sábado. 15.03.2025
El tiempo

Terceira Galega: Camellazo en Cee

Terceira Galega: Camellazo en Cee
Sorpresa do colista ante un dos perseguidores do Muxía, quen non errou no seu compromiso co filial do Outes Ameixenda e Camelle posaron xuntos en apoio a Carlos e Rafa O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Muxía 6-1 Outes B Campo: Arliña Muxía: Santi Papi (Santi Papi m.80), Chans, Maikel (Munitis m.70), Breo, Martinciño, Adrián Alcaina, Currás, Conguito (Pereira m.75), Iván Lagoa (Tomás m.75), Julián e Adrián Negro Outes B: Álex, César, Sergio, Samuel (Joel m.59), Pablo, Silva, Adrián, Saúl, Kike (Paulo m.56), David Brea e Cives (Balsa m.58) Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña). Amonestou a Pereira, do Muxía Goles: 1-0 m.21 Iván Lagoa; 2-0 m.43 Iván Lagoa; 3-0 m.48 Iván Lagoa; 4-0 m.56 Conguito; 4-1 m.72 Adrián; 5-1 m.74 Adrián Alcaina; 6-1 m.88 Pesqui Unha diferencia insalvable Previsible goleada do Muxía ao filial do Outes, que se ben deu a cara durante a primeira metade acabou por ceder totalmente ante a inercia atacante do líder da categoría. Non pisaron demasiado o acelerador os locais, ante un conxunto que por momentos deixou gratas sensacións e que non renunciou a saír ocasionalmente. Abriría o marcador Iván Lagoa, nun tiro cruzado tras asistencia de Julián. Repetiría o mesmo protagonista cando o encontro enfilaba o intermedio, esta vez ao recoller un balón de costas, xirar e anotar con clase. Sobraría totamente unha segunda metade na que a única nova pasou polo hat trick compretado por un menos habitual nese arte como Iván Lagoa, ou tamén pola animosidade ofensiva dos habitualmente máis defensivos Pesqui ou Conguito. Atopou o camiño do gol o Outes B a falta de vinte minutos, cando a relaxación defensiva en ambos bandos era xa máis que evidente. Volantes de Baño 2-1 Sporting Seaia Campo: Eleuterio Balayo Volantes de Baño: Javira, Tiko (Andel m.78), Mou, Roi Txokeiro, Yeray, Santi, Jose (Lobezno m.56), Cajulo, Pardelo, Kanote (Santi m.86) e Juan do Sivil Sporting Seaia: Che, Canario, Zala, Javi, Jorge, Chols, Dimaga (Ramón m.57), Jose (Adrián m.54), Cristian (Sergio m.68), Eme e Juni Árbitro: García Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Álex, do Seaia (m.57). Amonestou a Pardelo do Volantes; Ramón, Sergio e Jorge Parga do Seaia Goles: 1-0 m.28 Kanote; 2-0 m.54 Juan do Sivil; 2-1 m.74 Miguel Paso de promoción Importante triunfo do Volantes de Baño contra un rival directo por alcanzar a promoción de ascenso como o Sporting Seaia, que ademas vivía os seu mellor momento do curso. Os muradáns entraron moitísimo máis entonados e firmes no partido, e tras unha boa combinación colectiva Kanote, en plena xeira goleadora, facía o primeiro dos seus. Tardaron moito en aparecer sobre o campo os malpicáns, aínda que para a chegada do descanso xa tiveran pedido a bola e creado algunha situaciónd de perigo ofensivo. Cando mellor estaban a facelo, xa na reanudación, o poderoso Juan do Sivil facía o segundo, que sentaba para un mazazo nun equipo sen Albertiño, o seu home máis determinante, que estaba sancionado. Decidiu o técnico Martuxa quedar con tres homes na zaga e algún froito deu, como o penalti que deu orixe ao gol da honra, tras unhas mans de Lobezno. De aí ao final houbo ofensiva azul e dúas mans salvadoras de Javira, que mantivo os tres puntos en Muros. Lira 1-0 Nantón Campo: Lombáns Lira: Peipo, Adrián, Cristian, Pelexo, Manuel Cartamil, Senra, Cheikh, Costa (Goyanes m.70), Oli Bermejo (Iván Cerilla m.80), Suso Perico e Kike Nantón: Guille, Fabián, Lareu (Silva m.78), Guau (Budi m.87), Diego Bello, Touriñán (Eloy m.67), Fabio, Redondo, Tato (Kevin m.67), Iván e Martín Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Adrián e Manuel Cartamil do Lira; Diego Bello do Nantón Gol: 1-0 m.26 Suso Perico Un clásico básico Vitoria do Lira con gol de Perico. Un clásico dos últimos anos que sigue sendo fiable. Esta vez serviu para que o cadro sureño derrotase ao segundo da competición, un Nantón que parece baixar moitos enteros últimamente nos seus encontros a domicilio. O curioso é que un conxunto que acostuma a castigar o erro e que ten experiencia de sobra pecou precisamente de dominador estéril e de falta de puntería. O tanto liracho chegaría no ecuador do primeiro tempo, nunha contra resolta á perfección por Suso Perico. Foi unha contra porque o dominador durante a maior parte da tarde era o conxunto cabanés. Unha semana máis Peipo foi o polbo do Lira, sacando varias mans espectaculares e amosando que se lle queda moi pequena a categoría. Ameixenda 1-1 Camelle Campo: San Paio de Refoxos Ameixenda: Farrapa, Grille, Diego, Samuel, Mario Javichu (Susiño m.66), Borja (Alberto m.42), Jesús, Cristian, Bicho e Demetrio Camelle: Jose, Cristian (Rodrigo m.63), Rubén, Carlos Valiña, Manuel, Tajes, Tedín, David (Baña m.90), Mario, Adrián (Sergio m.80) e Vieites Árbitro: Domínguez Manteiga (A Coruña). Goles: 0-1 m.28 Tajes; 1-1 m.96 Cristian Táboas por Rafa, táboas por Carlos Chegaba con carga emotiva o duelo entre Ameixenda e Camelle, que unha semana atrás foran nova polos sustos que deron os seus convalecientes futbolistas Carlos e Rafa, respectivamente, e para quenes houbo un recordo común. Fora do amigábel, o resultado foi tremendamente sorprendente, á vez que decepcionante para un dos equipos que tenta dar caza ao líder Muxía. Foi intenso o ritmo de saída, cos de Pato buscando intimidar e pechar pronto o choque. Os minutos iniciais deixaron a mellor versión dun Ameixenda que protestou dous fóras de xogo pitados e lamentou un remate ao pau por parte de Samuel. Pouco a pouco foise desperezando o Camelle, sen nada que perder, e que fixo intervir a Farrapa. Un lanzamento duro e axustado ao pau por parte de Tajes confirmou que os camariñáns non chegaban de comparsa, e adiantáronse no marcador. De novo o inicio do periodo resultou productivo ofensivamente para os ceenses, que conseguirían facer recuar a un rival que nas contras, sen embargo, pudo ter finiquitado. Farrapa salvou a esperanza. Un longuísimo rebote, un balón colgado á desesperada e a fortuna a favor para Cristian deixaron o empate nunha prolongación que desesperou aos visitantes, que lle recriminaron ao colexiado o engadido. Castrelo 0-3 Cabana Campo: Municipal de Vimianzo Castrelo: Carreira, Curra, Luis, Darío, Chuchi (Brais Cadete m.46), Costa, Steven, Edgar (Félix m.54), Víctor Lema (Sergio Cadete m.71), Vicente e Maikol Cabana: Víctor, Djamel, Ismael, Raúl (Grille m.86), Reigía, Manolo do Cruceiro, Álex, Fernando (Diego m.82), Miki Pose (Eloy m.86), Cacha (Pablo m.73) e Cabana Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Goles: 0-1 m.29 Reigía; 0-2 m.75 Raúl; 0-3 m.85 Pablo Un festival Venceu novamente un remozado Cabana, esta vez no Municipal de Vimianzo e contra o Castrelo, que atravesaba un momento positivo. O encontro resultou un espectáculo ofensivo polas dúas partes, e ao descanso o resultado ben podía ter sido escandaloso. Marcou Reigía nun bo remate, pero o Castrelo marrou dous mans a mans e o Cabana estrelou dous balóns no pau. Os locais pegaron un paso adiante na reanudación e gozaron novamente de boas opcións diante dun Víctor notable. Serían os visitantes os que matarían o choque nun córner primeiro e nunha acción colectiva finalizada por Pablo despois.

Comentarios