E primeira xornada ao completo no Fútbol da Costa esta da ponte dos Difuntos. Unha xornada que deixou 3 días de choques intensos, con ata 70 partidos en liza.
Xornada partida a da Preferente con partidos venres, sábado e domingo. 3 partidos disputaron os nosos o venres, con dúas vitorias e unha derrota. Derrota a do Soneira ante un Silva moi potente, que deixa aos de Felipe ao fío do descenso. E vitorias as do Bergan, líder destacado, e do Dumbría, que case alcanza ao XSC, trala súa derrota de hoxe ante o Sada.
A xornada na 1ª Autonómica viña marcada por un novo derbi. O Baio, tras caer a semana pasada ante o Malpica, recibía a un necesitado Ponteceso. O respecto foi total e o marcador non se moveu. Ademas, Camariñas o venres, e Malpica hoxe caían con rotundidade. Iso si, a Esteirana pechaba a xornada cunha boa vitoria a domicilio nada menos ante o Villestro.
E acabou, tarde, pero acabou a xornada 9 da 2ª Autonómica. I é que o Outes-Camelle durou media hora máis porque o choque estivo suspendido un bo rato co colexiado esperando pola Garda Civil. O Camelle rematou con 8 un partido que o Outes venceu pola mínima para seguir contando partidos por vitorias. Detrás, a 5 puntos, se mantén o Sofán, que vencía ao Mazaricos e ten 2 puntos máis que o Zas, que saca a cabeza como un auténtico candidato tras vencer nun dos partidos da xornada. O Fisterra protestou a actuación arbitral pero acabou vendo como se marchaban os puntos de Ara Solis. O Cee segue aí tras vencer ao Corcubión, e o Corme vai ascendendo tras vencer ao San Lorenzo. Mala xornada para o Castriz, que ademais de caer hoxe ante o Carnota. I é que a xornada comezaba ademais a golpe de venres, cos 10 minutos do choque suspendido da xornada 5 entre Corcubión e Castriz. Malia que Chinda tivo a súa para acadar o empate, o marcador non se moveu e supón a primeira vitoria para o cadro corcubionés, que serve de balón de osíxeno, a pesar de ter caído no derbi do sábado ante o Cee.
E completa a 2ª xornada na 3ª Autonómica, que deixa a 3 equipos con 6 puntos. O Coristanco é o líder trala súa bochornosa vitoria ante o Nantón. Con el están o Montelouro que vencía en Corcoesto e o Baíñas, que vencía pola mínima ao Muxía.
E primeira vitoria do Sp. Seaia na súa estrea. Os malpicáns venceron a un sorprendente Laxe, que queda de pechacancelas sendo o único equipo se aínda sumar un só punto.
Nos Xuvenís segue a cousa intensa trala disputa da 10 xornada. No Gr.3, o Dumbría non para e o venres volvía superar un novo obstáculo: o San Paio de Refoxos. O Cee foi un rival tremendamente digno pero sucumbiu pola mínima ante o líder. Por detrás xa está a Esteirana tras endosar 12 ao Mazaricos (aínda non sumou, xunto co Lira) e o XSC, que vencía en Fisterra e se confirma como alternativa. Ceenses e fisterráns xunto co Outes, quedan no segundo grupo.
Mentres, no Gr.4, hai máis igualdade, e volvía haber un cambio de líder. O Cabana vencía ao Corme e lle roubaba o liderato. Quedan os de Fernando líderes empatados co Malpica, con 2 puntos de vantaxe sobre o propio cadro cormelán e con 3 sobre o Ponteceso, que non pasaba do empate en Castriz, o que supuña o primeiro punto para os xalleiros.
Coñeceu o sabor da amarga derrota o Dumbría da División de Honra Cadete e tivo que ser en Vigo, ante o indiscutible líder da categoría, un Celta que suma 8 vitorias en 8 partidos.
Mentres, na Liga Galega Infantil, empate do Dumbría e derrota do XSC que deixa aos dumbrieses na zona media e aos xalleiros na baixa.
E disputouse, por fin, a primeira xornada da Liga Cadete. 5 partidos só en liza, pois ademais de ser só 13 equipos, o colexiado do XSC-Coristanco non se presentou e o partido se tivo que suspender. É o Muxía o primeiro líder tras endosar 7 a un Corcubión aínda en proceso de formación. Muros, Cabana, As Baleas e Cee, tamén sumaron os 3 primeiros puntos.
Seguimos o repaso polos Veteranos, nos que o Coristanco mantén o liderato tras mallar no Camariñas. Laxe e Baio non o deixan escapar, mentres por abaixo parece que o Dumbría espertou e xa suma dúas vitorias, quedando Camariñas e Nantón en postos de descenso.
E ademais, mentres esperamos que nos cheguen o calendario da Liga de FS de Cee, xa podedes ollar como foi a primeira semana na Liga FS Carballo con crónica e todo.
Queda o Baldaio só no liderato da Liga Intermunicipios, trala súa sufrida vitoria ante o Sp. Brea, e aproveitar que o Cereo descansaba. O Rus colócase 2º a só 1 punto.
S.D. O Val | 0-1 | C.F. Dumbría |
Silva S.D. | 2-0 | Soneira S.D. |
Bergantiños C.F. | 2-0 | C.D. Castro |
Xallas de Santa Comba CF | 0-2 | Sp. Sada |
Camariñas F.C. | 2-5 | Amio C.F. |
C.D. Baio | 0-0 | Ponteceso S.D. |
S.D. Agolada | 5-1 | S.C.D. Malpica |
S.D. Villestro | 0-1 | S.D. Esteirana |
U.D. Corcubión | 1-0* | S.D. Castriz |
S.D. Fisterra | 1-2 | Sp. Zas |
U.D. Corcubión | 0-1 | U.C. Cee |
Cabana S.D. | 3-1 | Indep. Carballo |
Corme C.F. | 3-1 | S.D. San Lorenzo |
Volantes F.C. | 1-3 | Porteño C.F. |
S.D. Sofán | 4-1 | Mazaricos C.F. |
U.D. Carnota | 2-1 | S.D. Castriz |
Outes C.F. | 1-0 | Camelle S.D. |
Buño S.D. | 0-0 | Muros S.D. |
- * Cchoque suspendido no min.80 entre Corcubión e Castriz da xornada 5.
S.D. Laxe | 2-3 | Sp. Seaia |
C.F. Castrelo | 1-1 | U.D. Cerqueda |
C.D. Baíñas | 1-0 | Muxía C.F. |
SDC Corcoesto | 1-2 | U.D. Montelouro |
S.D. Coristanco | 7-1 | C.D. Nantón |
S.D. Ameixenda | 0-2 | Lira C.F. |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 10
U.C. Cee | 0-1 | C.F. Dumbría |
S.D. Fisterra | 0-2 | Xallas StComba |
S.D. Esteirana | 12-0 | Mazaricos C.F. |
Outes C.F. | 7-0 | Soneira S.D. |
- Descansa Muros e Lira.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 10
Cabana S.D. | 2-1 | Corme C.F. |
Muxía C.F. | 4-3 | S.D. Laxe |
S.C.D. Malpica | 2-0 | S.D. Coristanco |
Porteño C.F. | 2-3 | C.D. Baio |
S.D. Castriz | 1-1 | Ponteceso S.D. |
R.C. Celta | 6-0 | C.F. Dumbría |
Galicia Caranza | 2-2 | C.F. Dumbría |
Milladoiro S.D. | 1-7 | Bergantiños C.F |
Xallas StComba | 1-4 | Bertamiráns F.C |
U.D. Corcubión | 0-7 | Muxía C.F. |
S.D. Fisterra | 1-3 | Cabana S.D. |
C.D. Baio | 2-3 | U.C. Cee |
As Baleas F.S. | 2-0 | S.D. Esteirana |
Muros S.D. | 4-2 | Outes C.F. |
Xallas StComba | Susp.* | S.D. Coristanco |
- * XSC-Coristanco susp. por incomparecencia do colexiado.
E.M.F. Vimianzo | 1-2 (x.8) | E.D. Os Miudos |
U.C. Cee | 2-0 | Muxía C.F. |
Outes C.F. | 1-0 | C.D. Baio |
E.D. Os Miudos | 6-1 | S.D. Sofán |
S.D. Fisterra | 4-1 | Cabana S.D. |
Ponteceso S.D. | 0-1 | Corme C.F. |
S.D. Esteirana | 0-9 | S.D. Coristanco |
Ligas de Veteranos, xornada 8
Xv. Bergantiños | 2-0 | Muros |
San Román | 0-0 | Ponteceso S.D. |
Soneira S.D. | 2-0 | C.D. Nantón |
Sp. Zas | 1-0 | S.D.San Lorenzo |
Cabana S.D. | 0-1 | C.D. Baio |
S.D. Coristanco | 9-0 | Camariñas Vet |
C.F. Dumbría | 1-0 | Bértoa |
S.D. Castriz | 1-3 | S.D. Laxe |
S.D.U. Vimianzo | 1-2 | Leiloio |
Camelle S.D. | 1-1 | C.D. Poniente |
S.D. Sofán | 3-1 | Dep. Carballo |
S.C.D. Malpica | Apraz.* | Buño S.D. |
At. Milagrosa | 1-2 | SDC Corcoesto |
Erbecedo | 3-0 | Agualada |
Porteño C.F. | 4-1 | Corme C.F. |
- Descansa Cerqueda.
- O Malpica-Buño xogarase o 29-12-2013.
Valenza | 7-1 | Laxe |
Cances | 5-1 | Peña Galicia |
Xornes | 3-4 | A Piña |
Rus | 6-2 | Sp. Seaia |
Baldaio | 2-1 | Sp. Brea |
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).