Tatiana vestiu a camisola da Selección Galega en Lezama
Non puido ser. Un gol na última xogada do partido ante Euskadi truncaba as esperanzas do combinado galego sub-18 de meterse na Fase Final do Campionato de España. As xogadoras galegas loitaron ata o final en busca da vitoria pero volveron a errar na definición e caeron 1-2 nun partido no que a nosa Tatiana Barcia si que xogou.
A mazaricá, xogadora do FSF Villa de Cee e do Victoria CF, tras non ter oportunidade no primeiro encontro da fase, celebrado en Lezama, ante Murcia, saíu nos últimos 6 minutos pero non puido impedir a derrota galaica.
Foi un choque intenso, que comezxaba cun gol a balón parado das locais. A reacción galega chegou á volta de vestiarios. Tamén a balón parado chegou a igualada. Falta lateral sacada por Tere e Inés remataba de cabeza. A remontada era posible e o soño estaba vivo. María Calvar tivo unha intervención case milagrosa sacando un balón sobre a mesa liña de gol e o partido seguía vivo. Galicia chegaba con facilidade á portería rival, pero volveuse a repetir o problema de cada partido, a falta de acerto na definición.
E xa no minuto 92 noutra acción a balón parado as anfitrionas marcaban desatando a súa euforia e a tristura das nosas xogadoras, que viron como se lles escapaba esa fase final coa que soñaban.
Galicia - Euskadi (1-2)
- Galicia: Carmen Sumay, María Calvar, Lara Martínez, Laura Vázquez, Sara Debén, Tere Abelleira, Lía Muíño, Inés Faro (Tatiana Barcia, min.86), Nuria Rábano, Ana Iglesias (Carolina Brañas, min.77) e Lucía Pardo.
- Euskadi: Maitane Bravo (Nagore Burgoa, min.46), Saioa Martínez (Amaiur Sarriegui, min.74), Naira Maria Solis, Irune Maza (Marta San Adrian, min.60), Damaris Berta, Eider Murguia, Maialen Vega (Leire Manterola, min.70), Nerea Eizaguirre, Oihane Hernández, Nerea Kortabitarte e Enara Louvelli.
- Goles: 0-1 Enara Louvelli (28'), 1-1 Inés (48'), 1-2 Enara Louvelli (92’).
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).