xoves. 14.11.2024
El tiempo

Saio a correr, non saio a running

Saio a correr, non saio a running

Saio a correr porque é máis fácil, só necesitas un pantalón curto ou unha malla, da igual a marca e que sexa bonito ou que teña coloriños a xogo cos calcetíns, a poder ser que sexa cómodo e non faga rozaduras, que amolan de carallo... Precisas unha camiseta, vale xa a que che dan nalgunha carreira, chega con que sexa da túa talla, non importa moito a cor e se che resalta a figura ou non, unhas zapatillas deportivas que sexan cómodas e que a poder ser duren para toda a temporada, e se queres podes levar tamén un reloxo que dea a hora, para acordarte de volver para a casa, se ten cronometro mellor para poder picarse un pouco cos tempos e xa non necesitas nada máis para correr, porque correr é moi sinxelo, pero o running… ufff, iso xa son palabras maiores, para iso necesitas pantalón técnico, malla corta e malla longa técnicas tamén, camiseta, suéter e chuvasqueiros que ademais de ser técnicos teñen que ir a xogo co pantalón, calcetíns e medias de comprensión, por suposto técnicas, e de diferentes modelos para os diferentes días da semana, necesitas especializarte en calzados para saber se colles zapatillas lentas, rápidas, intermedias, pronadoras, supinadoras, neutras, con máis ou menos drop, calzado con amortuguación ou se prefires minimalistas, ademais tes que coller as de último modelo, que sexan bonitas e chamativas, que a xente vexa que fas running,necesitas cambialas con asiduidade, como Cristiano Ronaldo, e por suposto sempre últimos modelos; de reloxo necesitas un con cronometro, laps, gps, pulsómetro, conta atrás e para diante, cinco pantallas, números grandes, luz que deslumbre e que sexa de acordo co teu look, ademais necesitas ir ben peiteado, guapo e aerodinámico, ah! e que non se che esqueza quitar un selfie cada vez que saes a correr, non vaia a ser que a xente non se dera de conta de que saíches a facer running. E é por iso polo que eu prefiro saír a correr, é máis sinxelo e menos técnico, ademais a min o único que me interesa e gozar da sensación de liberdade que che da poder desprazarte con máis ou menos rapidez polo asfalto, pola praia, polo monte, polas charcas, pola lama… usando o corpo e as pernas para coller impulso e encadear saltos de forma sucesiva e minimizar o contacto co chan, saír cando chove e cando non porque me gusta gozar do pracer de correr, de correr porque iso do running xa che é máis compricado…

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios