Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Roberto Amoedo analiza o partidazo da Liga da Costa

Roberto Amoedo analiza o partidazo da Liga da Costa
Temos partido grande o domingo en Mazaricos. O equipo local, líder destacado da competición, recibe a un dos máis firmes candidatos, o Puenteceso de Tito Pedreira. Baixo a dirección do colexiado Marcos Ordóñez enfrontaranse o 1º e o 3º clasificado, separados por 5 puntos, con Esteirana e Corme á espera do que poida pasar. Para falarnos do encontro puxémonos en contacto co adestrador do Mazaricos, Roberto Amoedo, que tamén fai funcións de xogador. Roberto é de sobra coñecido no fútbol galego. A súa traxectoria é longa e exitosa. Nado en Redondela fai 34 anos, xogou na canteira do Deportivo, e posteriormente en equipos como Logroñés, Xátiva, Negreira, Estradense, Santa Comba ou Boiro, case sempre en 3ª División. Na tempada 2014/15 xa tivo unha experiencia na Costa, co Outes de Manu Roque, e este ano decidiuse a tomar o mando do Mazaricos, cun proxecto ambicioso, nun club que leva facendo ben as cousas varios anos e que se converteu en referencia na nosa liga. QPC - O domingo, vaia partidazo tedes en Mazaricos. Que esperas do Puenteceso? A verdade é que da gusto xogar contra grandes equipos e o Ponteceso é un deles, formaron un gran grupo no que contan con varios xogadores de gran nivel e experiencia na categoría. QPC - Estades a facer unha campaña tremenda. Como se atopa o equipo cara a domingo? Nos para domingo temos cinco baixas seguras e dubidas noutro xogador, pero sin excusas afrontaremos o partido con moita ilusión e gañas, coma sempre. QPC - Como estás a ver a Liga da Costa este ano? A Liga da Costa xa a coñecía, e seguía, e este ano ten dous grupos moi diferenciados, moito mais bonita do habitual porque calquera dos sete primeiros pode acadar o título. QPC - Cal é a clave do voso éxito? O que non estamos facendo nas ultimas semanas, adestrar, traballar duro durante a semana, para poder competir os domingos, e agora estamos moi mermados de efectivos por moitos motivos, ademais, una pizca de sorte. QPC - Xa case viches a todos os equipos da liga. Cales che sorprenderon máis? Esta pregunta e moi difícil, posto que casi todos os equipos nos puxeron en moitos apretos, pero diríache que ata agora por plantillas, penso que Esteirana, Corme e Baiñas son dos mellores equipos, e supoño que o Ponteceso co que nos enfrentamos esta semana. QPC - O Mazaricos sempre foi un equipo que se caracterizou pola súa garra e competitividade. Chega isto para ser campión? Non, por suposto que non, é algo que valoro positivamente pero sen traballo semanal e sen fondo de armario é casi imposible falar de rematar no mes de maio con opcións de acadar eses postos.   O adestrador líder fala claro. O plantel do Mazaricos é amplio e variado, e Amoedo está a contar con case todos os xogadores, como el di, "en relación ós adestramentos e méritos dos xogadores". Toni está a ser fixo na portería, e parece que o de Sísamo atravesa unha segunda xuventude. O propio Roberto Amoedo é o líder da defensa, onde alterna a homes como Martín, Miguel, Raúl, Cristian ou Roberto. No centro do campo os clásicos Ricardo, Molinos, Estéfano ou Pereiro son a base do conxunto, e arriba o goleador Manuel Luis, con 5 tantos o pichichi do equipo, é o home clave, aínda que se por algo se caracteriza o Mazaricos é por funcionar como un bloque onde todos van a unha. O rival do domingo, o Puenteceso, está a traballar cun interesante proxecto con moitos homes da canteira rodeados de xogadores solventes da zona. Na portería altérnanse Xurxo e o xuvenil Damián. Na liña defensiva Matías mostra o seu nivel coma sempre, rodeado de xente experimentada como Rubén Sotelo ou Luís Alvite. Curiosamente Matías e Rubén son os máximos goleadores do equipo con 3 tantos. No centro do campo Mendieta e Recarey son os motores do equipo, e en punta as variantes son moitas: Charro, Eloy Alvarez, Dieguito, Iago... Os xoves Ismail, Juanma, Martín Puente, xunto coa aportación dos xuvenís, fan un moi bo equipo. Imos ver un gran partido o domingo en Mazaricos.

Comentarios