Nova fin de semana de fútbol da Costa. Unha fin de semana con moito máis que fútbol, como o puideron comprobar na vila do Cristo co desfile das estrellas da SD Fisterra. Pasade a botar un ollo a eses corpazos tras repasar a xornada desta semana que estivo marcada polo sorteo da Copa da Costa 2013, a do 50 aniversario.
E comezamos pola Preferente, con sorte dispar para os nosos. O Xallas de Santa Comba volvía de baleiro de Carral e case que di adeus, se non o fixera xa, a todas as posibilidades de ascenso. Máis do mesmo para o Dumbría tras caer na casa ante o Dubra. O único que nos daba unha alegría era o Soneira cunha gran vitoria en Taboada, cos goles do debutante Mayuyo e Baba. 3 puntos que practicamente rubrican a súa salvación.
Malísima xornada para os nosos na 1ª. Bueno, menos para o Malpica, que ca súa fantástica campaña e sacaba un gran empate en Noia a pesar de rematar con 10. Pero Fisterra, Camariñas e Ponteceso caían. E caían mal, ante rivais directos, como eran o Lamela, Piloño (ambos quedan con 33 puntos) e Villestro (este da liga dos de arriba), quedando os nosos, nos postos pegados ao descenso directo con 30, 29 e 27. O Laro é que marca o descenso directo con 26.
Na Liga da Costa, o Baio perdía onte ante un necesitado Buño tras 18 xornadas sen coñecer a derrota. Pero a Esteirana non aproveitaba o tropezo e non pasaba do empate ante un gran, no deportivo, Corcubión. O Cee si que sacaba tallada de Dumbría e empata a puntos cos baieses na codiciada segunda praza.
Por abaixo, gran vitoria do Outes en Corme, que lle dá un respiro, deixando ao Cabana pegado ao descenso tras caer en Muros. O Mazaricos e o Volantes empataban e quedan tamén en zoa de posibles arrastres, mentres que o Montelouro, practicamente coa mente na 3ª, sacaba un empate a un san Lorenzo cos deberes feitos.
A xornada na 3ª deparaba varias sorpresas. O Independiente queda máis líder e queda con 6 puntos de vantaxe tras aproveitar o descanso do Camelle, e o tropezo do Porteño en Corcoesto tras xogar boa parte do choque con 10.
Na segunda loita tamén houbo novidades. O choque da xornada era o Cerqueda-Soneira B, e a vitoria visitante deixa aos de Jose Ángel cun pé na fase de ascenso.  O Cerqueda queda agora inmerso no grupo de aspirantes, empatado con 40 puntos co Ameixenda, que sumaba os puntos do filial fisterrán. Pero non sumaron nin Laxe, que queda a 4 de cerquedáns e ceenses tras caer co Alcaián; nin Baíñas, que facái sufrir ao líder e queda a 5; nin Muxía, que caía co Nantón en casa. Si sumaba o Lira, agora, con 34, e ata o Nantón e o Corcoesto, agora a 10 da 5ª praza, soñan con meterse aí.
Nos Xuvenís case que está todo o peixe vendido, e así o refrendan as goleadas sen sentido. Na Liguilla, ademais da suspensión do Cabana-Malpica, o Xallas de Santa Comba case que rubricaba o seu pase á Fase de Ascenso á Liga Galega. Fáltalle un punto na última xornada ou que o Malpica non gañe ao Cabana no choque que se disputará este venres.
Na Copa, con Muros e Soneira eliminados dos Oitavos, só queda agardar polo sorteo. Mentres os equipos seguen "competindo" por quedar o máis alto posible nesta liga sen sentido, na que o Outes no Gr.1 e o Cee no Gr.2 xa son campións.
Cómpre falar tamén da Liga Galega Infantil (a cadete descansaba) pois o Dumbría xa pode respirar tranquilo tras unha nova vitoria. O Bergantiños, mentres, volvía caer e segue de último na Liguilla polo título.
A xornada si que foi importante en Infantís. O empate do Cee en Fisterra deixa ao Xallas de Santa Comba co camiño para celebrar o título.
Ademais, en Veteranos, o Soneira mira en fite o título, tralo tropezo do Castriz ante un potente Coristanco. Son 5 puntos os que os separan e 8 co Cabana.
Na 2ª, o Muros recuperaba a senda da vitoria tras dúas derrotas consecutivas e volve afianzar ese 1º posto que tiña case que asegurado. Por detrás, o Laxe aproveitaba o descanso do Corcoesto para quedar a só un punto, e aínda cun partido menos.
Preferente, xornada 29
| Taboada  | 0-2 |  Soneira | 
| Carral  | 2-0  | Xallas StComba | 
| Dumbría  | 0-1 | Dubra  | 
1ª Autonómica, xornada 27
| Lamela  | 2-0 |  Fisterra | 
| Ponteceso  | 0-1 |  Villestro | 
| Camariñas  | 0-1  | Piloño | 
| Noia  | 0-0  | Malpica | 
2ª Autonómica, xornada 27
| Baio  | 2-3 | Buño  | 
| Dumbría B  | 1-2 |  Cee | 
| Montelouro  | 1-1 |  San Lorenzo | 
| Esteirana  | 1-1 |  Corcubión | 
| Muros  | 3-1 |  Cabana | 
 
| Mazaricos  | 1-1 |  Volantes  | 
| Sofán  | 2-0 |  Carnota | 
| Zas  | 1-1  | Castriz | 
| Corme |  1-2  | Outes  | 
3ª Autonómica, xornada 27
| Xaviña |  6-5 |  Coristanco | 
| Lira  | 3-1 |  Castrelo | 
| Muxía  | 2-3 |  Nantón | 
| Corcoesto  | 4-1 |  Porteño | 
| Alcaián  | 2-0 |  Laxe | 
| Indep. Carballo |  1-0  | Baíñas | 
| Cerqueda  | 1-2  | Soneira B | 
- Descansa Camelle.
 
- Fisterra B - Ameixenda (0-2)
 
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 9
| Ponteceso  | 6-1 |  Fisterra | 
| Xallas StComba  | 3-1 |  Dumbría | 
| Malpica  | 21/03 - 18:00*  | Cabana  | 
* Susp. polo campo encharcado.
Liga Previa da Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 9
| Camariñas |  1-5  | Laxe | 
| Outes  | 10-0 |  Muxía  | 
| Muros  | 9-0 |  Baio | 
Liga Previa da Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 9
| Soneira  | 2-1 |  Corme  | 
| Esteirana |  2-3 |  Cee | 
| Mazaricos  | 3-1 |  Coristanco | 
Liga Galega Infantil, Playoff Título, xornada 6
| Bergantiños  | 0-3 |  Val Miñor | 
Liga Galega Infantil, Playoff Descenso, Gr. Norte B, xornada 6
1ª Cadete, xornada 19
| Outes  | 2-3 |  Coristanco | 
| Muros  | 1-2 |  Muxía | 
| Esteirana  | 5-1 |  Ponteceso | 
| Con. de Carnota  | 2-0 |  Fisterra | 
| Zas  | 2-1  | Cabana  | 
| Porteño  | 5-2  | Baio | 
| Cee  | 2-1 | Xallas StComba | 
1ª Infantil, xornada 23
| E.M.F. Vimianzo  | 1-2 | Outes  | 
| Sofán  | 1-8 |  Cabana  | 
| Xallas StComba  | 4-0 |  Ponteceso | 
 
| Baio  | 2-1 |  Coristanco | 
| Corme  | 5-3 |  Muxía | 
| Fisterra  | 0-0 |  Cee | 
| Os Miudos  | 3-3 |  As Baleas | 
- Descansa Esteirana.
 
- Fisterra-Cee alteran orde e xogan en Ara Solis.
 
Ligas de Veteranos, xornada 26
1ª División
| Bergantiños  | 2-2 |  Ponteceso  | 
| Soneira  | 1-0 |  Nantón | 
| San Román  | 5-0 |  Vimianzo | 
| Coristanco  | 3-1 |  Castriz | 
| Zas  | 1-1 |  San Lorenzo | 
| Cabana  | 4-2 |  Corcubión Vet. | 
| Camariñas  | 0-1 |  Xv. Bergantiños | 
| Bértoa  | - |  Baio | 
2ª División
| Sofán   | 3-1 |  Agualada | 
| Laxe  | 2-0 |  Camelle  | 
| Muros  | 5-1 |  Dep. Carballo | 
| Poniente  | 1-1 |  Porteño  | 
| Malpica   | 1-3 |  Cerqueda | 
| Corme  | 0-1 |  Buño  | 
| At. Milagrosa  | 14-2 |  Leiloio | 
Liga de Fútbol Sala de Cee
Estes son os resultados da semana:
![Liga FS Cee x17 Liga FS Cee x17]()
+
Máis información
Artigos relacionados
Crónicas da semana
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).