3ª Autonómica: Coristanco, Montelouro e Baíñas encabezan a táboa


Trío de cabeza con 6 puntos trala 2ª xornada da 3ª Autonómica. Só o Coristanco, o Montelouro e o Baíñas sumaron os 6 puntos. Pero por diferentes vías. Se o Coristanco xa superou a dous dos aspirantes, e este domingo con goleada, Montelouro e Baíñas tiraron algo da sorte para sumar a súa segunda vitoria.
Por abaixo, sorprende que sexa o Laxe o único que aínda non sumou, pero non está tendo a sorte de cara o equipo de Toni.
Laxe - Seaia (2-3)
- LAXE: Anxo, Aarón (López, min.46), Naya, Borja, Jacinto, Gora, Castro, Carrabete (Zurich, min.60), Saleta, Samueliño, Anxo (Adrián, min.60).
- SEAIA: Jesús, Sergio, Javi, Ramón, Martínez, Martuxa, Alberto, Parga, Juni (Chenco, min.70), Camilo, Richar (Medros, min.40) (Adra, min.65).
- Goles: 0-1, min.30: Camilo remata un centro de Juni nunha contra; 0-2, min.40: en propia tras un centro de Camilo; 1-2, min.60: Anxo; 1-3, min.65: Juni de novo se colou pola banda e marcou no man a man; 2-3, min.75: Samueliño cun zapatazo.
- Expulsión: o local Borja (min.75).
- Lesión: O visitante Medros.
Partido bonito, de ida e volta, con dous bos equipos, que levou un Seaia que se puxo por diante e soubo aguantar, e que parece que pode contar para estar arriba. Foi un primeira metade moi mala dos de Toni, ante un Seaia que ten moi claro o seu xogo, sen complicarse nada atrás, e buscando moi ben as bandas con diagonais aproveitando a rapidez de Camilo e Juni.
A primeira metade remataba cun 0-2 para os malpicáns. O Laxe, cos cambios, veuse arriba na segunda apretou espoleado polas bancadas. Conseguía recurtar pero de contado Juni ampliaba a renda.
Aínda ao final puido empatar o Laxe, con varias ocasións para Samueliño de cabeza, e Saleta cun bo tiro cruzado. Se cadra o empate podía ter sido máis xusto, pero os 3 puntos marcharon para Malpica.
Castrelo - Cerqueda (1-1)
- CASTRELO: David, Marcos, Mario, Luís, Rodri (Esteban, min.60), Pichón, Chapu (Gus, min.70), Gatusso (Edreira, min.60), Roi (Miguel, min.80), Pichel, Félix.
- CERQUEDA: Rubén, Manuel (Uru, min.46), Pailos, Javi Pazos, Pablo, Dani, Sergio, Bastón (Eliseo, min.46) (Juanjo, min.60), Xabi (Carlos, min.46), Lorenzo, Darío.
- Goles: 1-0, min.40: Gatusso de penalti; 1-1, min.50: Carlos de cabeza tras un córner.
- Lesión: Eliseo con rotura de fibras.
Partido intenso, bonito, sen demasiadas ocasións, que remataba cun empate xusto. O Castrelo doulle unha lección táctica ao Cerqueda nunha primeira metade de dominio local, cun Cerqueda que deixaba o balón para intentar saír á contra, coma nunha saída de Bastón que mandou desviada ou un rexeite de Lorenzo que foi alto.
Marcou ao fío do descanso o Castrelo, e na segunda, co gol en contra, o Cerqueda intentou irse arriba, pero non podía ante un gran Castrelo. O Cerqueda buscaba fútbol directo e tardou pouco en chegar o empate nunha xogada a balón parado.
Ao final puido caer para calquera lado. O Cerqueda pediu un penalti, e se Miguel e Félix tiveron boas ocasións para os locais que parou Rubén cos pés, Javi Pazos tivo un remate de cabeza fóra nun córner para os visitantes.
Baíñas - Muxía (1-0)

- MUXÍA: José Antonio, Carlos (Pataca, min.55), Currás, Pesqui, Denís, Pereira, Santi Papi (Juan Prado, min.61), Julián, Carliños (Pesqui, min.75), Adrián Melo (Iván, min.60) e David.
- Gol: 1-0, min.44: Mario de falta lateral por debaixo das pernas dun defensa.
- Expulsión: o muxián Denís e o local Capote no min.87 por un combate.
Partido moi igualado, cun Baíñas buscando balóns longos, con moita dinamita arriba, pero aínda sen un estilo; e un Muxía moi forte, que tivo algunha ocasión máis.
O gol chegou ao fío do descanso cun balón de Mario que se colaba entre as pernas dun defensa. Na segunda o Muxía foise arriba, e os últimos 20 minutos foron de asedio visitante, con ocasións de David nun man a man no primeiro tempo, e na segunda Pataca tivo dúas, e Carliños tivo unha moi boa. Pesqui e Currás tamén puideron empatar, e ademais os muxiáns pediron un penalti os muxiáns que o colexiado sacou fóra.

Corcoesto - Montelouro (1-2)

- CORCOESTO: Héctor (Patelo, min.46), Edelmiro, Pichu, Germán, Ángel (Miguel, min.70), Luís, Pablo, Gonzalo, Javi (Alberto, min.80), Cristian (Rodri, min.60), Martín.
- MONTELOURO: Isma, César, Abel, Pedro, Geico (José, min.85), Pablo (Bruno, min.82), Chema, Benjamín, Sani Sahorta, Pesco (Raúl, min.80), David (Ancho, min.55).
- Goles: 1-0, min.15: Gonzalo chuta, o balón pega no longueiro, rebota nun defensa e se cola; 1-1, min.35: Pesco; 1-2, min.50: Pesco.
- Lesión: o porteiro Héctor polo que Edelmiro tivo que situarse baixo paos.
Partido moi tenso, cun Corcoesto de Martín Lema máis a entonado, máis afeito ao campo, pero un Montelouro tremendamente eficaz. Saiu forte o equipo local, presionando arriba, e froito do dominio chegou o gol inicial.
Estirouse o equipo de Jurjo e conseguía empatar a Pesco, que aproveitou coma se fose ouro os dous regalos da defensa cabanesa para volver a marcar á volta do descanso.
Na segunda metade dominou o Corocesto pero o Louro estivo moi acertado nas contras. Ao final, puido ter chegado o empate pero Rodri fallou un penalti a falta de 4 minutos e os puntos marcharon para Louro, que hoxe contou ca sorte de cara.

Coristanco - Nantón (7-1)
- CORISTANCO: Fredy, Facal, Héctor (Juan,min.80), Rubén, Marcos (Añón, min.50, Mato, Luís, Iván (Scott, min.55), Pazos (Gonzalo, min.60), Toniño eTorreira.
- NANTÓN: Pollo, Eloy, David Lareu, Amado, Manu, Martín, Carlos Vidal, Fabio, Dani, Cachi, Luís.
- Goles: 1-0, min.3: Toniño; 2-0, min.7: Luís; 3-0, min.35: Pazos; 4-0, min.48: Toniño de penalti; 5-0, min.50: Torreira de tiro lonxano; 5-1, min.66: Carlos; 6-1, min.68: Toniño a pase de Luís; 7-1, min.87: Toniño.
Partido para esquecer do Nantón ant un Coristanco ao que lle saíu todo. En apenas 7 minutos os de Da Silva case que sentenciaran o partido. O míster conta xa con Toniño, e que hoxe fixo 4 e parece que pode chegar á loita plo pichichi tras un ano en branco por mor dunha grave lesión. O marcador rexistraba un claro 3-0 ao descanso, malia que o Nantón tivo un par de chegadas para engancharse no partido nos pés de Dani e Lareu.
O Coristanco era superior sobre todo en actitude, e en acerto cara gol, pois cada chegada subía ao marcador.
Ameixenda - Lira (0-2)

- AMEIXENDA: Óscar, Grille (José, min.46), Barrientos (Brais, min.75), Camacho (Bicho, min.46), Bruno (Mateo, min.46), Bichiño, Iván, Jesús (Demetrio, min.75), Borja, Chiru e Miro.

- LIRA: Andrés, Joserra, Adrián Porto, Javier de Milucha, Brea, Víctor, Fran Perico, Alexander, Oli, Cristian e Manu. Tamén xogaron: Iago, Michelón, Isma, Santi, David Senra.
- Goles: 0-1, min.2: Joserra tras un pase de Oli; 0-2, min.32: Fran Perico.
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
- 2ª Autonómica: O Outes segue facendo historia.
- 1ª Autonómica: Derbi respetuoso.
- Preferente: O Dumbría achégase ao XSC.
- Liga FS Carballo: Carnicería Eusebio e Cervecería A Troula comezan mandando.
- Resultados dos 70 partidos da fin de semana de Difuntos no Fútbol da Costa.
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora o SD Sofán, e o Unión Club Cee.
Vitoria do Lira no enorme campo de San Paio de Refoxos ante un Ameixenda ao que non lle saiu nada. Pola contra, foi un bo partido dos de Javier, que dominaron aos de Sieso, marcando na máis comezar e á media hora.
Non reaccionou o equipo local ata o descanso, e na segunda se lle fixo longo o campo aos lirachos, pero souberon aguantar a segunda metade, cun cadro local que levou o peso e tivo un par de disparos para recurtar, pero non estaban acertados.

O Album de cromos do #FutboldaCosta
