Ao final puidéronse disputar máis partidos dos esperados nesta fin de semana acosada pola Cicloxénese explosiva "Gong". I é que durante a tremenda mañá sábado recibíamos ducias de chamadas pedindo teléfonos dos equipos contrarios para suspender partidos, unha vez que federación decidía non suspender a xornada, senón só os partidos dos equipos que o solicitasen. Ao final, durante o sábado se suspenderon ata 12 partidos nas categorías inferiores (4 partidos en Cadetes; 2 en infantís; 5 en xuvenís), completándose a fin de semana con 17 partidos aprazados.
E comezamos o repaso aos partidos que si se xogaron pola Preferente, onde a xornada no puido ser peor. E iso que era importante para que Dumbría e Xallas de Santa Comba se meteran ben arriba. Pero ambos caeron ante rivais directos. Os dumbrieses ante o Bertamiráns, que non desaproveitou o descanso do Grixoa para colocarse novo líder. Mentres, o XSC caía en Fontenla ante o Boiro, que queda 4 e 5 puntos por diante de dumbrieses e xalleiros respectivamente. Mentres, o Soneira caía co Lemos.
O partido da xornada tiña lugar na 1ª Autonómica, no Pinguel. Pero o empate final entre Ponteceso e Camariñas non soluciona os problemas de ningún. Ademais, o Fisterra sufría unha deshonroso ante un potente Estudiantil. A única boa nova chega da man do Malpica, que rompe unha malísima xeira de resultados con 8 xornadas sen coñecer a vitoria.
Na 2ª Autonómica, só se suspendía o derbi carballés entre Sofán e San Lorenzo polo mal estado do campo do Carral. Do resto, destacar a complicada vitoria desta Esteirana, que segue tirando de eficacia e seriedade para manter o liderato, e 6 puntos de vantaxe sobre Cee e Baio. Dous que non descansan, e superaban dúas duras probas en Carnota e Mazaricos. E iso que as bancadas do campo de Pedra do Ouro quedaban sen medio teito tralo paso do Gong durante o sábado. Por abaixo houbo varios partidos importantes que afunden máis a Dumbría B, Outes, Montelouro e Cabana, quedando agora o Mazaricos como equipo visagra entre un grupo de escapados e os de abaixo. Corcubión, Muros, Volantes e Castriz escapan tras vencer, respectivamente ao Outes (no min.94 e tras ir perdendo boa parte do partido), o Montelouro (que leva 11 xornadas sen sumar), ao Cabana, e ao Buño. O filial dumbriés non puido cun Corme que vai collendo ritmo e do que se agarda unha temible segunda volta.
En 3ª,suspendeuse o choque entre Alcaián e Camelle. O líder, o Porteño segue sen coñecer a derrota pero non pasaba do empate a ceros ante o Nantón. Por detrás, o Independiente tampouco era quen de superar a un Cerqueda que quere manter a súa posición de privilexio, mentres os do segundo grupo xa lle veñen enriba. Como o Soneira B, que vencía con solvencia e bo xogo ao Ameixenda. O Muxía mantén a 6ª praza e iso que descansaba, e o Laxe entra nunha loita que parece esquecer o Lira, que hoxe estreaba adestrador.
Comezaban as segundas fases nos Xuvenís, pero o facían a medias. 5 encontros de 9 eran aprazados, polo que pouco podemos dicir. Na Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega dous partidos e claras vitorias, se cadra demasiado claras. O Dumbría superaba 2-0 ao Ponteceso no choque dos campións. Mentres o Cabana sorprendía a un desaparecido Fisterra en Ara Solis. Na Copa, O Coristanco foi o único que sumou os 3 puntos ante a Esteirana xa que o Camariñas-Muros rematou a 0.
En Cadetes e Infantís, como dicimos, apenas se xogaron 6 partidos tralos 5 choques suspendidos en cadetes e 3 en infantís.
Preferente, xornada 21
Lemos
4-1
Soneira
Bertamiráns
2-0
Dumbría
Xallas de Santa Comba
1-3
Boiro
1ª Autonómica, xornada 19
Ponteceso S.D.
1-1
Camariñas F.C.
S.C.D. Malpica
3-2
SD Piloño
Ag. Estudiantil
6-0
S.D. Fisterra
2ª Autonómica, xornada 19
Montelouro
0-3
Muros S.D.
Mazaricos C.F.
0-2
C.D. Baio
Sp. Zas
0-1
S.D. Esteirana
Corme C.F.
4-1
Dumbría C.F. B
U.D. Carnota
0-2
U.C. Cee
S.D. Castriz
2-0
Buño S.D.
S.D. Sofán
Susp.
S.D.San Lorenzo
Volantes F.C.
3-2
Cabana S.D.
Outes C.F.
3-4
U.D. Corcubión
3ª Autonómica, xornada 19
Laxe
4-0
C.F. Castrelo
Soneira S.D. B
5-1
S.D. Ameixenda
Xaviña F.C.
5-3
Lira C.F.
S.D. Alcaián
Susp.
Camelle S.D.
S.D. Coristanco
1-1
C.D. Baíñas
U.D. Cerqueda
1-1
Indep. Carballo
Porteño C.F.
0-0
C.D. Nantón
Descansa Muxía.
SDC Corcoesto - S.D. Fisterra B (2-0) pola retirada do filial fisterrán.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 1