Venres. 19.04.2024
El tiempo

Resumo da xornada: deportividade na Costa

Resumo da xornada: deportividade na Costa
Gústanos recibir novas como a que chega de Outes hoxe, onde o xogador do Buño Adrián protagonizou a xogada deportiva da xornada: nunha xogada na que se lesiona o lateral do Outes Cutu, Adrián prefire botar o balón fora para que se atenda ó rapaz en vez de aproveitar unha clara opción de gol na area dos de Outes. O Buño caeu derrotado pero a veces as historias que perviven son estas, por enriba dun resultado que pode ter revancha en 7 escasos días. Emotivo minuto de silencio en Louro Esta é a porta de apertura dunha xornada unha vez mais interesantísima en todas as categorías. Comenzando o repaso pola Preferente Norte, temos que resaltar unha vez mais a maxia do Conco, que serviu para que con dous goles dos killers do Dumbría, Marcote e Mackay, o equipo local sumara tres novos puntos ante un rival de campaniñas, esta vez o Arteixo. Sofán e Xallas lograron sendas igualadas, de diferente sabor, pois a da SD Sofán foi unha vez mais cedendo puntos nos últimos intres, mentres que a do Xallas foi recuperándoos a falta de 6 minutos nun terreo que ata agora era inexpugnable, As Pontes. En 1ª Galicia a nova é a goleada do Fisterra en Verdillo no derbi costeiro. nun encontro con moitos cartóns e 4 tantos verdes. O Soneira, nun gran partido igualaba co favorito Sigüeiro, e o Baio atopaba a primeira victoria e os primeiros goles en Tordoia, da man de Santi Díaz e Brais Lado. Na Liga da Costa, grandes partidos e resultados sorprendentes. Zas, Ponteceso e Mazaricos ensinaron as súas credenciais, sobre todo os de Corredoira, que golearon ó Baíñas no partido da xornada. Outes, Corme e Esteirana lograron vitorias de mérito, e o Camariñas alcanza a cabeza da táboa, gracias á súa vitoria en Cerqueda. En Louro, emotivo minuto de silencio, e goleada do Montelouro ó Coristanco da man de Juan de Celia. O Cerqueda animando o xogador infantil lesionado o día anterior En 3ª Galicia, diversidade de sensacións: Ameixenda, Cabana e Porteño obtiñan boas vitorias a domicilio, e Camelle, Castriz e Muros ensinaron as súas armas para a loita na cabeza. Pensamos que nos queda unha 3ª moi igualada e competitiva este ano, e ben seguro que a disfrutamos moito. Todos os resultados da xornada xa os tes en www.futboldacosta.com.

Comentarios