Ao final puidéronse disputar máis partidos dos esperados nesta fin de semana acosada pola Cicloxénese explosiva "Gong". I é que durante a tremenda mañá sábado recibíamos ducias de chamadas pedindo teléfonos dos equipos contrarios para suspender partidos, unha vez que federación decidía non suspender a xornada, senón só os partidos dos equipos que o solicitasen.
Ao final, durante o sábado se suspenderon ata 12 partidos nas categorías inferiores (4 partidos en Cadetes; 2 en infantís; 5 en xuvenís), completándose a fin de semana con 17 partidos aprazados.
E comezamos o repaso aos partidos que si se xogaron pola Preferente, onde a xornada no puido ser peor. E iso que era importante para que Dumbría e Xallas de Santa Comba se meteran ben arriba. Pero ambos caeron ante rivais directos. Os dumbrieses ante o Bertamiráns, que non desaproveitou o descanso do Grixoa para colocarse novo líder. Mentres, o XSC caía en Fontenla ante o Boiro, que queda 4 e 5 puntos por diante de dumbrieses e xalleiros respectivamente. Mentres, o Soneira caía co Lemos.
O partido da xornada tiña lugar na 1ª Autonómica, no Pinguel. Pero o empate final entre Ponteceso e Camariñas non soluciona os problemas de ningún. Ademais, o Fisterra sufría unha deshonroso ante un potente Estudiantil. A única boa nova chega da man do Malpica, que rompe unha malísima xeira de resultados con 8 xornadas sen coñecer a vitoria.
Na 2ª Autonómica, só se suspendía o derbi carballés entre Sofán e San Lorenzo polo mal estado do campo do Carral. Do resto, destacar a complicada vitoria desta Esteirana, que segue tirando de eficacia e seriedade para manter o liderato, e 6 puntos de vantaxe sobre Cee e Baio. Dous que non descansan, e superaban dúas duras probas en Carnota e Mazaricos. E iso que as bancadas do campo de Pedra do Ouro quedaban sen medio teito tralo paso do Gong durante o sábado.
Por abaixo houbo varios partidos importantes que afunden máis a Dumbría B, Outes, Montelouro e Cabana, quedando agora o Mazaricos como equipo visagra entre un grupo de escapados e os de abaixo. Corcubión, Muros, Volantes e Castriz escapan tras vencer, respectivamente ao Outes (no min.94 e tras ir perdendo boa parte do partido), o Montelouro (que leva 11 xornadas sen sumar), ao Cabana, e ao Buño. O filial dumbriés non puido cun Corme que vai collendo ritmo e do que se agarda unha temible segunda volta.
En 3ª, suspendeuse o choque entre Alcaián e Camelle. O líder, o Porteño segue sen coñecer a derrota pero non pasaba do empate a ceros ante o Nantón. Por detrás, o Independiente tampouco era quen de superar a un Cerqueda que quere manter a súa posición de privilexio, mentres os do segundo grupo xa lle veñen enriba. Como o Soneira B, que vencía con solvencia e bo xogo ao Ameixenda. O Muxía mantén a 6ª praza e iso que descansaba, e o Laxe entra nunha loita que parece esquecer o Lira, que hoxe estreaba adestrador.
Comezaban as segundas fases nos Xuvenís, pero o facían a medias. 5 encontros de 9 eran aprazados, polo que pouco podemos dicir. Na Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega dous partidos e claras vitorias, se cadra demasiado claras. O Dumbría superaba 2-0 ao Ponteceso no choque dos campións. Mentres o Cabana sorprendía a un desaparecido Fisterra en Ara Solis. Na Copa, O Coristanco foi o único que sumou os 3 puntos ante a Esteirana xa que o Camariñas-Muros rematou a 0.
En Cadetes e Infantís, como dicimos, apenas se xogaron 6 partidos tralos 5 choques suspendidos en cadetes e 3 en infantís.
Preferente, xornada 21
Lemos | 4-1 | Soneira |
Bertamiráns | 2-0 | Dumbría |
Xallas de Santa Comba | 1-3 | Boiro |
1ª Autonómica, xornada 19
Ponteceso S.D. | 1-1 | Camariñas F.C. |
S.C.D. Malpica | 3-2 | SD Piloño |
Ag. Estudiantil | 6-0 | S.D. Fisterra |
2ª Autonómica, xornada 19
Montelouro | 0-3 | Muros S.D. |
Mazaricos C.F. | 0-2 | C.D. Baio |
Sp. Zas | 0-1 | S.D. Esteirana |
Corme C.F. | 4-1 | Dumbría C.F. B |
U.D. Carnota | 0-2 | U.C. Cee |
S.D. Castriz | 2-0 | Buño S.D. |
S.D. Sofán | Susp. | S.D.San Lorenzo |
Volantes F.C. | 3-2 | Cabana S.D. |
Outes C.F. | 3-4 | U.D. Corcubión |
3ª Autonómica, xornada 19
Laxe | 4-0 | C.F. Castrelo |
Soneira S.D. B | 5-1 | S.D. Ameixenda |
Xaviña F.C. | 5-3 | Lira C.F. |
S.D. Alcaián | Susp. | Camelle S.D. |
S.D. Coristanco | 1-1 | C.D. Baíñas |
U.D. Cerqueda | 1-1 | Indep. Carballo |
Porteño C.F. | 0-0 | C.D. Nantón |
- Descansa Muxía.
- SDC Corcoesto - S.D. Fisterra B (2-0) pola retirada do filial fisterrán.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 1
Xallas Santa Comba | Susp. | Malpica |
Dumbría | 2-0 | Ponteceso |
Fisterra | 0-5 | Cabana |
Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 1
Muros | 0-0 | Camariñas |
Baio | Susp. | Outes |
Muxía | Susp. | Laxe |
Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 1
Mazaricos | Susp. | Soneira |
Coristanco | 3-1 | Esteirana |
Cee | Susp. | Corme |
Liga Galega Cadete, xornada 18
Bergantiños C.F. | 4-1 | C.D. Conxo B |
Xuventude Oroso | 0-0 | C.F. Dumbría |
Liga Galega Infantil, xornada 19
C.F. Dumbría | Susp. | Montañeros B.G. |
Bergantiños C.F. | Susp. | Galicia Caranza |
1ª Cadete, xornada 11
Xallas StComba | Susp. | Cabana |
Muxía | Susp. | Ponteceso |
Coristanco | Susp. | Baio |
Muros | 1-3 | Fisterra |
Cee | Susp. | Con. de Carnota |
Zas | 3-3 | Porteño |
Outes | Susp. | Esteirana |
1ª Infantil, xornada 15
Vimianzo | 1-5 | Corme |
Sofán | 1-0 | Os Miudos |
Cabana | Susp. | Coristanco |
Cee | Susp. | Baio |
Fisterra | 14-0 | Ponteceso |
Outes | Susp. | As Baleas |
Esteirana | 11-0 | Muxía |
- Descansa Xallas Santa Comba.
Ligas de Veteranos, xornada 18
1ª División
Soneira | 1-0 | San Román |
Ponteceso | 4-2 | Vimianzo |
Nantón | 0-1 | Camariñas |
Corcubión Vet. | 2-2 | Coristanco |
Castriz | 3-1 | Xv. Bergantiños |
Bergantiños | 1-3 | Zas |
Cabana | 5-3 | Baio |
Bértoa | 1-0 | San Lorenzo |
2ª División
Sofán | 2-2 | Corme |
Porteño | 1-1 | Camelle |
Corcoesto | 2-0 | Dep. Carballo |
U.D. Cerqueda | 2-3 | Buño |
Agualada | 2-2 | At. Milagrosa |
Malpica | 0-2 | Muros |
Poniente | 3-0 | Leiloio |
Máis información
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Artigos relacionados
Fonte