Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Só os infantís arrincan a tempada con vitoria da familia do Volei Dumbría

Só os infantís arrincan a tempada con vitoria da familia do Volei Dumbría
Os infantís do Volei Dumbría - Manuel Rial arrincaron o curso con vitoria Os infantís do Volei Dumbría - Manuel Rial arrincaron o curso con vitoria

Non foi o mellor comezo de tempada, pero a pelota xa voa para a familia do Volei Dumbría. Primeira xornada esta pasada fin de semana do 10 e 11 de outubro, con só unha vitoria en 3 partidos.

Foron os infantis do Manuela Rial os que acadaban esa primeira vitoria ante o Barraña de Boiro cun claro 0-3 (10-25 / 17-25 / 12-25) na que amosaron a sua superioridade.

Tamén nas categorías de base, derrota das cadetes en Dumbría ante CV Ourense nun partido na que as locaissairon atenazadas e non foron rival para as ourensansneste primer set. A partir de ese momento melloraron e ofreceron máis resistencia no segundo set e dispuxeron dalgún punto de set no terceiro que non foron capaces de aproveitar e acabaron perdendo por 0-3 (8-25 / 21-25 / 25-27).

Os maiores, caeron co poderoso Noia

O equipo senior do Voleibol Dumbría debutou esta tempada o sábado en Noia cunha derrota ante CV Noia líder da categoría na pasada campaña.

O encontró comezo con clara superioridade do cadro noiés no primeiro set que gañou con facilidade. No segundo set o equipo dumbries con algúns cambios consiguiu empatar o encontro, pero nos derradeiros sets os erros dos xogadores que adestra Juan Carlos Suárez decantaron o partido para os locais nun definitivo 3-1 cos seguintes parciais (25-15 / 22-25 / 25-21 / 25-21).

Vindeira cita

Esta fin de semana xogan en A Coruña:

  • 2º División cadete feminino: Zalaeta – Voleibol Dumbría as 10:30 h en Zalaeta.
  • 1º División cadete masculino: Santa Mª del Mar – Voleibol Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios