Domingo. 05.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Outes segue facendo historia

2ª Autonómica: O Outes segue facendo historia
Sofan-Mazaricos-Foto-SD Sofan Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

9 de 9 non é nada fácil. Teremos que analizar a hemeroteca pero dende logo nos últimos 5 anos ningúen equipo da Liga da Costa conseguía 9 vitorias en 9 partidos. Os da Serra vencía nun dos partidos máis "incómodos" da xornada a un bo e aguerrido Camelle, nun partido ateigado con dúas das afeccións máis comprometidas da Costa.

Por detrás segue o Sofán a 5 puntos, que superou con facilidade ao Mazaricos. O Zas é o meirande beneficiado da xornada tras vencer en Ara Solis no choque máis igualado da xornada, e ollo, que para a vindeira xornada, un Zas-Sofán por todo o alto.

O Cee e o Fisterra quedan preto, e o Corme parece que vai collendo o ritmo de competición e ameneza con pegar un gran salto. O que baixou é o Castriz, que sumou dúas derrotas esta fin de semana, a do partido aprazado na x.5 ante o Corcubión, emais en Lombáns, o que puido ser a sorpresa da xornada.

Por abaixo, o Corcubión sumaba o venres eses primeiros 3 puntos ante o Castriz, pero segue pechando a táboa. Importante, a vitoria do Cabana ante un rival directo, o IDC.

Fisterra - Zas (1-2)

  • FISTERRA: Joselu, Munitis, Piti (Hidalgo, min.68), Sergio, Dani (Naranjo, min.80), Bebeto (Mané, min.46), Santi, Guardiola, Tony (Insua, min.46), Bruno e Aitor.
  • ZAS: Rizos, Martín, Fabián, Óliver, Víctor, Canedo, Pablo Lestón (Dani Cad., 75), Damián (Amado, min.65), Samuel (Pastor, min.60), Lagoa, Isma (Andrés Cad., min.90).
  • Goles: 0-1, min.25: Pablo Lestón nunha falta escorada pola escuadra; 0-2, min.55: Pablo Lestón dende a frontal; 1-2, min.60: Aitor aproveita o rexeite tras un tiro dende fóra.
  • Expulsión: o delegado fisterrán ao acabar o partido.
  • Lesión: o fisterrán Tony.

O encontro foi moi disputado dende os primeiros minutos. Palpábase a tension nos dous bandos nun dos esperados choques entre dous candidatos a todo. Pero o partido foi moi trabado, con moitos paróns e mesmo con bronca.

Na primeira metade o Fisterra buscaba face dano a balón parado e buscando as segundas xogadas, ante un Zas que prantexaba o partido agazapado, defendendo no seu campo, e chegando á contra en varias ocasións. Damián tivo un remate a un córner e Pablo Lestón estreou titularidade con dous verdadeiros golazos.

Pero quedaba máis de media hora e o Fisterra é deses equipos que non dá nada por perdido e menos en Ara Solis. Empurrado polo público Aitor recurtaba e o equipo verde chegaba por todas partes. O Zas pedía a hora, e sacaba algunha contra como un tiro de Víctor ao longueiro ou un remate sen porteiro de Samuel a centro de Lagoa.

Non tivo sorte o Fisterra que o intentou ata o pitido final.

Corcubión - Cee (0-1)

Corcubion-Cee-Foto-Jorge Parri
  • CORCUBIÓN: Antonio, Marcos, Xabi (Balucho, min.41), Gabi, Senra, Sebas, Anxo (David, min.46), Edu, Tito(Antonio, min.83), Mario e Alberto.
  • CEE: Paulo, Nico, Jorgito, Berto, Dani (Aitor, min.8), Piquero, Josiño (Javi, min.87), Angeliño, Cristian (Rodri, min.67), Diego Cespón (Carlos Leis, min.67) e Penedo.
  • Goles: 0-1, min.77: Nico.
  • Expulsión: con doble tarxeta ao corcubionés Sebas (min.75).

Derbi de máximo respecto entre dous equipos chamados a cousas distintas esta campaña. Pero nestes partidos pode pasar de todo, e malia que o Cee dominou e puido sentenciar pronto, acabou pendido a hora ante o empuxe do equipo local, que viña de sumar os seus primeiros 3 puntos nos 10 minutos do partido que fóra suspendido ante o Castriz.

Comezaba o Corcubión avisando por medio de Mario, que intentaba sorprender a un dos corcubioneses no Cee (forman no Cee o meta xuvenil Paulo, o meta Cristian que está lesionado, e o dianteiro Penedo). Pouco a pouco o Cee foise entonando e dominou chegando con ocasións de Penedo, Cristian e Angeliño antes do descanso. Tito tamén tivo a súa para o Corcubión tras unha contra levada por Mario.

Na segunda o Cee deu un paso adiante que obrigou ao equipo de Senra a meterse atrás. Penedo e Cespón non podían batir a un bo Antonio ata que faltando 15 minutos Nico aproveita un balón peiteado para marcar dende a frontal. Puido sentenciar aí o Cee cun novo man a man de Penedo ou un pau de Rodri, pero nos intres finais puido tamén chegar o empate pero Edu dende o punto de penalti tira frouxo tras un saque de banda, fácil para Paulo.

Cabana - Indep. Carballo (3-1)

  • CABANA: Añón, Eloy, Iván de Treos, Charli, José, Fariña, Josiño, Sandro (Adán, min.75), Manolo de Cruceiro (Diego, min.46), Fernando (Eloy Pereira, min.46), Berti (Ismael, min.60).
  • IDC: Noe, Yoni, Manu, Atu, Dani, Carlos, Cholo, Mario, Juni, Gato e Esteban. Tamén xogaron: Adrián e David.
  • Goles: 1-0, min.25: Josiño; 1-1, min.40: Mario dende o medio campo que botou e lle colleu a contrapé ao meta cabanés; 2-1, min.60: José aproveita un rexeite nun córner; 3-1, min.85: Josiño tras aproveitar un erro arbitral que non viu que o balón saíra.
  • Expulsión: o cabanés José por doble cartón cando non recibira a primeira. O Cabana vai recurrir.

Fundamental vitoria do Cabana ante un rival directo como o IDC. Primeira metade con bos 20 minutos do cadro de Periscal, pero a partir do gol o partido se convertiu nun ida e volta que o Cabana só podía parar con faltas. Empatou o cadro carballés coa axuda do meta cabanés ao fío do descanso,

Na segunda, sobre todo a raíz do gol de José, o Cabana puido desplegar boas contras e defenderon moi ben o control visitante. Así, o equipo de Rafa protestou varias decisións arbitrais e a falta de iluminación nas Redondas.

Corme - San Lorenzo (3-1)

  • CORME: Javi, Dani, Jesús (Adolfo, min.65), Pandi, Miguel Torrado, Sergio, Juan Chans (Abel, min.85), Diego (Alejandro, min.55), Toniño, Lucas e Alejo (Manu, min.70).
  • SAN LORENZO: Puyol, David Álvarez, David Rey (Adrián, min.75), Casillero (Joaquín, min.65), Germán, Anxo, Chucho, Cachizo, Dani, Schuster e Velo. (Javi, min.55).
  • Goles: 0-1, min.18: Dani de cabeza tras unha xogada da balón parado; 1-1, min.23: Alejo define no man a man en posible fóra de xogo; 1-2, min.37: Lucas tira dende a banda e o balón envelénase e se cola polo primeiro pao abaixo; 1-3, min.90: Juan de penalti sobre Toniño.
  • Lesión: Casillero.

Segue mellorando o San Lorenzo pero non foi quen de manter a raia a un Corme que vai a máis. Na primeira metade estivo ben o cadro de Gueli, que fixo moito dano a balón parado, pero non puido marcar máis do gol inicial. O Corme tocou e tocou, pero non chegaron demasiado a área contraria. Así e todo Alejo empataba e Lucas metía por diante aos locais antes do descanso.

E se mantivo a incertidume no marcador ata o minuto 90, e calquera xogada a balón parado podía ter metido ao San Lorenzo no partido. O Corme seguía controlando o balón pero o equipo de Gueli tivo algunha para empatar. Tamén Juan tivo a sentenza pero Puyol salvou antes de que Juan transformase, co tempo cumplido, un penalti cometido sobre Toniño, que cumplía o seu segundo partido co cadro azulón.

Volantes - Porteño (1-3)

Volantes-Porteño-Foto-Porteño
  • VOLANTES: Iago, Yeray (Ivi, min.46), Mingos, Juan, Isma (Martín, min.46), Varo, Moja (Gabri, min.70), Miguel (Adrián, min.60), Pardelo, Edu e Piru.
  • PORTEÑO: Ali, Bonano, Pejo, Gabi, Maikol (Marcos, min.60), Iago, Doyle, Piti, Felipe, Brais (Óscar, min.50), Cousillas e Varela.
  • Goles: 0-1, min.43: Cousillas; 1-1, min.55: Ivi; 1-2, min.62: Varela a balón parado; 1-3, min.90: Varela.
  • Expulsións: os xogadores laranxas Piru e Ivi.

Vitoria traballada do Porteño ante un Volantes que tivo o partido na man pero o botou por terra por dúas "infantiladas". Mal primeira metade dos de Alex Romero, e o Porteño, aproveitou a balón parado facendo moito perigo ante un Volantes que sempre sofre neste aspecto. Foi Cousillas quen no treito final puña aos de Ángel por diante.

Na segunda Martín e Ivi entraron no Volantes e o equipo local comezou a mandar con 20 minutos moi bos. Empatou de penalti e cando mellor estaba o Volantes, Piru foi expulsado por unha "infantilada" e na seguinte xogada Varela facía o segundo a balón parado para o Porteño, deixando moi tocado a un Volantes que tiña o partido na man e o deixaba escapar.

A partir de aí, o cadro laranxa perdeu os papeis, e sufría unha nova expulsión, a de Ivi, e mesmo Gabri era perdoado.

Sofán - Mazaricos (4-1)

Sofan-Mazaricos-Foto-SD Sofan
  • SOFAN: Bugy, Javier Souto, Marcos Pensado, Pablo Martínez, Eloy Boedo, Jorge Calvete, Michel, Ivan Rojo, Santi (Bertin, min.60), Suso Docampo (Brais, min.75) e Raul.
  • MAZARICOS: David, Chico, Rodri, Estefano, Matias, Coxo, Ricardo, Pereiro, Molinos, Kevin e Daviciño.
  • Goles: 1-0, min.7: Raúl coa axuda dun defensa marca a centro de Santi; 2-0, min.17: Pablo Martínez aproveita un erro do meta David; 3-0, min.35: Iván Rojo anticípase; 4-0, min.75: Raúl de penalti sobre Iván Rojo; 4-1, min.80: Ricardo de falta directa.

Fácil vitoria para o Sofán ante un Mazaricos que marchou pronto do partido. O Mazaricos apenas inquedou na primeira cun par de tiros lonxanos, e en pouco máis de media hora o partido estaba encarrilado con dúas boxas ogadas de Raúl e Iván Rojo, e un erro do porteiro que non desaproveitaba Pablo Martínez.

O Mazaricos, a pesar do tanteo, non baixou os brazos e tentouno no segundo acto, aínda que sen moita profundidade, quizais acusando que o seu perigoso dianteiro Kevin aínda non está na sua mellor forma.

Sofan-Mazaricos-Foto-Sara Ramos

Carnota - Castriz (2-1)

  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro, Pedro Pichín, Manolo Chouza, Tono da Caixa, Pablo Beiro (Boni, min.57), Rodri (Fernando, min.10), Nakata, Pumuky, Miguel Poyo (Elías, min.91), Adrián (David, min.90).
  • CASTRIZ: Juan, Rubén (Sergio, min.65), Alberto, Agra, Alex, Fabio (Yordi, min.80), Chinda (Martín, min.75), Bruno, Ferrín (Pichín, min.70), Pose, Luís.
  • Goles: 1-0, min.60: Boni de cabeza; 2-0, min.75: Adrián rexeita ca cara un despexe da defensa e marca; 2-1, min.88: Pichín tras un erro do meta Luís.
  • Lesión: Rodri cunha escordadura de nocello.

Unha das, a priori, sorpresas da xornada, chegou en Lombáns. O Carnota soubo xogarlle a un Castriz que non xogou o Castriz ao nivel, coa intensidade, que ten que ter para ficar arriba. Dominou o equipo de Corredoira, tocando moito pero sen demasiada profundidade, cun Carnota agazapado intentando saír á contra.

Adrián dos Lombos, xunto con Nakata do melloriño do partido, tivo dúas ao comezo, e Miguel Poyo puido marcar tamén nunha doble acción. Pero foi Boni o que abría o marcador. Un Boni ao que non se lle recorda un gol por Carnota, e moito menos de cabeza.

Na segunda o partido seguía dominado polo equipo visitante, pero as ocasións só chegaron a base de empurre nos últimos minutos, nos que o Castriz puido empatar por medio de Luís ao pao e de Agra. Antes, Adrián marcara o segundo e Pichín recurtara tras un erro de Luís de la Peña, que a pesar disto fixo un bo partido, coma sempre.

O Castriz, a pesar da mala fin de semana, disfrutará este martes ca inauguración da nova Peña Deportivista de Castris no Bar Cataliño. A cita, o martes ás 21:00h coa visita de Juan Domíngues e Alex Bergatiños.

Outes - Camelle (1-0)

  • OUTES: Gato, Barral, Borja, Chúa, Arturo, Martín, David, Kin, Piki, Migui (Edu, min.65), Elías.
  • CAMELLE: Ángel, Matías, Baliña, Martín, Javi Rañal, Ángel Riveiro (Dido, min.75), Mario, Miguel Riveiro, Adrián Tajes, Sergio, Barreiro.
  • Gol: 1-0, min.35: Elías remata de volea un centro de Migui.
  • Expulsións: o local Elías (min.35) e os visitantes Riveiro e Barreiro (min.55), e Matías (min.80).
  • Lesión: Ángel Riveiro con problemas nas costas, e foi subsituído por Dido, que xa estaba lesionado.

Partido incómodo, moi incómodo, o xogado no Cunchido cunha espectacular entrada, chea de dúas das mellores afeccións do Fútbol da Costa. Un choque complicado para o colexiado malpicán, e o que para os locais foi unha "arbitraxe polo libro", para os visitantes foi un "escándalo".

Na primeira metade foi un partido moi igualado sen apenas ocasións. Gato tivo que salvar unha dos camelláns. Corría a media hora cando Elías marcaba un tanto, e ao festexar levaba a camiseta para a cabeza e o colexiado o expulsaba tras recibir o segundo cartón. Quedaba moito partido e na segunda o Camelle foise arriba. Pero aos 10 minutos o colexiado cortaba as protestas visitantes con dúas expulsións, e paralizando o partido uns 20 minutos para "relaxarse".

Aí rompeuse o partido. Con 9 o Camelle seguía intentándoo e Edu e Kin puideron sentenciar a contra. Pitou un penalti dubidoso o colexiado e Arturo fallouno enviando o esférico ao pau. Ao final, mesmo con 8, Adrián da Barca e Dido puideron empatar para un Camelle, que a vindeira xornada vai ter problemas para xuntar 11 xogadores.

Buño - Muros (0-0)

  • BUÑO: Brais, Casais, Alfredo, Iago, Rubén, Diego, Miguel Dourado, Dani, Fran Borrazás, Elías e Gurita.
  • MUROS: Fabio, Javi, Nieto, Teo, Eloy, Lisardo (Eloy, min.70), Gelo, Jesús (Yeray, min.75), Yanki (Ramón, min.65), Bibi e Sexo.

Partido igualado, cunha parte para cada un, en función do vento. Comezou o Muros mandando e na primeira e Yanki e Bibi puideron meter por diante aos de Manolo Camello. O equipo celeste buscaba os desmarques de Sexo, ante un Buño que non era quen de desfacerse do dominio territorial.

Na segunda cambiou o conto, e o Buño mandou e puido marcar, sobre todo nos últimos 20 minutos, ante o baixón físico dos visitantes. Pero non lle entran os goles ao cadro de Esmorís. Desta volta, Elías dous mans a man, Fran Borrazás mandou ao pau un remate nun córner, e Miguel rematou un balón franco ás mans do porteiro.

Empate xusto ao final visto o visto no campo de Xaviña.

Corcubión - Castriz (1-0)*

Castriz-Corcubion

Partido suspendido da xornada 5 no min.80 co 1-0 no marcador que se reanudaba este venres 1 de novembro no Novo Cubaleiro. Saíu o cadro xalleiro a polo empate, e apenas conseguiu inquedar a meta local nunha ocasión. Pero foi boa a oportunidade de Chinda dende a esquerda para empatar pero o seu tiro saíu demasiado cruzado e o pechacancelas puido sumar a súa primeira vitoria da tempada.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios