Xoves. 07.11.2024
El tiempo

Resultados e análise da xornada de Enterros da fútbol da Costa

Resultados e análise da xornada de Enterros da fútbol da Costa
Zas-Corcubion-Foto- Jorge Parri

Xornada completa do #futboldacosta esta do ecuador do mes de febreiro, no marco dun final Entroido cheo de Enterros.

E comezamos a análise da xornada na Preferente, na que descansaba o Dumbría e Xallas de Santa Comba e Soneira nos deparaban unha de cal e unha de area. Os de Corredoira necesitaban como auga de maio unha vitoria cómoda, e a conseguiron ante o Lemos, cos 3 tantos de Doro e un de Javi Suárez. O que non traía recompensa de Carral era o Soneira.

O partido da semana xogábase na 1ª Autonómica. E o Fisterra sacaba unha vitoria das que valen 7 puntos. Tocado queda o Ponteceso, con 23 puntos, un menos que o Camariñas, que conseguía un punto ante o Lamela na casa. E a cousa aprétase máis e máis por abaixo, unha vez que o pechacancelas, o Flavia, vencía ao 3º, o Riveira, e queda con 19 puntos. Por arriba, o Malpica empataba na Pobra e segue sumando.

Na 2ª Autonómica, a sorpresa da xornada era a derrota do Cee en Mazaricos, que deixa ao Baio só na 2ª praza, agora con 3 puntos de vantaxe. Os baieses mallaban no pechacancelas, e seguen a 3 puntos da Esteirana, que vencía en Agra da Filgueira e deixa aos loureáns moi tocados. I é que o Outes sacaba, por fin, unha vitoria cómoda, ante o Castriz, deixando esa 2ª praza de descenso directo a 5 puntos. O Mazaricos sumaba eses 3 puntos vitais, como os do Cabana en Sofán, noutra das relativas sorpresas da fin de semana, deixando ademais ao Sofán fóra da loita polo ascenso case que definitivamente. Quedan os carballeses empatados cun Zas que superaba ao Corcubión nos últimos instantes.

Na 3ª, o Camelle asalta o liderato. Os camelláns superaban a difícil proba de Arliña, de novo con 3 árbitros, e aproveitaron o descanso do Independiente e a derrota dun Porteño que leva un 2013 fatal. Os de Gerpe caían onte 1-0 en Laxe e quedan 3º a 6 do líder e a 3 do IDC. Por detrás está o Soneira B tras superar con convición ao Coristanco, mentres que o Cerqueda tropezaba na casa ante un Baíñas que se mantén na loita pola 6ª praza. Aí está agora o Ameixenda, tras vencer ao Xaviña, pero o Laxe, o Muxía, o Baíñas e o Lira non o porán nada fácil.

En Xuvenís a cousa está máis apretada que a pasada semana. O Cabana parece que se destaca tras afundir ao Ponteceso. Pero o Dumbría e o Fisterra sacan a cabeza. Os dumbrieses vencía a un Malpica que viña de parar ao XSC, mentres que o Fisterra sacaba un empate de Fontenla que o deixa con algunha remota posibilidade.
Na Copa, soprende a derrota do Baio en Camariñas, e a vitoria do Muxía en Muros, que deixa agora ao cadro muradán cun pé fóra dos Oitavos, se ben aínda queda media liga. No Gr. 2, o Coristanco segue imbatido, o Soneira parece que resucitaba a semana pasada e esta sumaba un empate ante o líder, quedando agora o Mazaricos, que caía co Cee, na última praza.

En Liga Galega Cadete, boa xornada para os nosos. O Dumbría sacaba un 1-6 ante o Sp. Coruñés, con 2 goles de Marcote, 2 de Pablo Pardiñas e outros 2 de Juan de Dora, que o mantén 3º con 3 puntos sobre o Ural. O Bergan vencía 2-1 ao Lugo e se mantén 8, a 1 só punto da promoción.
Nos infantís, o Dumbría vencía na loita por evitar o descenso, pero o Bergan non podía no playoff polo título.

E importante a xornada nos Veteranos, pois do trío de cabeza só o Soneira conseguiu a vitoria, mentres que o Castriz non pasaba do empate ante o San Lorenzo e o Cabana caía co sempre perigoso San Román.
Ademais, en 2ª División, co Muros destacadísimo, o Laxe colle a 2ª praza tras vencer ao Corme e aproveitar a derroa do Corcoesto en Cerqueda.

Preferente, xornada 25

Lemos 0-4 Xallas StComba
Carral 3-1 Soneira
  • Descansa Dumbría.

1ª Autonómica, xornada 23

Camariñas 2-2 Lamela
Puebla 2-2 Malpica
Ponteceso 0-1 Fisterra

2ª Autonómica, xornada 23

Montelouro 0-3 Esteirana
Muros 5-1 San Lorenzo
Mazaricos 2-1 Cee
Zas 2-1 Corcubión
Corme 4-0 Buño
Carnota 0-2 Volantes
Baio 8-0Dumbría B
Sofán 0-1 Cabana
Outes5-0 Castriz

3ª Autonómica, xornada 23

Laxe 1-0 Porteño
Xaviña 1-3 Ameixenda
Muxía 1-2 Camelle
Corcoesto 2-1 Castrelo
Alcaián 1-1 Nantón
Coristanco 1-4 Soneira B
Cerqueda 0-1 Baíñas
  • Descansa Indep. Carballo.
  • O Lira suma os 3 puntos do partido co Fisterra B (0-2).

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5

Malpica 1-2 Dumbría
Ponteceso 2-3 Cabana
Xallas StComba 2-2 Fisterra

Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 5

Camariñas 3-2 Baio
Outes 4-0 Laxe
Muros 2-3 Muxía

Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 5

Corme 4-2 Esteirana
Soneira 1-1 Coristanco
Mazaricos 1-3 Cee

Liga Galega Cadete, xornada 22

Bergantiños 2-1 Lugo B
Sp. Coruñés 1-6 Dumbría

Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 2

Pabellón 3-0Bergantiños

Liga Galega Infantil, Playoff de Descenso, Norte B, xornada 2

Dumbría 2-0 Lalín

1ª Cadete, xornada 15

Outes 1-7 Cee
Esteirana 5-0 Coristanco
Con. de Carnota 2-1 StComba
Baio 0-8 Ponteceso
Zas 2-2 Muros
Fisterra 2-0Cabana
Porteño 0-3 Muxía

1ª Infantil, xornada 19

Os Miudos 2-3Cabana
Cee 2-0 Vimianzo
Baio 7-1 Outes
Corme 6-6 Fisterra
Muxía 3-0 Ponteceso
As Baleas 3-5 Coristanco
Xallas StComba 4-4 Esteirana
  • Descansa Sofán.

Ligas de Veteranos, xornada 22

1ª División

Castriz 1-1 San Lorenzo
Soneira 4-0 Vimianzo
Bergantiños 5-3 Camariñas
Ponteceso 4-3 Nantón
Coristanco 4-1 Bértoa
Corcubión Vet. 5-0 Baio
Xv. Bergantiños 1-3 Zas
Cabana 1-3 San Román

2ª División

Muros 2-1 Leiloio
Cerqueda 2-1 Corcoesto
Agualada 1-1 Porteño
Malpica 1-1 Dep. Carballo
Laxe 5-0 Corme
Sofán 0-1 Camelle
Poniente 4-3 At. Milagrosa

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios