Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Malpica frea ao Santa Comba

Xuvenís: O Malpica frea ao Santa Comba
XSC-Malpica juvenil-Foto- Jorge Parri

Varios partidos disputábanse esta semana nas Ligas Xuvenís trala habitual e tensa xornada sabatina. Encontros aprazados a fin de semana do temporal Gong, e que deixan agora a cousa moito máis igualada.

Comezamos pola Copa, onde onte, o Soneira daba unha relativa sorpresa en Mazaricos e vencía por 1-3 e apreta as cousas por abaixo. Lembremos que estas insulsas liguillas de Copa farán que só un equipo, de 6, quede fóra dos oitavos. Agora mesmo, no Gr.2, Mazaricos e Soneira quedan con só 3 puntos, por detrás de Esteirana, Cee e Corme, trala gran sorpresa do martes de entroido con esa vitoria pola mínima do Corme no Cairo co gol de Brais.

O Soneira celebrando un tanto en Mazaricos-Foto- Jorge Parri Mazaricos-Soneira Xuv-Foto-Jorge Parri

No Grupo 1, segue faltando a disputa do Muxía-Laxe da 1ª xornada, que determinará as posibilidades do cadro muxián de superar a un tocado Muros.

Pero a Liguilla Previa da Fase de Ascenso á Liga Galega ponse máis vistosa que nunca. Tiña o Xallas de Santa Comba a posibilidade de case que sentenciar o seu pase, deixando ademais practicamente fóra ao Malpica. Pero as tornas cambiaron, e o Malpica métese de cheo na loita. Ademais, o partido deixa tocado aos de Rafa, pois perden a Marquiños para 2 ou 3 semanas por unha rotura fibrilar.

Quedan agora os xalleiros empatados co Cabana con 9 puntos, só 2 máis que o Malpica. Por detrás, o Dumbría e o Fisterra con 4 puntos aínda teñen opcións, pero o que parece xa demasiado lonxe é o Ponteceso, que partía como campión pero que esta liguilla lle chegaba no peor momento.

Xallas de Santa Comba - Malpica (2-3)

XSC xuvenil en Fontenla-Foto- Jorge Parri
  • XSC: Couto; Cristian, Miguel, Fabián (Tefi, min.50), Josito (Cristian Torres min.65), Dani Martínez, Marquiños (Alberto, min.70), Maneiro, Styven, Iván Pastoriza, Landeira (Sergio, min.65).
Malpica xuvenil en Fontela-Foto- Jorge Parri
  • MALPICA: Jesús; Víctor Novo, Canario, Lexi, Eme (Aitor, min.80), Kevin, Guille (Joro, min.65), Diego, Martín Maradona (Alberto, min.90), Juny (Almeida, min.50), Pitís.
  • Goles: 1-0, min.1: Iván Pastoriza tras unha espectacular xogada de Marquiños; 1-1, min.2: Eme de falta dende 35 metros; 1-2, min.20: Juny tras unha boa xogada por banda de Pitís; 2-2, min.38: Landeira de cabeza tras un córner de Fabián; 2-3, min.42: Pitís remata un centro raso de M. Maradona.
  • Lesión: o local Marquiños coon rotura de fibras.
  • Expulsión: o local Dani Martínez no min.80.
Os Capitáns do Malpica, Juny, e do XSC, Styven, co colexiado-Foto- JorgeParri

Fermoso partido, e clave, en Fontenla o xogado por dous equipos moi semellantes. Dous equipos moi ben armados dende atrás, con dúas serias defensas, e que arriba teñen auténtica dinamita. Chegaban os xalleiros moito máis quentes, con Marquiños, Landeira e Pastoriza marcando nas últimas xornadas, mentres que aos Juny, Pitís ou M. Maradona facíalles falta un partido coma o de onte.

Comezaba o partido tolo, pois nada máis sacar de centro, Marquiños roubaba un balón, marchaba de medio equipo e do porteiro e cedía para que Iván Pastoriza abrise o marcador. Caras longas no cadro de Tato, que soubo reaccionar e na seguinte xogada tivo a sorte de que o zapatazo de Eme dende 25 metros se colase na meta de Couto.

Mantivo ben a liña segura o Malpica buscando saír á contra e deixando o balón nos pés dos locais. Marquiños volta avisar pero o Malpica, nun alarde de eficacia total, chegaba por segunda vez noutra contra e Juny enchufaba un bo centro de Pitís.

Chegábase ao final do primeiro tempo e o Xallas intentaba facer dano. E o empate chegou de córner a falta de 10 para o descanso. Pero clave foi o gol ao fío dos 45 cando unha xogada entre Juny e M. Maradona acababa cun centro raso que non fallaba Pitís, poñendo o 2-3 no marcador.

A segunda metade foi un quero e non podo dos locais. A defensa malpicán estivo impecable, e apenas permitiron un par de ocasións a balón prado, como unha falta de Styven ou un tiro de Tefi que salvou Jesús. O Malpica tamén puido ampliar a renda por emdio de Pitís, pero estaba en fóra de xogo.

XSC-MAlpica Xuv- Foto- Jorge Parri

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios