A Selección da Costa Sub-12 estreou a Amarela no seu primeiro adestramento


Onte poñíase en marcha outro dos compromisos da Delegación da FGF na Costa. A Selección da Costa sub-12 xa é unha realidade e onte celebraban en Vimianzo o seu primeiro adestramento. Unha cita que serve de preparación para o seu debut oficial, que se celebará o vindeiro 6 de decemebro para a 1ª Fase do Campionato Galego Comarcal de Seleccións Sub-12, como fixo a sub-15 hai apenas un par de semanas. Unha Fase que se celebrará no Conco.
Os xogador es estiveron ás ordes do pontecesán José Barca e do ceés Fernando Alejandro “Nando”, con Joaquín Quintáns como axudante. O delegado do combinado, ao igual que na sub-15, será o noso Alberto Pose.
O adestramento constou de varios partidos entre 3 combinados feitos entre todos os xogadores, cos típicos paróns dos adestradores para corrixir erros.
A semana que vén volverán adestrar, para deleite dos seus pais e nais.


- Outes: Claudino Outón e Hugo Caamaño.
- Cee: Antón Pose e Isma Domínguez.
- Sofán: Lucas Souto.
- Dumbría: Dylan Fernández, Fabio Blanco e Hugo Pastoriza.
- Cabana: Blas Mariño e Brais Fontenla.
- Os Miúdos: Raúl París. e Hugo González Lestón.
- Esteirana: Xabi Figueiras.
- Zas: Alejandro Muíño.
- Muxía: Martín Barrientos.
- As Baleas: Íker Aurífero.
- Coristanco: Pablo Sabucedo.
- Xallas: Óscar Feal e Íker García Velo.
- Fisterra: Paulo Olveira.
- Vimianzo: Jesús Sar.
- Carnota: Álvaro Rodríguez Maceira.
- Ponteceso: Dani Castro.
- Corme: Borja Seoane.


Novas relacionadas
- A Selección da Costa sub-12 tamén colle protagonismo co primeiro adestramento.
- Martín Vecino: a sub-15 é unha realidade.
- Gran ambienta na estrea oficial da “Amarela”, a Selección da Costa Sub-15.
- A Selección da Costa sub-15 estreará o seu amarelo “Dortmund” o 1 de novembro.
- Outubro 2017: Fontela acolleu a presentación oficial das Seleccións da Costa sub-12 e sub-15:
- Xuño 17: Malpica acolleu a segunda participación da Selección da Costa sub-15.
- Maio 17: A Selección Sub-15 da Costa debutou no Cairo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- FGF.