Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Xuvenil Norte: A Liga que venceu a pequena aldea gala de Corme

Xuvenil Norte: A Liga que venceu a pequena aldea gala de Corme

A consecución da Liga Xuvenil Norte por parte do Corme é toda unha demostración para o fútbol da Costa. Unha demostración de como se fan as cousas ben, e de como unha pequena aldea gala, feita con vimbios da casa, pode chegar ao máis alto..
Felicitamos encarecidamente á familia cormelá en nome de QPC e de boa parte do fútbol da Costa i é que sentimos, nos milleiros de chamadas que facemos aos representantes do noso fútbol, que o Corme é un equipo ben querido por todos.

O do sábado foi un "festón criminal", como nos conta o propio Suso da Torriña. Unha festa que xa comezou mesmo antes do partido cos bares cheos e as rúas engaladas de branquiazul. Tralo xantar medio millar de persoas invadiron o Cairo. Ao final, baixada dende o campo cos coches pitando, baño na fonte do porto, e se os xogadores foron para Ponteceso, o bar da Torriña tamén quedou cheo ata as 6:00h da mañá. "Só faltaba a orquestra", afirma Suso.

Os números do Corme

I é que o equipo o merece. Rematou a Liga invito: 20 partidos, 18 vitorias, 2 empates e o derrotas. Iso si, coma o sábado, cóstalle arrincar e dos 20 partidos empezou perdendo en 10.
Os goles do Corme teñen denominación de orixe. Dos 87 que marcou nos 20 partidos (fai unha media de máis de 4 tantos por partido) 37 tantos levan o selo de Alejo. Pero ollo cos Martín, Lucas, Darío, Pandi... este Corme baséase en moitos alicerces.

E sobre todo, xente da casa. Esa é o verdadeiro mérito deste clube. I é que este plantel de 18 xogadores son todos de Corme ou arredores, pero é que hai rapaces que levan xogando no clube dende alevín ou infantil de fútbol 7. Unha familia así non crece tódolos días.

Copa e sorpresa na Fase de Ascenso

Agora chega a Copa da Costa Xuvenil 2011, na que o Corme e o Dumbría volverán enfrontarse e rememorar a loita nesta liga. Ademais os dumbrieses mesturarán xogadores dos dous equipos, polo que se prevé que teñan un plantel moi serio.

E de seguido chegará a Fase de Ascenso, na que podemos destacar que o Corme prantéxase estes días a firme posibilidade de participar. O plantel e a vila enteira están desexosos de xogar a Fase e de medir as forzas desta camada con outros equipos punteiros do país como poden ser Imperátor, Orillamar, Dorneda, Comercial de Lugo...

E ante esta situación, ante unha vila volcada, Suso da Torriña, que leva todo o ano afirmando que, en principio, o clube non ía presentar o equipo para a fase de ascenso, só pode retirar o vaticinado, e afirmar que o Corme xogará a Fase de Ascenso. Con todo, o propio Suso da Torriña asegura que non é unha decisión definitiva, e segue entendendo a intención do Dumbría de meter un equipo en Liga Galega. Estaremos atentos nas vindeiras semanas a ver como transcorren as cousas. Polo de pronto aí quedades coa crónica do encontro.

Corme - Coristanco (4-1)

  • Corme: Javi, Joshua, Jesús (Chino), Pejo (Fran), Dani (Sergio), Pandi, Martín, Juanma (Mauro), Darío (Eloy), Lucas, Alejo. Tamén participaron na Liga Jorge Montáns e Antonio.
  • Coristanco: Rubén (Brais, min.60), Juan (Golpe, min.65), Pita, Martínez, Pichel, Sergio, Alejandro, Dani, Pose (Diego, min.75), Pazos, Gonzalo.
  • Goles: 0-1, min.15: Gonzalo; 1-1, min.20: Darío; 2-1, min.25: Alejo; 3-1, min.55: Lucas; 4-1, min.75: Alejo.

A festa estaba servida, e iso sen contar con que o Corme precisaba a vitoria. Máis de 500 persoas ateiaban o Cairo para homenaxear esta camada de futbolistas que vai dar moito que falar no fútbol da Costa. E todo dende a casa, a pequena aldea gala de Corme.

A diferencia entre os cadros azulón e branquiverde era clara, pero o equipo de Lorenzo aguantou a primeira metade. De feito se puxo por diante o Coristanco, pero só serviu para espertar ás bestias locais. Darío empatou 5 minutos despois e de contado Alejo puxo por diante aos seus abrindo o camiño da festa rachada. Festa que se extendeu ao centro da vila e ata altas horas da madrugada.

Camariñas - Malpica (3-1)

  • Camariñas: Álvaro; Bieito, Johan, David, Dyango, Ismael, Adrián Tajes, Martín, Moriño, Carlos, (Alberto, min.62), Juan Carlos.
  • Malpica: Víctor; Fenosa, Jorge, Javier, Pepis, Luísma, min.Maradona, Eme, Eloy, Camilo, Quintas.
  • Goles: 0-1, min.1: Camilo, de vaselina. 1-1, min.6: Dyango, de falta directa. 2-1, min.35: Juan Carlos, de cabeza a centro de Dyango. 3-1, min.68: Dyango, de falta directa.

23 xogadores (os 22 de inicio máis un suplente por bando local) dan conta de que os treitos final destas ligas son para esquencer. A picardía dos Dyango e Tajes foi fundamental para superar ao conxunto malpicán pouco implicado.

Muxía - Bergantiños (0-1)

  • Muxía: Cristian, Fran Bello, Antonio, Fran Sambad, Martín, Julián, Fabián, Pereira, Pesqui, Carliños, Sergio.
  • Bergantiños: Buguy (Gabriel, min.80), Styven (Jonathan, min.70), Adrián, Iván, Javi Varela, Jose, Michael (Cristian, min.85), Miguel Eliseo, Javi Castro (Martín, min.60), Omar.
  • Gol: 0-1, min.80: Omar.

Partido moi igualado por dous equipos que pelexaban pola cuarta plaza na clasificación. Na primeira metade, co vento a favor, dominou máis o Muxía ante un Bergantiños ben replegado que apenas pasou apuros e ainda dispuxo de alguna ocasión bastante clara por medio de Omar.

No segundo tempo aproveitou o Bergantiños o baixón físico dos locais e foise a polo partido descaradamente ata que Omar enganchou un zurdazo dende a frontal que se colou pola escadra de Cristian que nada puido facer. Aínda puido ampliar a renda o Bergantiños se Cristian definise ben ante o porteiro local nunha bonita xogada individual. E por parte local tamén dispuxeron de boas ocasións para empatar nos pes de Fran Sambad.

Ó final do campionato meritorio cuarto posto dos pupilos de Gueli cunha plantilla moi nova que promete grandes cousas no futuro.

Ponteceso - Cabana (2-4)

  • Ponteceso: Anxo (Xurxo, min.70), César, Jonhi, Ventura, Diego (Recarey, min.46), Fabián (Diego, min.80), Cotelo (Kevin, min.55), Puente, Baliña (Mendieta, min.70), Borja, Jorge
  • Cabana: Sergio, Oscar, Manuel, Alex Garcia, Amable, Alex Mato, Chucky, Diego, Ruben, Miki, Jose. Tamén xogaron Carliños, Paxel, Paco de Marcos, Nacho e Carlos Allo.
  • Goles: Carlos, un en propia meta, Paxel e Paco de Marcos por bando visitante. E Jorge e Borja por bando local.

Mantivo o tipo o Cabana na primeira metade, que foi moi igualada. Pero condiciounou o choque a lesión do cadete Diego, un dos que pode chegar a ser o Roberto Carlos da Costa. Marco tivo que recompoñer o equipo que se viu abaixo.

Zas - Baio (2-2)

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios