Xoves. 02.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: 10 xornadas para o final e 3 equipos con opcións de ascenso

1ª Autonómica: 10 xornadas para o final e 3 equipos con opcións de ascenso
Van 24 xornadas, faltan 10, e 3 equipos costeiros están entre os 7 candidatos aos ascenso. O Cee mantense líder malia o empate, na casa, ante o segundo por abaixo. O Xallas queda 5º a 4 puntos do liderato e a 1 punto do 3º, posto de ascenso, trala súa gran vitoria en Arteixo, onde demostrou o por que da súa clasificación. E o Dumbría ratifica o seu bo momento cunha vitoria in extremis en Vizoño, que os alonxa da parte alta e mete de cheo aos de Canosa na loita polo ascenso. Agora mesmo están 7º, a 6 puntos do líder e a 3 do ascenso.

Atl. Arteixo - Xallas (0-3)

  • Xallas: Cheli, Ismael (Alfredo, min.80), Iván, Javi, Álvaro, Brais (Ricardo, min.75), Rubén (Alberto, min.85), Jesús, Adrián Beiroa (Leo, min.80), Toni e Adrián Prol.
  • Goles: 0-1, min.46: Adrián Beiroa de tiro dende fóra; 0-2, min.70: Adrián Beiroa reamta en boca de gol un centro de Toni; 0-3, min.75: Álvaro á saída dun córner.
3 puntos de ouro os que trae o cadro de Iván Cancela e Santi Casal da Ponte dos Brozos. Na mañá do domingo os xalleiros demostraron por que se manteñen a tan só 4 puntos do liderato e levantou un encontro ante un dos conxuntos máis renovados. I é que comezaron mellor os locais, chegando en varias ocasións con claridade, pero sen acerto. Nada máis comezar o segundo tempo Adrián Beiroa abriu a lata cun tiro dende fóra da área. O cadro visitante aproveitou o desconcerto local para seguir creando perigo, e o propio killer dos verdes fixo o segundo tras un centro de Toni dende a esquerda. O Arteixo foise arriba e á contra matou o choque o Xallas. E da man de En Noticiero de Arteixo, deixámosvos co resumo do partido:

Untitled from EL NOTICIERO DE ARTEIXO on Vimeo.

Cee - Calo (2-2)

  • Cee: Mingos, Fiuza, Jacobo, Sergio, Dani, Angeliño, Penedo (Rivi min 52), Fernandito, Chapu (Fermín, min.87), Luigi (Diego Cespón, min.89) e Llanero (Tasky, min.52).
  • Goles 0-1 min.20;. 1-1, min.33: Angeliño a pase de Luilli; 2-1, min.85: Angeliño de chilena; 2-2, min.94.
  • Expulsión: Ruben Fiuza no min.89 e ao meta visitante hector unha vez rematado o choque.
Parecía o partido máis cómodo da xornada e non o foi. O Cee, aínda líder, non pasou do empate ante o Calo, segundo por abaixo, tras un encontro de tolos. Comezaba por debaixo no marcador ao 20 minutos, pero o Cee reaccionaba e Angeliño anulaba a vantaxe. Co empate a 1 transcorreu boa parte do partido. Pero o propio Angeliño, onte o mellor sobre o céspede do San Pedro de Refoxos, fixo un golazo de chilena que parecía a sentencia fancedo xustiza. Pero non se centrou a pechar o partido o cadro ceense e nunha xogada embarullada, xa con 4 minutos sobre os 90 regulamentarios, o Calo acadaba o emapte. Tivo tempo o xuvenil Diego Cespón para provocar un penalti que o colexiado non quixo ver.

Vizoño - Dumbría (0-1)

  • Dumbría: Juan Purrúa, Iván Pequeño (Piri, min.46), Isma (Pablo Serrano, min.46), Pablo Conde, Suso, Aarón, Marco do Cabo, Schuster (Toja, min.90), Iago, Eloy (Chula, min.80), Brais (Jesús, min.87).
  • Gol: 0-1, min.90: Jesús.
Vitorión importante do Dumbría que o sitúa a tan só 6 pountos do liderato e a 3 dos postos de ascenso, e alonxa ao equipo local da loita. Foi un encontro de brega, con predominancia do xogo físico. Os dumbrieses souberon adpatarse ás necesidades do partido e non lle perderon a cara en ningún momento. E iso que Juan Purrúa tivo que empregarse en varias ocasións para evitar o gol local. Foi o xuvenil Jesús, xa toda unha promesa dende o seu debut a pasada campaña, o que deu o gol da vitoria aos de Canosa co tempo cumplido.

Zas - Eume (1-3)

  • Zas: Luis, Adrian, Mancebo, Roman, José, Juan, Kevin (César, min.68), Kike, Javi Suarez, Luis Alvite, Pastor (Quintas, min.81).
  • Goles: 0-1, min.10; 0-2, min.40; 0-3, min.48; 1-3, min.65: Javi Suárez.
Segue mellorando a imaxe o novo equipo zaense, pero a sorte tampouco está do seu lado. Onte, un par de fatalidades deron ao traste con todo o esforzo. Un erro defensivo e ata un gol dende o porteiro visitante serviron para levar os 3 puntos de San Andrés. Javi Suárez marcou o tanto da honra para os de Alvite.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios