Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Santa Comba celebrou a súa festa do Deporte

Santa Comba celebrou a súa festa do Deporte
A séptima Gala do Deporte organizada pola concellería de Deportes, que dirixe Raquel Grille, foi un auténtico éxito de participación, co auditorio do multiusos cheo ata a bandeira. Mesturáronse os momentos de ledicia con capítulos moi emotivos, como as lembranzas que houbo para os finados Julio Ferreiro e Antonio Mouro. Foi precisamente a concelleira Raquel Grille Boga a encargada de saudar os presentes e de apostar pola continuidade dun evento como a Gala do Deporte, así como de animar a práctica do deporte "como ferramenta de futuro". Actuaron como padriños do evento, a futbolista Verónica Boquete e o árbitro Ignacio Iglesias, que participaron na entrega de premios xunto co alcalde, Antonio Landeira, a responsable de Deportes, Raquel Grille e o edil de Servizos, Manuel García Cancela. Os premiados desta edición foron:
  • Talleres Arán: Campión de fútbol sala intermunicipal 2011.
  • S.D. Castriz: Finalista da Copa da Costa 2011.
  • Balonmán Xallas: Mellor iniciativa deportiva do ano.
  • Diego Martínez Romar: Nadador. Premio ó mellor deportista individual.
  • Santa Comba C.F.: Campeón Liga xuvenil e benxamín de fútbol. Premio a mellor tempada de base.
  • José Pardiñas Vidal: Premio educación a través do deporte.
  • Julio Ferreiro Pazos: Recoñecemento a toda unha vida adicada ao deporte.
As intervencións dos premiados, entrelazáronse con vídeos e imaxes. Entre eles un saúdo gravado polo futbolista Juan Carlos Valerón. Tamén houbo sorteo de camisetas da selección española, do Deportivo, do Autos Lobelle de Santiago, e un balón de fútbol.

Fonte

Comentarios