Martes. 17.09.2024
El tiempo

Terceira Galega: Alternativa dos veciños

Terceira Galega: Alternativa dos veciños
Entre Muxía e Cee parece que se decidirá un título polo que o Ameixenda cada vez aposta máis forte; esta vez desfíxose dun Lira irregular Igualada entre Cabana e Muxía - Foto: Cabana SD O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Ameixenda 1-0 Lira Campo: San Paio de Refoxos Ameixenda: Farrapa, Grille (Pastekas m.90), Samuel, Diego, Bicho (Rafa m.73), Javichu, Borja, Jesús, Cristian, Mario (Susiño m.62) e Demetrio (Camacho m.76) Lira: Andrés, Adrián, Cristian, Pelexo (Senra m.78), Iván Cerilla, Costa (Goyanes m.34), Karocho, Cheikh, Oli Bermejo (Cartamil m.71), Miguel Anxo e Suso Peri Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Expulsou a Bicho do Ameixenda (m.90). Amonestou a Javichu, Grille e Borja do Ameixenda; Miguel Ángel e Karocho do Lira Goles: 1-0 m.27 Borja Susana Díaz e Pedro Sánchez Vitoria do Ameixenda sobre o Lira no que eran unha sorte de primarias para adiviñar cal era a alternativa ao posible título do Muxía. O favorito nas quinielas superou a un rival que volve a lembrar ao de comezo de curso, coa perda dalgunhas das señas de identidade, e tamén sen algún dos seus homes relevantes. Saíron dominadores os ceenses, que por medio de Borja terían dúas opcións clarísimas na primeira media hora. Na primeira, o interior levantou unha vaselina sobre Andrés que marchou fóra por moi pouco. Na segunda non perdoaría, e cun gran tiro cruzado faría o gol que terminaría por ser decisivo, tras un rexeite de Andrés. Foi xusto o que fixo medrar a un Lira que chocaría co longueiro primeiro e que tería tres opcións máis despois. Morreu no paso polos vestiarios ese amago de reacción, ata o punto de que non habería demasiado perigo liracho nunha segunda metade de control local, cun gran Samuel, e na que Farrapa só apareceu nun aparatoso choque cun futbolista rival. Á contra pudo sentenciar Borja. Castrelo 0-0 Volantes de Baño Campo: Municipal de Vimianzo Castrelo: Carreira, Curra, Maikol, Luis, Martín, Costa (Félix m.65), Mateo (Pichón m.65), Steven, Víctor (Cris m.60), Vicente e Sergio (Edgar m.82) Volantes de Baño: Javira, Álex (Yeray m.68), Samuel Mou, Cajulo, Roi Txokeiro, Edu, Mingos, Maikel Perrito, Uru (Santi m.82) e Javi Árbitro: Castro Alarcón (A Coruña). Amonestou a Mateo, Martín e Carreira do Castrelo Non sería por ocasións… A igualada entre Castrelo e Volantes foi máis fiel ao que sucedeu sobre o terreo de xogo na igualada que nos díxitos do resultado final. Ambos equipos tiveron opcións suficientes de cara á meta rival. Xa desde o comezo o Volantes, por exemplo, botou en falta o acerto de homes como Yanky, nun man a man no que Carreira, meta local, gañaba a partida. O local Sergio tampouco tivo o seu día, e na réplica á forte saída muradán marraba unha gran volea en posicón franca. Seguiría a dinámica de alternativas e a ausencia dun dominador claro, nun encontro que sen embargo iría decrecendo en calidade productiva co paso dos minutos. De feito, na segunda metade houbo máis alternativas no dominio que nas áreas, e só o arreón final do Castrelo pudo variar o panorama. Foi moi protestado un fóra de xogo sinalado a Félix a falta de dez minutos, nunha acción na que quedaba ante o meta do Volantes e na que sería expulsado o preparador Roland (segundo fontes do clube vimiancés, a protesta chegou dos seareiros próximos aos bancos). Cabana 0-0 Muxía Campo: As Redondas Cabana: Víctor, Raúl, Cabana, Laik, Ismael, Manolo do Cruceiro, Djamel, Reigía, Diego (Álex m.32), Cacha (Miki Pose m.86) e Fernando (Fariña m.58) Muxía: Papi, Iván Chans, Breo, Borja Munitis, Maikel, Conguito, Lagoa (Pataca m.88), Víctor Alcaina (Currás m.60), Adrián Negro (Pesqui m.76), Martinciño e Ruso (Julián m.46) Árbitro: Brun Pintor (A Coruña). Amonestou a Diego Varela, Cacha e Fariña do Cabana; Conguito Breo, Julián e Maikel do Muxía Quen era o líder? Espectacular despliegue físico e de sacrificio dun Cabana que estivo á altura do Muxía, ao que por momentos superou e tivo contra as cordas. Na primeira metade só os locais foron quen de chegar á portería rival, sobre en dous balóns moi perigosos a balón parado nos que por unha vez ningún dos 'jugones' muxiáns levou o mérito de home do partido. Nese momento era o meta Santi Papi o que parecía 'galáctico' e sostén do equipo. Igualouse a contenda na reanudación, na que decreceu a xeración de opcións de gol por parte cabanesa e tentouno algo máis o Cabana. Precisamente, ao central que comparte o nome co equipo anuláronlle un gol a falta de vinte minutos, mentres que os visitantes pediron unha pena máxima por derribo sobre Víctor Alcaina. Xa na recta final, Pataca tería a mellor para os seus, nun balón sacado por un defensa. Camelle 0-1 Sporting Seaia Campo: O Rodeiro Camelle: Carlos, Cristian (Baña m.75), Rubén, Carlos Valiña, Sergio, Santi, David (Tedín m.58), Rodri (Álvaro m.55), Jose, Mario e Vieites Sporting Seaia: Che, Canario, Adrián, Zala, Jorge, Dimaga, Chols, Cristian (Roque m.90), Josiño, Pedro, Darío Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña). Gol: 0-1 m.11 Pedro Coa lei de mínimos Un erro do meta local permitiulle a Pedro marcar o único gol da visita do Sporting Seaia a Camelle, onde o terreo de xogo non estaba precisamente para que ningún dos dous equipos inventase nada especial. No primero tempo, os malpicáns, sen Albertiño, reclamaron dous penaltis, un por falta a Cristian e outro por mans, pero o colexiado non sinalou ningún dos dous. Estaba ausente o habitual gardamallas Anxo para un Seaia que non obstante tivo no seu relevo, Che, ao seu mellor home. O Camelle foi superior e mereceu algo máis nun segundo acto no que tivo opcións de tódolas cores. Outes B 1-3 Nantón Campo: O Cunchido Outes B: Álex, César (Cives m.78), Alberto, Joel, Sergi, Pablo, Adri, Saúl (Paulo m.59), Brea, Noya e Lestón (Sergio m.78) Nantón: Guille, Fabián, Lareu, Pablo (Raúl m.46), Diego Bello, Touriñán, Tato (Eloy m.64), Redondo, Enmanuel (Kevin m.57), Martín e Iván Árbitro: Gesto Moral (A Coruña). Goles: 0-1 m.50 Tato; 0-2 m.51 Redondo; 0-3 m.53 Enmanuel; 1-3 m.70 Brea Para seguir con esperanza A irregularidade regular do Nantón válelle nas contas para seguir pensando en ascenso e en chegar incluso á segunda posición. O cadro cabanés finiquitou en tres minutos a súa visita ao Cunchido, ante un filial xa sen opcións clasificatorias de nada. Os visitantes dispuxeron un once con algunhas variacións respecto ao habitual, mentres que na lista local tamén había varias ausencias. Despois dun primer acto igualado o choque abriríase na reanudación.

Comentarios