Nova semana de fútbol da Costa, con cousas boas e menos boas. O Soneira volvía á senda da vitoria tras 5 encontros de empates e queda con 41 puntos nunha cómoda 9ª posición.
Pola 1ª houbo de todo entre os nosos. A zona de arriba aprétase, e de que xeito. O Cee caía inesperadamente ante o penúltimo da táboa, pero mantén o liderato, iso si, empatado co Unión, 1 punto de vantaxe sobre o Olímpico e o Xallas (que vencía con claridade ao Perlío); 2 sobre o Sada e Imperátor; e 3 sobre o Dumbría, que se mete de cheo na loita polo ascenso tras vencer ao Unión nun duelo directo. Deste xeito, son tan só 3 puntos os que separan ao líder, Cee, e o 7º, o Dumbría.
A mala nova chegou da man do Zas, que non xuntou xente para presentarse en Lamela.
Na Liga da Costa, Ponteceso e Camariñas seguen ao seu. Os de Berto romperon a boa racha do Dumbría B e a base de xogadas a balón parado endosáronlle unha manita. Pola súa banda, o Camariñas sufriu algo máis da conta ante un Corme que non acaba de alonxar o perigo.
Por abaixo tamén caeu o Carnota ante o Muros, o Porteño ante a Esteirana, e O Pindo ante o Fisterra, polo que o o Carnota e o Porteño, terán que loitar co Pindo, o Corme e o Baio (que caía ante o Club do Mar) por esa 3ª praza e confiar en que o segundo da Liga da Costa acade o ascenso.
E na 3ª, xornada clave. A vitoria do Nantón ante o Cerqueda fai que a fenda entre os 3 de arriba e o 4º clasificado, agora o Coristanco, medre. O Mazaricos non perdoaba onte en Lira e mantense con 58 empatado co Nantón. A 3 puntos, pechando os postos de ascenso, segue o Corcubión tras meterlle 5 ao pechacancelas. O Coristanco vencía en Alcaián e sitúase con 49, a 6 do Corcubión. Con 48 queda o Cerqueda, que perdeu en Nantón, ao igual que o Cabana que caeu con claridade no Cunchido.
Por xuvenís, xa comezou a Copa da Costa Xuvenil 2011 e xa podedes ver as crónicas desta igualada Fase Previa.