Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ruxíu Ponteceso

Ruxíu Ponteceso
Disque Pondal tivo que levantar a cabeza a eso da mañá do sábado cando os máis de 250 motoristas inscritos (non había praza para máis) comezaron a facer ruxir os seus motores. O é que foron milleiros os afeccionados ás dúas rodas que non faltaron á cita invernal en Ponteceso. O Motoclub Costa da Morte segue afianzándose así como unha auténtica referencia no motor de todo o país, e fai que Ponteceso e a Costa da Morte soe dúas veces ao ano en todos os foros. Unha Xuntanza de Inverno que nacía hai 7 anos como unha cea entre amigos porque "en inverno nunca hai nada". Pero todo o que teña dúas rodas tende ao desmadre e a pesar das malas previsións metereolóxicas para a fin de semana, Ponteceso case que ten que poñer o cartel de "Non hai entradas". Non se pode falar de cifras, pero varios milleiros de persoas (máis das esperadas sen dúbida pola organización) encheron a vila de Pondal. A vila presentaba un ambientazo espectacular na tarde do sábado, cando máis xente se xunta. I é que mentres os inscritos pasan a cear na carpa do campo da Trabe, os pubs, restaurantes e casas rurais da zona énchense de visitantes de todas partes do país. E ben que o notaron sobre todo pola noite, i é que a hostelería noctura pontecesá leva sufrindo dende xaneiro un serio baixón, polo que esta festa foi todo un bálsamo. Pontevedra, Lugo ou Asturias son algúns dos lugares de onde chegan máis afeccionados ao motor. E sen máis, dende o Motoclub Costa da Morte xa pensan na Motofesta o verán. De feito, o domingo, mentres recollían os últimos detalles, o grupo organizador xa pensaba en clave de futuro. Logo de cumplir 25 anos, a partir de marzo xa comezarán coa contratación do espectáculo e coa promoción do evento.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios