sofán e 7 sobre Zas, que empataban en San Andrés sen goles nun dos que, a priori, eran os partidos da xornada. O Cee queda a 8 tras non pasar do empate na casa ante o Cabana, igua que o Corme en Muros. A sorpresa da xornada chegaba en Carballo, onde o IDC endosaba unha vitoria a un Fisterra que segue deixando pasar ocasións para recurtar.
Tras 3 xornadas quedan Baíñas e Montelouro no máis alto da 3ª Autonómica. E o fan con rotundidade. Parece que o Baíñas vaise entonando, e onte non tivo piedade dun Laxe que se confirma como a sorpresa negativa da temporada, sendo aínda o único equipo que non sumou. O Montelouro recibía ao colíder, o Coristanco, e a vitoria local deixa aos loureáns no máis alto e ao cadro coristanqués a 3 puntos, empatado co Lira e Seaia.
As Ligas Xuvenís seguen tremendamente vibrantes cando chegamos ao ecuador da competición. O Dumbría non cede no Gr.3 nin ante a potente Esteirana. Custoulle ao cadro de Lobelos e Leis pero se manteñen cuns números tremendos. Por detrás, o XSC tras empatar ante o Cee no choque máis igualado da xornada. Ademais, o Muros batía co Fisterra e ata se mete na loita con XSC, Esteirana, Outes e o propio cadro fisterrán pola Liguilla. No Gr.4Cabana e Malpica non fallaron, malia que tiveron que suar para acadar sendas vitorias en Camariñas e Laxe. Saca por tanto 2 puntos ao Corme, que vencía ao Muxía, e 6 ao Ponteceso, ao que lle tocaba descansar, e que terá que loitar por volver meterse na pelexa. Atentos a tropezos seguen Coristanco, que goleaba ao Porteño, e o Baio, que se desquitaba ante o Castriz.
O Dumbría da División de Honra Cadete vencía na casa e queda 6º, mentres que na Liga Galega Infantil o cadro dumbriés tamén vencía, e con goleaba, quedando nunha cómoda 12ª praza e aínda con opcións de meterse no grupo polo título e non no do descenso. O que si que terá que loitar por evitar o descenso é o XSC, que segue mellorando pero onte caía ante o Bergan pola mímina. Fermoso por certo o detalle dos cadetes do Cabana co seu compañeiro Darío que está a espera de ser chamado para operarse dunha importante lesión de xeonllo. O capi Bibi fíxolle entrega dunha camisola asinada por todos os xogadores. Unha 1ª Cadete que dominan Muxía e Muros. Ademais, en Infantís Cee e Corme seguen ao seu, con 9 vitorias en 9 partidos.
En Veteranos o Laxe queda líder tralo empate do Coristanco ante o Baio, quedando os primeiros 2º e os segundos 3º.