Sen maioría absoluta na Costa

22:59 25/09/16
Segue a cernirse un gran interrogante sobre o dominio na Liga da Costa, mentres que a Primeira deixou a nova da fin de semana, ao traer tres vitorias e un empate; son xa trece ligas federadas para noventa e seis partidos en marcha
Sorpresa no Pinguel - Foto: David Antelo
Estarían a frotarse as mans as casas de apostas coa igualdade na Liga da Costa, onde hai moitos candidatos e ningún 'kaiser' intratable. O único que só sabía vencer non o fixo, o Corme quedou sen pólvora e o Baio ven lanzado, mentres que o Cee, que apuntaba a retorno aos ceos, perdeu na recta final o derbi cun Corcubión que vive co sorriso na faciana nas últimas semanas. Recuperou a fiabilidade o Cerqueda, que nos duelos cos non 'gallitos' é letal.
A sorpresa agradable da fin de semana deixouna a Primeira, onde case todos venceron, pero sobre todo era fundamental para un Sporting Zas que empezaba a necesitalo como o comer. Tamén foi moi meritoria a igualada do Fisterra en Flavia, a pesares de xogar en inferioridade. Por contra, a Preferente deixou un regusto totalmente amargo, con dúas igualadas (de mérito iso si), e a derrota do Sofán na Pedreira de Mugardos.
A Terceira, pola súa banda, mantivo a dinámica do Muxía na primeira xornada. Os da Virxe da Barca son a súa mellor versión en anos. Tamén arrancou vitorioso o proxecto de Manín en Laxe, despois da decepción de sete días atrás.
Ademais, arrincaron xa as Ligas de Veteranos!
Son xa trece as ligas federadas en marcha, con 96 resultados case que en 'live stream' de QPC.

PreferenteNorte, xornada 5
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 4
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 4
LigaGalega Xuvenil, xornada 3
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 3
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 3
LigaGalega Cadete, xornada 3
1ªCadete, xornada 2
LigaGalega Infantil, xornada 3
1ªInfantil, xornada 2
LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.