Roberto Amoedo, a proposta da nova directiva do Mazaricos CF
12:54 22/06/17
Roberto Amoedo co novo presidente do Mazaricos, Emilio Ferreiro
Anunciaba Néstor Romero o remate dun ciclo no Mazaricos CF a pasada semana. Un ciclo que remata tamén para a directiva do cadro amarelo comandada polos Casais e outros como Miki que levaba dende a súa fundación.
É Emilio Carreira o novo presidente da entidade, que chega con todo o apoio da ex directiva, e cunha forte aposta: Roberto Amoedo como novo adestrador-xogador.
O mítico central pontevedrés, casado na Serra de Outes, que xogou en grandes equipos comoo Fabril, o Logroñés, o Xativa, o Negreira ou os mesmos Xallas e Outes, chega aos seus 35 anos ao equipo mazaricán para compaxinar a dirección deportiva dende o campo como dende o centro da defensa.
Un nova ficha máis para o baile de movementos nos bancos da Costa.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).