Xoves. 02.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Cerqueda, Coristanco e Cabana achéganse ao Corcubión

3ª Autonómica: Cerqueda, Coristanco e Cabana achéganse ao Corcubión
A atención da xornada centrábase no encontro do Pino do Val entre dous dos líderes. O Mazaricos sacou 3 puntos fundamentais na loita polo título, e queda de líder empatado co Nantón. 3 puntos por detrás queda agora o Corcubión de Manín, que vía cortada a súa boa racha e ve como Cerqueda, Coristanco e Cabana se achegan con perigo.

Mazaricos - Corcubión (2-1)

  • MAZARICOS: Gómez, Casais, Marcos, Ramón, Oscar, Matías (Coxo, min.83), Martín (Chico, min.70), Brais, Estéfano (Tuco, min.77), José Angel (Aldo, min.68) e Kevin.
  • CORCUBIÓN: Cristian, Carlitos, Balucho (Pablo, min.63), Manuel Cartamil, Chisco, Santi (Javier, min.67), Estrella, Jose (Diego Lojo, min.60), Borja Munitis, Mario (Yoni, min.76) e Lourido.
  • Goles: 1-0, min.23: Kevin; 2-0, min.52: Óscar; 2-1, min.73: Mario, de penalti.
  • Expulsión: O visitante Manuel Cartamil (min.89) por dobre cartón amarelo.
Sen dúbida o partido da xornada e do que estaban ben pendentes Cerqueda e Cabana, pois por el pasaban as opción de seguir con vida na loita polo ascenso, agora son catro puntos os que separan ao Cerqueda do Corcubión, o cabana teno un pouco máis complicado pero segue a espera. No Pino do Val víronse dous equipos que concederon moi poucas ocasións de gol, moita intensidade e moita brega. Moita igualdade durante os 90 minutos, aínda que os locais tiveron máis a posesión do balón. Na primeira metade non houbo moitas ocasións, adiantáronse os locais por medio de Kevin que se aproveitou dun fallo no despexe de Manuel Cartamil, plantouse só ante Cristian, regateouno e marcou a porta valeira. Pouco despois os corcubioneses puideron empatar, pero en varios remates tras un barullo na área ningún dos xogadores de Manín foi quen de marcar. Ao pouco de saír do descanso, unha falta botada por Marcos dende case o medio campo, foi peiteada polo central Óscar e o balón entrou tras tocar no pau. Parecía que se mataba o choque. Os locais repregáronse e apenas pasaron apuros, ata o minuto 73, cando unha internada de Lourido acabou coa entrada de Marcos caendo este dentro da área, os locais protestaron moito a decisión arbitral, pois entendía que Marcos tocara antes o balón, pero co campo rápido como estaba, este varreu tamén ao dianteiro visitante. Marcos lanzou a pena máxima e balón entrou ben axustado polo pau dereito defendido por Gómez que apiques estivo de detelo. Tan só un minuto despois os de Manín puideron empatar, Lourido entrou por banda dereita e o seu lanzamento cruzado foi desviado a córner por Gómez cos pés. Vendo que o partido se lle podía complicar, Raúl Periscal sacou un home de ataque do campo dándolle entrada a Tuco para xogar con cinco atrás. O partido foi morrendo pouco a pouco e non houbo moito perigo máis nas áreas. Ao final o Corcubión acabou con 10 pola expulsión de Cartamil tras saltar cos codos e ver o segundo cartón amarelo.

Xaviña - Cerqueda (0-5)

  • XAVIÑA: Juan, Chiri (Adrián, min.60), Javi, Juan Antonio, Gallego, Chapu, Carlitos, Búa, David (Fran, min.70), Elvis (Sergio, min.46) e Dani.
  • CERQUEDA: Fredi, Róber, Dani (Che, min.80), Athu, Javi, Alberto, Lorenzo, Gabi (Josiño, min.46), Álex (Dani Añón, min.46), Dieguito (Uru, min.62) e You (Garrido, min.56)
  • Goles: 0-1, min.4: You; 0-2, min.12: Álex, de falta directa; 0-3, min.70: Álex; 0-4, min.82: Josiño; 0-5, min.84: Che.
  • Expulsión: Juan, do Xaviña, (min.85) con cartón vermello directo por protestas.
Cómoda vitoria do Cerqueda na tarde do sábado en Camariñas ante un rival que lanzou un tiro a porta durante os 90 minutos. O Cerqueda, trala derrota do Corcubión, acurta distancias na táboa situándose a 4 puntos e coa esperanza de poder recortalos nas seis xornadas que restan para finalizar a competición.

Independiente de Carballo - Lira (3-2)

  • INDEPENDIENTE: Noé, Manuel, Toni, Dani, Efrén, David, Rubén, Míchel (Upi, min.85), Panucci, Iván Lorenzo e Ivi.
  • LIRA: Romaní, Boni, Santi, Pelexo, Víctor, Iago, Pepiño, Germán, Ancho, Suso Patachín e Rico.
  • Goles: 0-1, min.30: Ancho; 1-1, min.40: Rubén; 1-2, min.50: Ancho; 2-2, min.71: Iván Lorenzo; 3-2, min.87: Iván Lorenzo.
Vibrante partido en Carballo onde non se veu un gran partido, pero si que houbo moitas ocasións de gol onde. O Lira dominou nos primeiros 45 minutos e conseguiu ir en vantaxa aos vestiarios. Tralo descanso os locais entonaronse e tiveron ocasións para empatar e darlle a volta ao marcador. Os dous equipos estaban moi xustos de efectivos e quen o acabou pagando máis foron os visitantes. Faltando 15 minutos lesionouse Yago e tiveron que acabar xogando con dez. Xa nos últimos minutos lesionouse tamén o meta Romaní e pese que non abandonou o campo, non puido estar en plenas condicións para evitar o gol da vitoria local. Uns minutos antes detívolle unha pena máxima ao míster carballés Míchel.

Cabana - Muros B (3-0)

  • CABANA: Toni, Rubén García, Marcos, Alfredo, Eloi, Sandro, Josiño, Rubén Rama, Darío (David Toja, min.75), Suso Docampo e Adán (Jacobo, min.50).
  • MUROS B: Dida, José María (Casco, min.60), Canote, Yeray, Paky, Mingos, Ramón, Pedro de Nieto, Pesco, Pardelo (Fastu, min.75) e Ivi (Piru, min.30)
  • Goles: 1-0, min.14: Suso Docampo; 2-0, min.75: Rubén García; 3-0, min.85: Alfredo.
Partido con pouca historia, o Cabana impúxose sen demasiados problemas a un Muros B que se veu abaixo a raíz do 1-0, logrado por Suso Docampo ao aproveitar un balón morto deixado por Dida. A segunda metade non tivo demasiada historia.

Corcoesto - Alcaián (1-1)

  • CORCOESTO: Siro, Manuel, Rivera, Germán, Edelmiro, Roi, Luís, Lista (Couto, min.70), Martín, Pichón (Toñito, min.60) e Miguel.
  • ALCAIÁN: Portillo, París, Iván Souto, Dani, Víctor, Pío, Luisito, Pistolas, Toñito (Javito, min.85), Daviciño (Fabio, min.55) e Pablo Framil.
  • Goles: 1-0, min.6: Pichón; 1-1, min.38: Iván Souto, de falta directa.
Encontro igualado e sen moitas ocasións de gol e un xusto reparto de puntos. Pichón adiantaba aos locais ao marcar no segundo pau co pé tras un balón peiteado por un compañeiro de cabeza. Antes do descanso Iván Souto cun perfecto lanzamento de falta igualaba o marcador e xa non se movería máis ata o final, malia que Dani tivo a vitoria para os visitantes na segunda metade.

Nantón - Atl. Pereiriña (2-1)

  • NANTÓN: Martín, David, Carlos Santos, Diego, Felix (Javi, min.38), Carlos Vidal (Pedro, min.75), Martín, Amado, Luís, Rubén e Manu.
  • ATL. PEREIRIÑA: Andrés, Simón (Serxio, min.75), Riki, Javi, Mario, Villar, Adán, Alex, Morcillo, Víctor e Álvaro (Grille, min.60)
  • Goles: 1-0, min.5: Luís; 2-0, min.16: Luís; 2-1, min.90: Víctor.
  • Expulsión: O local Martín (min.85) por dobre cartón amarelo.
Saíu forte o Nantón e no primeiro cuarto de hora xa puxo terra de por medio que o equipo visitante non foi quen de superar, pese a que o intentou e tivo as súas ocasións. Non pasou moitos apuros o Nantón defensivamente aínda que neste partido tampouco estivo moi activo ofensivamente ante un Pereiriña que lle plantou cara en todo momento. Tres puntos máis para os de Luís que xa pensan no importantísimo partido da semana que vén contra o Cerqueda.

Muxía - Outes (0-0)

  • MUXÍA: Angel Luís, Luís Romaní (Felipe, min.88), Josiño, Angel, Chori, Dani, Chans, Alberto, Oscar Canario, Papi e Peski.
  • OUTES: Moncho, Alvaro (Debé, min.46 (Fabio, min.60)), Primo, Chúa, Saúl, Arturo, Lass, Martín, Quin (Pitu, min.69), Pesco (Damian, min.69) e Marico.
  • Expulsión: O local Santi Papi (min.69) con cartón vermello directo por protestas.
Moitas baixas no equipo local e na dianteira visitante que tiveron as mellores ocasións, pero non as souberon materializar. Alberto puido marcar para os locais tras un regalo do meta Moncho, mentres que Damian lanzou ao longueiro no minuto 90. Destacar a reaparición do interminable Luís Romaní no bando muxián debida as numerosas baixas do equipo da Virxe da Barca.

Coristanco - Laxe (5-1)

  • CORISTANCO: Gonzalo, Luís, Óscar, Iván, Marcos (Germán, min.80), Gustavo, Fran Fariña (Arantón, min.46), Mallón, Benitez (Dani, min.65), Palermo (Pistolas, min.75) e Toniño.
  • LAXE: Diego, Aarón, Óscar, Jaja, López, Adán, Rubén, Antonio (Beizana, min.46), Dani, Mandi e Felipe (Carlos Fuentes, min.75).
  • Goles: 1-0, min.15: Gustavo; 2-0, min.30: Toniño; 2-1, min.35: Mandi; 3-1, min.41: Marcos; 4-1, min.48: Gustavo, de falta directa; 5-1, min.70: Toniño.
Superioridade absoluta do Coristanco que puido golear na primeira metade por medio de Toniño e Mallón. Gustavo abriu o marcador cun lanzamento dende 30 metros, logo Toniño rematou tras unha boa xogada colectiva. Mandi acurtou distancias, pero a piques do descanso, Marcos marcou de córner coa colaboración dun xogador visitante. Ao saír do descanso Gustavo marcou de falta directa e rompeu definitivamente o partido que cae en intensidade e ritmo. Toniño aumentaría a súa conta particular cun gol máis.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Martín Suárez.
  • Fotos do Muxía-Outes de Luis Alberto Sambad.

Comentarios