Preferente: Alonxando a zona de perigo e dando minutos ás nova promesas


Vagariño continúa o Soneira alonxando pantasmas. Un puntiño máis o que sumou o equipo de Manolito, que o segue afastando da zona perigosa mantendo a distancia cos de abaixo.
E de paso, os xuvenís van collendo minutos na categoría. Esta semana, que xa remataron a Liga cun meritorio segundo posto, debutaban Mayor e Alberto, unha grande nova para a familia soneirá.
O Páramo - Soneira (1-1)
- Soneira: Pose, Darío, Javi, Pablo, Miguel, Mayor (Vía Rápida, min.85), Santi, Míchel, Kike (Mario, min.70), Víctor García (Fran de Urroa, min.80), Vituco (Alberto, min.85).
- Goles: 1-0, min.18; 1-1, min.46: Vituco.
Puido levar os 3 puntos o Soneira pero un puntiño sabe bastante ben nun campo que estaba completamente enlamado. Coezou marcando o equipo local, pero nada máis voltar dos vestiarios, Vituco facía o empate. Na segunda metade o cadro visitante tivo boas opcións para traer os 3 puntos, pero non houbo sorte e nin Santi, Vituco, Míchel nin Mario estiveron acertados cara gol. Si que estivo Miguel contra o final, pero o colexiado sinalou un fóra de xogo nunha xogada precedida dun córner, anulando o tanto ante as protestaas visitantes.
O mellor: o debut dos xuvenís Mayor e Alberto, demostrando que este Soneira ten canteira.
Máis información
Novas relacionadas
- Resultados do fútbol da Costa.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).