Domingo. 05.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Derbi respetuoso

1ª Autonómica: Derbi respetuoso

Novo derbi costeiro na 1ª Autonómica que se saldou cun empate bo para Baio e bo para o Ponteceso. Os de Félix seguen na zona alta, a só 3 puntos dos 2º clasificado, o Villestro, mentres que o Ponteceso segue de pechacancelas pero parece que a liña dos de Mato é positiva.

Chegou a primeira derrota do Malpica esta campaña, que deixa aos de Baña 4º con 16 puntos, a 2 dun Villestro que caía ante unha espectacular Esteirana, que alcanza ao Baio nos 15 puntos.

A marexada tamén chegou a Camariñas. Berto prantexaba a dimisión o venres trala derrota ante o Amio en casa, pero directiva e xogadores non o permitiron e deixan 4 semanas de marxe para analizar a melloría.

Baio - Ponteceso (0-0)

  • BAIO: Anxo, Jose, Fredi, Mario, Yago, Eloy, Norber, Fachal, Bieito, Christian, Alberto, Martin MC. Tamén xogaron: Manuel, Ramon, Costiña, Rubio, Canay.
  • PONTECESO: Illote; Javi Peón, Moscoso, Rubén, Dani Pallas, Alberto Recarey, Josito, Nando (Dani Cotelo, min.46), Martín, Dieguito (Miki Pose, min.60) e David Brenlla (Youssef, min.75).
  • Expulsión: o pontecesán Rubén (min.90).

Demasiado respecto no novo derbi costeiro entre un Baio que está facendo un temporadón e un Ponteceso que vai de menos a máis. "Seguimos en liña ascendente, mellorando en defensa, pero perdemos un novo home, Dani Pallas que se suma ás baixas porque atopou traballo", valora o propio Mato.

No primeiro tempo o Ponteceso esperou e o Baio tivo máis iniciativa, e máis dominio de balón, chegando un par de veces con verdadeiro perigo, sobre todo nunha de MC.

Na segunda metade o Ponteceso foise algo máis arriba, subiu a liña de presión e puido chegar á meta baiesa en varias ocasións. Pero non estaban acertados os puntas de uns nin de outros, nin sequera nos últimos intres cando chegaba a mellor ocasión do partido para o equipo local.

Cómpre destacar a boa entrada con máis de 200 siareiros e a excelente arbitraxe.

Camariñas - Amio (2-5)

  • CAMARIÑAS: Poyo, Conguito (Wii, min.70), Sergio (Saviola, min.80), Fabián, Sule, Moriño, Roi (Santi, min.70), David, Brais, Martín, Yuyo (David Toja, min.60).
  • Goles: 1-0, min.10; 1-1, min.30: Yuyo; 1-2, min.50; 2-2, min.70: Moriño; 2-3, min.80; 2-4, min.85; 2-5, min.90.

Regalou moitos goles o Camariñas, 4 dos 5 encaixados chegabn tras erros atrás dos de Berto, destacando os 2 primeiros que puxeron as cousas costa arriba para os camariñáns. E iso que conseguiron meterse no partido empatando ata en dúas ocasións, pero no treito final o equipo acabou sucumbindo.

O venres, tralo partido, Berto presentou a dimisión, pero non foi aceptada e os xogadores pediron que continúe, polo que quedan agora 4 semanas de marxe para ver a reacción do equipo conserveiro.

Agolada - Malpica (5-1)

Agolada-Malpica-Foto-Wash Calvo
  • MALPICA: Pombo, David Castro, Kevin (Tato, min.66), Alemán, Mario Casal, Eloy Vilas (Neucha, min.58), Fernando Varela, Juan oBello, Abel (Eloy Cabeza, min.69), Ismael, Óscar Suárez.
  • Goles: 0-1, min.30: Juan oBello tras un saque do porteiro peiteiado por Óscar Suárez; 1-1, min.50; 2-1, min.60; 3-1, min.65; 4-1, min.75; 5-1, min.80.

Partido moi raro o que disputou o Malpica en Agolada. Parece que ao Malpica non lle van os campos mais pequenos, e malia que parecía que encamiñaba ben o partido tras unha boa primeira metade, un comenzo fulgurante do equipo local na segunda mitade fixo todo para remontar e conseguir un marcador abultado.

I é que o Malpica dominou o primeiro tempo e se metía por diante con gol de Juan oBello. Pero saíu durmido o equipo malpicán no segundo tempo, e moi entonado o local, e en apenas 20 minutos xa marchaba 3-1 no marcador, endosándolle así a primeira derrota da campaña ao Malpica.

Agolada-Malpica-Foto-Wash Calvo

Villestro - Esteirana (0-1)

  • ESTEIRANA: Manu, Roi, Serrano, Dani, Suizo, Pablo, Andel, Álex, Josiño (Uru, min.40), Kike (Picholeiro, min.85) e Róber Pladur (Raúl, min.89).
  • Gol: 0-1, min.65: Róber Pladur ao desmarcarse ás costas da defensa e batir ao porteiro por baixo.

150 espectadores, case todos da Esteirana, se desplazaron ata o campo do Villestro, un aspirante ao ascenso, para ver ao cadro blaugrana. E volveron ben contentos, con 3 puntazos que 8º con 15 punos, só 3 menos que o propio Villestro que está na 2ª praza. Foi un auténtico partidazo da Esteirana, que controlou o peso, tivo as mellores ocasións.

Arrincaba o choque cuns primeiros minutos de dominio local que xogaba o balón na defensa sen inquedar a meta de Manu. Pasado o primeiro cuarto de hora, a Esteirana soltábase e saía á contra con moito perigo. Foron 3 as chegadas nestes 45 primeiros, unha delas moi clara onde Álex foi derribado por detras cando encaraba portería. Foi nos derradeiros intres da primeira parte cando se viu que os visitantes non se conformaban co empate e irían a polo partido, pois combinaban con perigo, tiraban a porta e acertaban nos pases ás costas da defensa.

Máis do mesmo no segundo tempo onde de Lodeiro se asentaban e chegaban continuamente con moito perigo. O dominio foise incrementando ata os 18 da segunda onde un gran Róber Pladur buscaba un balón diagonal que remachou a porta por baixo ante a saída do porteiro.

A continuación as rápidas xogadas a un toque dos esteiráns desarbolaban por completo ao Villestro que non encontraba a forma de chegar a porta. Foron ata 4 os mans a man que tódolos xogadores da parte de arriba tiveron pero sen acerto de cara a porta. Moi bo partido, sobre todo na segunda, do equipo de Esteiro que cando xoga ben ao fútbol, crea perigo e faise difícil de superar.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios