Tati volve a casa e Wii ficha finalmente por un Camariñas que perde a Pombo e oBello que van ao Malpica

Dúas novas fichaxes esta semana. A primeira, e malia que a semana pasada avanzabamos que tanto Juan oBello como Wii estaban preto do Baíñas, hoxe confirmamos que Pepe Wii, ex do Porteño e este pasado ano no Soneira B, finalmente ficha polo Camariñas.

Ademais, cómpre anunciar que Juan Manuel Canosa Oroña, "Tati" volve ó Fisterra, Tati volve o equipo do seu pobo logo de dous anos xogando en Dumbria, xogador que vén a reforzalo mediocampo e que tamen pode xogar de central.

Ademais, bo repaso de Luis Porto ás novidades do seu Malpica para a siguinte tempada. Con grandes nomes ademais, como Pombo e Juan Carlos oBello (do Camariñas) e a Abraham (do San Lorenzo).

Memorial

E unha máis de torneos, o que xogará a potente Esteirana Cadete ante o Deportivo de División de Honra en memoria do presidente fundador do cadro blaugrana, Pedro Caamaño. A cita será o domingo 4 de agosto ás 19:00h no Xosé Luís Vara.

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).