Xoves. 02.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Frenazo pontecesán no Carral

2ª Autonómica: Frenazo pontecesán no Carral
Frenazo pontecesán no Carral que deixa a Liga da Costa un pouco máis apretada. Puido ter empatado a puntos o Camariñas, que non vai dar a Liga por perdida ata o último segundo malia que o equipo de Manolín mire máis cara abaixo que cara arriba. E son 12 puntos os que separan ao Ponteceso do 3º clasificado, o propio Sofán, unha fenda difícil de superar pero que deixa aínda a loita aberta. A xornada por abaixo trouxo novidades. O Carnota vencía ao Club do Mar e volvía dar esperanzas aos seus. Os de Nito quedan 4 puntos por debaixo do Porteño (nunha situación delicada polo máis que seguro posto de arrastre do Zas, malia que a salvación do terceiro clasificado pola parte baixa podería darse co ascenso do segundo clasificado da Liga da Costa), 11 puntos de O Pindo Esteirana e Corme, e 12 de San Lorenzo e Baio, que aínda non se poden despistar.

Sofán - Ponteceso (3-1)

  • Sofán: Alex, Roberto Souto (Jacobo, min.46), Diego, Juanjo Arijón, Alberto Pensado, Mario Casal, Pizo, Adrian, David Pensado (Manolo Varela, min.80), Bertin (Gende, min.88) e Luisito.
  • Ponteceso: Norberto, David Velo, Dani Pallas, David Abelenda, Fabián, Pablo Vazquez, Bolon (Tucho, min.55), Toniño (Adrian Porteiro, min.69), Nando (Puente 55), Alfrediño (Pitu, min.55) e Charro.
  • Goles: 1-0, min.22: Bertín de penalti; 1-1, min.35: Charro a pase de Toniño; 2-1, min.40: Adrián tras pase de Pizo; 3-1, min.52: Bertín de fermosa vaselina.
  • Expulsión: Pablo Vázquez no min.55 e Diego por bando local no min.80.
Partidazo no Carral que permite que o líder non escape definitivamente no alto da táboa. Comezaba o partido ben tenso, cunha loita tremenda no medio campo, e cun xogo bastante duro. O Ponteceso fíxose co mando do medio campo, cun Pablo Vázquez seguro e cun Toniño que mantén un nivel nesta segunda volta impresionante. Se Álex sacaba as castañas do lume ante as accións de Alfrediño, o equipo local se adiantaba tras un inocente penalti de Luisito. Replegouse o equipo de Baña, buscando a contra. O Ponteceso forzaban faltas laterais moi perigosas pero os centrais sofanistas estiveron serios. Charro acadaba o empate pero Adrián volvía poñer ao cadro local por diante ras un bo pase de Pizo en profundidade. Comezaba a segunda metade e cando o empate estaba máis cerca, o Sofán tivo a sorte de cara. Bertín marcaba o terceiro e a expulsion de Pablo Vazquez decantou definitivamente o partido. Seguros atrás, os de Baña saían á contra pero non deixaban a Alex só en ningún momento. O Ponteceso tentouno con orgullo pero aínda cando as forzas se igualaron coa expulsion de Diego non foi quen de recurtar a distancia.

Muros - Camariñas (1-1)

  • Muros: Lupi, Gael, Iván, Teo (Dani, min.20), Mayu, David, Oscar (Miguel, min.60), Martín (Seluco, min.50), Toni (Gelo, min.80), Bibi, Sexo.
  • Camariñas: Pombo, Pesqui, Breo, Maikel, Ogando (Gabriel, min.75), Moriño, De la Sierra (Nico, min.75), Juan oBello, Brais, David (Adrián, min.70), Mané (Antelo, min.70).
  • Gol: 1-0, min.1: Toni; 1-1, min.88: Juan oBello de libre directo dende o borde da área.
  • Expulsión: Iván por doble cartón e a Sexo contra o final.
Empate entre Camariñas e Muros nun encontro tenso e igualado. Os de Felipe marcaron nada máis comezar collendo fríos aos visitantes. A partir de aí, foise metendo máis atrás o Muros que ademais sufrían dúas expulsións. O Camariñas tivo 20 minutos de bo xogo con ocasións para Juan oBello, Brais ou De la Sierra, pero a partir do minuto 20 o xogo acabou e só houbo guerra. As poucas ocasiónsx eradas chegaban a balón parado, e tivo que ser oBello de falta directa quen conseguira o empate. Ao final Seluco e Gael tiveron unha boa ocasión á contra, pero Pombo estivo fantástico. Manolín, pouco satisfeito co encontro, xa pon 4 adestramentos para esta semana.

Corme - Castriz (2-2)

  • Corme: Suso, Joshua (Darío, min.75), Pandi, Lelo, Adolfo, Abel, Alejandro. Lentejo, Alejo (Pipo, min.65), Lucas, e Iago (Chino, min.87).
  • Castriz: Diego, Martín (Martín Río, min.72), Sergio Pose (Bruno, min.44), Alejandro, Toniño, Alberto, Noli, Oscarín, Sebas (Rubén, min.80), Chinda (Ovidio, min.46), Cilindro.
  • Goles: 1-0, min.10: Lucas; 2-0, min.30: Alejo de penalti; 2-1, min.52: Ovidio; 2-2, min.66: Ovidio.
A resaca da festa trala consecución da Liga Xuvenil Sur fixo mella no cadro local. Saíu eufórico o conxunto cormelán e pronto os xuvenís Lucas e Alejo puñan por diante aos de Suso da Torriña. Pero a medida que pasaban os minutos os locais perdían forzas e o Castriz collía impulso. Foise facendo co encontro o equipo de Huelvis e dúas xogadas de Ovidio puñan o empate no ecuador da segunda metade.

Dumbría B - San Lorenzo (2-1)

  • Dumbría B: David, José Carreira, Sergio Cives, David Carreira, José Manuel, Fernando, Pablo Lestón (Ivanete, min.75), Tatán, Ramiro (Pablo Casais, min.46), Miguel Poyo, Pablo Muíño.
  • San Lorenzo: Recarey, Iván Rey, Adrián, Casillero (Canteiro min. 45), Puñal, Fabián, Javi (Jorge min. 70), Anxo (Eloy min. 78), Marcos Cancela, Fuentefría, Carliños.
  • Goles: 1-0, min.65: Fernando dende fóra da área; 1-1, min.89: Marcos Cancela de cabeza; 2-1, min.91: Pablo Muíño tras un barullo na área.
Comezou o partido dominando o Castriz, que non estivo fino nos últimos metros. Pouco a pouco foise sacando a presión o equipo de Ferrío. Na segunda estivo mellor o equipo local, e marcou Fernando tras 20 bos minutos de xogo. Os de Huelvis tiveron que subir liñas e apretaron, sobre todo, a balón parado. E cando todo marchaba cara a vitoria local, unha falta lateral acabou cun remate de Marcos Cancela a un minuto para o final que puña as táboas no marcador. O colexiado ía pitar pero un barullo na área visitante foi aproveitado polo máis listo, Pablo Muíño, que sumaba o seu gol número 17 e a 6ª vitoria en 7 encontros para os de Ferrío, que queda 5º con nada menos que 41 puntos.

Vimianzo - Malpica (0-3)

  • Vimianzo: Sergio; Susiño, Amarelle, Maikol, Iván de Treos, Martín (Maracas, min.70), Dieguito (Vilaseco, min.46), Pablo Pereira, Arán, Lagoa e Pose (Iván de Baiñas, min.46).
  • Malpica: Suso; Charly, Marcos Amado, Víctor, Marco, Eloy (Gonzalo, min.60), Neucha, Casais (Diego, min.70), David Blanco, Ismael e Miguel Dourado (Eme, min.70).
  • Goles: 0-1, min.20: David Blanco a centro de Charly; 0-2, min.25: Neucha de chutazo; 0-3, min.53: David Blanco, remata un medido centro de M. Dourado.
Deuno todo o equipo vimancés pero a sorte non está con eles. Arán tivo a primeira opción pero o ataque local foise diluindo. O Malpica foi tomando o mando do encontro e en 5 bos minutos no ecuador da primeira metade sentenciou. Seguiuno dando todo o cadro vimiancés pero a loita non foi suficiente para evitar a clara derrota.

Porteño - Fisterra (2-4)

  • Fisterra: Joselu, Juan (Ronerto, min.70), Piti, Luis, Roco, Guardiola, Nico, Roco, Roa (Tati, min.80), Dudo (Bruno, min.85), Manoliño (C. Hidalgo, min.85).
  • Porteño: Asier, Oscar, Pejo, Iago (Cousillas, min.80), Manu, Quilmes (Varela, min.60), Astu (Iago, min.60), Piti, Brais, Ismael, Martín.
  • Gol: 0-1, min.2: Manoliño aproveita un rexeite do porteiro a unha falta de Nico; 0-2, min.15: Manoliño; 0-3, min.50: Nico tras un pase de Manoliño; 1-3, min.65: Piti de penalti; 2-3, min.80: Varela tras un saque de banda; 2-4, min.80: Manoliño tras un tiro de Dudo.
Primeira parte controlada polos visitantes, que aproveitaron o desconcerto local inicial para poñerse por diante con claridade. O equipo de Nico e Roco ampliaba a renda á volta do descanso, cun gol do propio Nico que parecía a sentencia de choque. Pero aínda sacou de garra o equipo local e aproveitou o relax fisterrán para meterse de cheo no partido. A base de xogadas a balón parado e os temibles saques de banda de Manu Varela, os de Gerpe comezaron a facer dano. Puxéronse con 2-3 a falta de 20 minutos pero non foron quen de remontar. O que si marcou, por terceira volta, foi Manoliño, que volvía marcar dende había tempo.

O Pindo - Baio (2-2)

  • O Pindo: Diego Garrido, César, Juan de Dios, Piquero, Miguel de Lira (Ángel, min.90), Julián (Edu, min.60), Diego León (Mateo, min.72), Rivas, Fran de Cee (Víctor, min.72), Hugo (Poky, min.60), Aitor.
  • Baio: Poyo, Matías, Diego, Ramón, Pablo, Martín, Fachal, Jorge, Alberto, Bieito (Andrés, min.75), MC.
  • Goles: 1-0, min.5: Juan de Dios de falta; 2-0, min.10: Aitor; 1-2, min.40: Alberto tras unha saída de córner co axuda do meta local; 2-2, min.50: Miguel de Lira en propia meta tras un centro de MC.
Comezou mal o Baio e o equipo local mandaba ata o punto de poñerse en 10 minutos cun 2-0 claro. Pero pouco a pouco, os de Tono foron indo arriba sempre intentando tocar. Os locais replegaron filas e contaban cun partido tranquilo pero antes do descanso Alberto marcaba case que de córner directo. Na segunda metade o Baio saíu a por todas e aos 5 minutos xa conseguía o empate nunha xogada desafortunada para o bando local. Recuperouse o Pindo que intentou marcar ata o último minuto. Ao final tivo Rivas un man a man co meta visitante Poyo, que onte fixo un partidazo, e evitou a derrota baiesa.

Buño - Esteirana (1-0)

  • Buño: Brais, Óscar, Lolo, Jose, Ángel, Diego, Dourado,  Fernando (Emilio, min.46) , Juan (Jorge, min.60), Berti (Pardiñas, min.75), Víctor.
  • Esteirana: Venancio, José Varela, Fran Maceiras (Chispi, min.60), Dani Rama, Mingos, Simón (Andel, min.5), Adrián (Picholeiro, min.60), Pepe, Álex, Roberto Pladur, Adelino (Iago, min.20)
  • Gol: 1-0, min.70: Víctor.
Gran vitoria do Buño ante unha Esteirana que deixa aos de Pablo Mallón nunha cómoda 10ª posición con 31 puntos, 3 máis que os de Esteiro. Foi un encontro bronco, propio da zona baixa, con poucas chegadas e moito medio do campo. Os visitantes, que chegaban con moitas baixas, sufrían as lesións de Adelino e Simón no primeiro treito de encontro. Dúas boas ocasións tiveron no primeiro tempo Dourado, que mandou ao longueiro, e Víctor. E foi opropio Víctor o que decidiu o choque cunha boa volea. A Esteirana subiu filas e intentouno pero nin Roberto Pladur nin Andel esriveron acertados

Club do Mar - Carnota (1-2)

  • Club do Mar: Borja, Chori, Luis, Alberto, Isaac (Juan Lareo, min.70), Corral (Diego, min.75), Mariano, Repi, Fran Borrazás, Jacobo, Brais.
  • Carnota: Peipo, Nico Capi, Pedro, Adrián, Brea, Gabri (Demetrio, min.70), Miguel Beiro, Andrés Pato, Casti, Nico Alvarado, Óliver (Manolo Chouza, min.75)
  • Goles: 1-0, min.20: Brais; 1-1, min.35: Andrés Pato; 1-2, min.65: Nico Alvarado.
Dá sinais de vida o equipo de Nito ante un Club do Mar que se presenta como o segundo peor equipo no 2011, tralo Vimianzo. Os carnotáns saíron a por todo, pero o control foi levado polo equipo local. Brais adiantaba aos caioneses, certificando o seu dominio. Pouco a pouco o equipo carnotán foise desatando e a recente fichaxe Andrés Pato, o fillo do adestrador ceense, acadaba o empate antes do descanso. A segunda metade continuaba co mesmo guión. O Club do Mar tiña o control do xogo e o o Carnota buscaba as contras coa velocidade de Oli e Casti. Foi precisamente Casti quen levou un balón ata a liña de fondo e cedeu para que Nico Alvarado fixera o 1-2 aínda con 25 minutos por diante. De aí ao final tivo que sufrir o equipo carnotán para manter os 3 puntos, que lle dan ás para seguir soñando con manter a categoría. Agora o Carnota ten 17 puntos, por 21 do Porteño (aínda en descenso polo máis que seguro arrastre do Zas) e 28 da Esteirana, O Pindo e Corme.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios