mércores. 30.04.2025
El tiempo

Liga Intermunicipios: O Baldaio afiánzase no máis alto

Liga Intermunicipios: O Baldaio afiánzase no máis alto
Imaxe do Brea-Cereo da semana pasada-Foto-David Castro A Liga Intermunicipios de Bergantiños está patrocinada polo Mesón de Carmiña

O Baldaio consolídase no liderato da liga de intermunicipios de Bergantiños tras a súa sufrida vitoria ante o Sporting Brea (2-1).
Foi unha primeira parte igualada e sin un claro dominador. Os dous conxuntos tiveron varias ocasións para acadar o ansiado gol pero os gardametas de ambos equipos evitárono, sendo os grandes protagonistas deste primeiro tempo. Á volta do tempo de lecer, o encontro foi igualado en canto a xogo, pero serían os visitantes os que terían as ocasión máis claras, pero o porteiro do Baldaio, Mac, evitou unha vez tras outra o gol visitante, sendo o mellor dos locais.
Teríamos que esperar ata o minuto 80 para ver o primeiro gol da tarde, sería Diego o encargado de facelo para poñer por diante ao Sporting Brea. Empataría o Baldaio a cinco para o final e confirmaría a remontada no tempo de desconto cun gol en propia meta nunha xogada desgraciada para os visitantes.
Vitoria in extremis, que supón unha inxección de moral para o equipo de Baldaio, que se afianza na cabeza da clasificación, mentras que os visitantes levaron un duro golpe antes do difícil partido deste domingo ante o Clube Deportivo Rus.

O equipo de Rus impúxose ao Sp. Seaia por un cómodo 6 a 2 nun partido fácil, como o que foi o que se disputou no campo do colexio do Sofán.
Cando se chegou ao descanso os de Rus xa vencían por un claro 5-0. O Sp. Seaia puido acortar distancias pero Andrés evitou o gol dos malpicáns en dúas ocasións.
Á volta do tempo de lecer, os locais baixarían o rítmo pero aínda así farían o sexto por medio de Corral. Finalmente, os de Seaia recortarían distancias no instantáneo ata o definitivo 6- 2. Martín Molk foi o gran protagonista do encontro con tres tantos.

O Laxe sufriu unha dolorosa derrota ante o Valenza (7-1) en terras coristanquesas. Aos cinco minutos xa se adiantarían os locais tras un erro da defensa do Laxe. A partir desto o Valenza foi coma un rodillo sobre os laxenses, e convertían as súas chegadas á área en goles, cun inspirado Enmanuel que fixo cinco dos sete tantos do seu equipo.

O Cances venciu por 5 a 1 ao Peña Galicia no campo do Vinculeiro. Os locais dominaron o encontro e foron superiores aos verdes, que se queixaron moito da actuación arbitral. Cabe destacar o gol que supuxo o 5 – 0, Álex Trigo de chilena supera ao porteiro do Peña Galicia ao rematar un gran centro de Omar co exterior do pé.

Xornes e A Piña deron un gran espectáculo para o público presente no Pinguel, cun encontro con moitos goles e emoción ata o final.
Tanto os pontecesáns coma os carballeses loitaron polo partido pero finalmente serían os visitantes os que se levaron os tres puntos tras o definitivo 3-4. Esta vitoria supón a segunda consecutiva para os piñáns e que corta a racha do Xornes de dous triunfos seguidos.

Goleadores

  • Iván García, do CF Cereo, con 11 tantos.
  • Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 8 goles.
  • Iván Pena, do Sporting Brea, con 7 tantos.

Máis información

Crónicas da Liga Intermunicipios

Novas relacionadas

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de David Castro para QPC Deportes (davidcastro@quepasanacosta.gal).
Comentarios