Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: Final tranquilo coa cabeza na Copa

Xuvenil Sur: Final tranquilo coa cabeza na Copa

Rematou a curta Liga Xuvenil Sur, que gañaba hai un par de semanas o Santa Comba. E os equipos xa pensan na Copa da Costa Xuvenil da que xa podedes ollar o Cadro. Na fase previa Outes e Corcubión (o sábado ás 18:30h no Cunchido) repetirán o choque desta fin de semana e o resto de encontro son da zona norte.

E lembren que esta Liga estápatrocinada pola Discoteca Zona Zero. A discoteca de moda do sur da Costa está que o rompe e este sábado sorteará 500€ en efectivo, facendo un sorteo cada hora de 100€ cada un. Ademais, Fisterras Mafia tamén estarán o venres 4 na Discoteca Zona Zero.

Cee - Soneira (1-3)

  • Soneira: Víctor, Vicente, César, Pichón, Cachi, Cristian, Dani, Marcos, Basti, Rubén (Figueroa, min.55), Efra (Héctor, min.70).
  • Cee: Sergio, José Ramón (Adrián, min.80), Iago, Aitor, José Antonio, Rubén, Isma Lamela (Andrés, min.65), Diego Cespón (Uri, min.60), Javi Corbelle, Chiru, Moncho.
  • Goles: 0-1, min.60: Figueroa; 1-1, min.65: Diego Cespón; 1-2, min.75: Dani; 1-3, min.80: Basti.

Partido con moitas baixas nos dous equipos. Pero foi un encontro moi disputado. A primeira parte foi moi igualada. O partido decidiuse coa entrada do cadete soneirán Figueroa e os cambios no cadro ceense, que o notou. O lateral dereito, Vicente, fallou un penalti para os de Vimianzo.

Santa Comba - Dumbría (9-2)

  • Santa Comba: Toñito (Recarey, min.46), Martín (Sergio, min.60), David Agra, Dani Martínez, Josito, Alex Tuñas, Marquiños (Anxo, min.55), Pinki, Roberto (Pablo, min.75), Cristian, Iván (Diego Maneiro, min.70).
  • Dumbría: Dito, Damián, Samuel, Denís, Rubén, Blanco, Martín, Rubén Fernández (Rafa, min.46), Israel, Coqui, Marco Docabo.
  • Goles: Marco e Rafa por parte dumbriesa. Por parte local Alex (2), Roberto (2), Iván, Cristian, David Agra, Anxo, Pablo.

Aguantou o equipo de Pablo Conde a primeira metade co 1-0 no marcador. Pero en 10 á volta do descanso o conxunto xalleiro xa marcou 4 tantos máis e sentenciou o choque. Xogaron todos os xogadores e ata Pablo, que leva toda a temporada de porteiro, meteu un gol.

O Santa Comba prepárase así para a Copa, na que se enfrontará ao Mazaricos, e pensa xa na Fase de Ascenso que comezará aló por maio.

Outes - Corcubión (3-6)

  • Outes: Yona, Oscar, Piti (Rubén, min.80), Alex, Juan, Alfonso, Beckham (Pesi, min.56), Sergio, Edu, Piqui e David.
  • Corcubión: Abe, Chema (Zaca), Sergio (Cristian), Pablo, Marcos, Gabi, David, Iván, Lema (Toni), Brais, Manu.
  • Goles: 0-1, min.10: Manu; 0-2, min.11: Iván; 0-3, min.24: Manu; 0-4, min.32: Sergio; 0-5, min.38: Brais; 0-6, min.60: Lema; 1-6, min.68: Edu; 2-6, min.69: Piqui; 3-6, min.86: Edu.

Partido fácil para o equipo de Alfonso que no minuto 38 xa ia gañando 0-5 ante un Outes moi baixo en defensa. I é que os de Manín e Alfonso, ao que lle mandamos unha forte aperta de dende aquí polo falecemento da súa nai, aproveitaron a gran deixadez e falta de concentración do equipo local.

Os goles chegaron de varias maneiras, de penalti, á contra e ate dunha falta sacada dende a liña de medio campo por Sergio coa axuda dun porteiro local que non foi capaz de atrapar o esférico. Na segunda trala charla no vestiario, os xogadores de Manu Roque reaccionaron, marcaron tres goles e puideron ser algún máis.

Agora ambos equipos enfrontaranse na Copa da Costa Xuvenil 2011 a esta mesma semana.

Muros - Mazaricos (6-3)

  • Muros: Iago, Pedro (Sant Fecho), Pelos, Bolo, Fernando, Álvaro (Minos), Jesús, Óskar, Gabriel (Iván), Berni (Adrián) e Geiko.
  • Mazaricos: Rubén (David, min.70), Alex, Sergiño (Mipadre, min.70), Javier (Carballo, min.80), Esteban, Alberto (José,min.80), Oreiro, Ferreiro (Mario, min.50), Kevin, Sandelo, Robiño.
  • Goles: 1-0: Geiko; 2-0: Jesús, 2-1, min.30: Kevin; 3-1: Oskar; 3-2, min.40: Sandelo de falta; 4-2, min.55: Pelos, 4-3, min.65: Sandelo; 5-3, min.75: Geiko; 6-0, min.80: Fernando.

Partido de ida e volta con moitas ocasións no que se notaba que ningún dos dous equipos se xogaba nada. Os ataques superaron en todo momento ás defensas e as alternativas foron contsantes. O Muros marcaba e o Mazaricos respondía. E non sentenciaron os de Bibi ata o último treito de partido.

Fisterra - Esteirana (3-1)

  • Fisterra: David, Roberto (Manuel, min,75), Miguel, Jorge, Juan, Lobelos (Juanfran, min.60), Tati, Cristian Hidalgo (Iski, min.75), Eloy (Fran, min.80), Bruno, Carlos (Chiqui, min.85).
  • Esteirana: Matías, Eloy, Abel, Rañoa, Meco, Javi, Bruno, David, Canario, Adrián, Pablo (Pexejo, min.60).
  • Goles: 1-0, min.20: Carlos; 2-0, min.30: Carlos; 2-1, min.55: Bruno; 3-1, min.60: Carlos.

Encontro dominado polo equipo fisterrán e que só perigou cando Bruno puña o 2-1 no marcador á volta do descanso. Afortundamente para os locais Carlos completaba de contado o seu hat trick e sentenciaba o choque.

Patrocina esta Liga

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios