Resultados: Xa temos final da Copa, un Malpica de 1ª e un Cabana de 2ª
00:02 11/06/12
Segunda fin de semana de xuño no fútbol da Costa e xa temos final da Copa da Costa 2012. Pero o que máis celebramos hoxe é o ascenso do Malpica á 1ª Autonómica. Os de David Baña venceron en Brión, no partido máis serio da tempada, con dous tantos de David Blanco e Rancaño, e remataron bañándose na noite do sábado nas fontes malpicás.
Así, a súa praza na Liga da Costa será, aínda pendente de confirmar todos os ascensos na asemblea de finais de xuño pero con moita probabilidade, ocupada polo Cabana, que superaba na eliminatoria polo 5º e 6º posto da 3ª Autonómica e xa saborea a Liga da Costa.
E como esperabamos tralo acontecido na ida, a finalísima da Copa da Costa 2012 será Dumbría-Santa Comba. Os dumbrieses podían o sábado co Corme cun cómodo 2-0. E a noite do domingo, Fontenla viviu o que será , con probabilidade, o último derbi xalleiro, se finalmente se xesta o Xallas de Santa Comba coa fusión do laranxa e do verde de abnos equipos. Foi o cadro laranxa o que disfrutará da final da Copa malia que foi o cadro verde o que levou a vitoria por 0-1 con gol de Pío.
Nas categorías inferiores os cadetes dumbrieses caeron ante o Estradense pola mínima no primeiro partido da final; mentres que os infantís pasaron a primeira rolda.
Infantil:
Copa da Costa, Volta das Semis
1-4 | Corme - Dumbría | 0-2 |
0-4 | Xallas - Santa Comba | 1-0 |
Promoción de Ascenso á 1ª Autonómica
- Brión - Malpica: 0-2
Promoción de Ascenso á 2ª Autonómica
2-1 | Cerqueda - Cabana | 1-3 |
Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Cuartos
Fase de Ascenso á Liga Galega
Cadete:1-0 | Estrada - Dumbría | - |
3-5 | Xuventú Aguiño - Dumbría | 1-8 |
XXXV Campionato de Barrios de Esteiro, Xornada 3
- Praias - Independiente (1-5).
- Canchester - Carallo Santo (4-2).
Reunión importante en Baio
Recordamos ademais que o vindeiro martes 12 de xuño a Federación convoca aos clubes da Costa para unha nova reunión en Baio para preparar o plenillo da FGD, que se celebra a final de mes, seguramente o 27 de xuño. E polo visto, as propostas son ben interesantes, e abordaránse os seguintes temas:- PROPOSTA DO CORME CF para a vindeira temporada. ASCENSO A NOVA 1ª AUTONÓMICA: O Corme prantexa que non todos os equipos que ascendan vaian a zona de Santiago, unha das causas polas que o cadro azulón rexeitou o ascenso esta tempada.
- COPA DA COSTA 2013: Proporase xogar ao rematar a temporada de liga. E á final a un só partido. Por fin unha proposta con xeito sobre o barro de competicións.
- LIGA DE XUVENIS. Un só grupo na Liga e volver o formato anterior de Copa, onde participen todos.
- FUTBOL BASE. volver o sistema anterior de competición.
- GALA DO FUTBOL DA COSTA, que se celebrará o 30 deste mes de xuño en Muros e para o que xa hai candidatos dos premios.
Máis información
- oteuoncedacosta.tk.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2012 de Afeccionados, Xuvenís e Veteranos.
Crónicas da semana
- Repaso dos últimos movementos no fútbol da Costa.
- 3 días para votar polo teu 11 da Costa: Repasamos as votacións.
- Fases de Ascenso: O Volantes a 2ª e o Malpica preto da 1ª.
- Copa: Final adiantada.
- Resultados: Un Volantes en 2ª e xa temos final adiantada da Copa da Costa.
Máis novas
- Manolín porá o broche á súa carreira na súa vila.
- Alberto Pose: Momentos difíciles nas Directivas do fútbol da Costa.
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Un Mar de Paixón: Tonié.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).