xoves. 01.05.2025
El tiempo

Sabadete de rechupete

Sabadete de rechupete
A Liga da Costa viste de gala a súa xornada adiantada, co líder Castriz visitando Laxe e o derbi entre Corcubión e Cee; en Primeira, xornada sen derbis O Sofán viaxa a Mugardos - Foto: SD Sofán O Sofán viaxa a Mugardos - Foto: SD Sofán Non é habitual ver unha xornada de sábado cos pratos fortes da semana, pero esta vez haberá excepción. O paixoal e clásico será en Cubaleiro, onde o histórico derbi entre Corcubión e Cee chega coas sensacións notablemente positivas en ambos bandos. Os unionistas veñen de conter ao líder Corme. Para o domingo queda unha programación (non electoral) coa visita do líder Castriz ao Cabo D'Area ante un Laxe que ten comezado con resultados algo raros, pero con argumentos en ataque. Ademais o Malpica-Baio terá como denominador común a búsqueda do novo rol tras perder a categoría hai uns meses. Ten boa pinta tamén un Corme-Mazaricos cun auténtico choque de estilos. Na Primeira Autonómica non haberá derbis esta semana. Tocaralle toda unha papeleta ao ledo Fisterra en Padrón, contra o Flavia, nun dos feudos tradicionalmente máis difíciles da provincia en canto a arbitraxes e factor externo se refire. Terá unha boa oportunidades o Sporting Zas, na casa e contra o recén chegado Esclavitud. Máis duro parece para o Outes a chegada ao Cunchido do case veciño Puebla. Á zona de Santiago irá o Dumbría, para medirse ao Villestro, unha incógnita de momento. Buscará o primeiro triunfo do curso o Soneira co archicoñecido Betanzos, no Municipal costeiro. Tamén carácter clásico ten o desprazamento do Sofán, en plena ola boa, na Pedreira de Mugardos. O Galicia ten unha das afeccións máis fieis do balompé modesto. Hacia Arzúa, e ante un gran rival, vai o Xallas. Na Terceira Autonómica Muxía e Nantón xogan o choque estrela, cos da Vila da Barca soñando despois dun gran debut ligueiro. O Lira de Manín estréase na casa contra o Cabana.  

PreferenteNorte, xornada 5

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 4

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 4

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 3

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 3

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 3

LigaGalega Cadete, xornada 3

1ªCadete, xornada 2

LigaGalega Infantil, xornada 3

1ªInfantil, xornada 2

 

Máisinformación

Comentarios