Mércores. 18.09.2024
El tiempo

3ª Galega: Coa Copa nas pernas

3ª Galega: Coa Copa nas pernas
Xornada do máis atípico na categoría, co Ameixenda sendo goleado polo Volantes, o Muxía marchando sen marcar ante o Castrelo e a goleada dun Cabana ata agora dubitativo fronte ao Sporting Seaia; notouse o cansancio e faltaban cans verdes e unicornios O Cabana derrotou ao Seaia - Foto: Cabana SD O Cabana derrotou ao Seaia - Foto: Cabana SD O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Ameixenda 1-5 Volantes de Baño Campo: San Paio de Refoxos Ameixenda: Farrapa, Grille (Demetrio m.46), Samuel, Bichiño, Adan, Javichu, Rafa, Jesús, Cristian, David e Borja Volantes de Baño: Javira, Álex, Samu, Santi, Mou, Javi, Pardelo, Bernardo (Yeray m.56), Mingos (Kanote m.86), Maikel Perrito e Uru Árbitro: González Rey (A Coruña). Amonestou a Jesús do Ameixenda; Santi, Mingos e Pardelo do Volantes Goles: 0-1 m.25 Mingos; 0-2 m.37 Uru; 0-3 m.47 Samuel; 0-4 m.55 Mou; 1-4 m.62 David; 1-5 m.85 Santi A sorpresa do mes Xa deixara máis dunha vez o Volantes de Baño síntomas e conceptos de equipo gañador. Pero a forma na que logrou pasar por enriba do Ameixenda, unha das alternativas ao título, escapa de calquera aposta por arriscado que sexa o xogador. Sen o seu segundo adestrador e pichichi Yanky, o conxunto muradán goleou ata con comodidade. Cunha convocatoria moito máis poboada que de costume, e co primeiro técnico Santi no eixo da zaga, o Volantes gañou sobre todo en seguridade. Mingos e Uru, en dous bos remates, mandaron ao seu equipo con vantaxe ao intermedio. E todo cando pasaran moi poucas cousas e o ritmo era medio-baixo. O tanto de Samuel nada máis reanudarse o choque foi chave, e aínda que fugazmente o Ameixenda aparecería para recurtar distancias por medio de David e tocar a ofensiva, pero resultou pouco máis que un amago. Normalmente ofensivo e descuidado, o Volantes sacou máis rédito cando menos arriscou e cando mellor defendeu. Castrelo 0-0 Muxía Campo: Municipal de Vimianzo Castrelo: David, Martín (Brais Pereira m.70), Curra (Víctor Lema m.57), Sergio, Roget, Maikol, Roi, Dani Costa (Félix m.64), Vicente, Iago e Esteban (Cristian m.90) Muxía: Jose Antonio, Munitis, Breo, Denis, Martinciño, Pereira, Adrián Alcaina, Conguito (Maikel m.75), Chans (Julián m.54), Víctor Alcaina e Iván Lagoa (Currás m.85) Árbitro: Iglesias Bazarra (A Coruña). Amonestou a Dani Costa do Castrelo; Víctor Alcaina, Iván Lagoa, Julián e Jose Antonio do Muxía Desprogramouse o piloto automático Rachou a xeira de vitorias do líder un Castrelo que conseguiu o que ninguén: deixar virxe de goles a súa portería ante o Muxía. Os vimianceses cederon prácticamente toda a iniciativa, pero defenderon cunha orde e paciencia notables. De feito, na primeira metade non parecía un encontro de diferencia na táboa nin os visitantes os primeiros clasificados. Houbo unha acción clara por bando: Adrián Alcaina de cabeza á saída dun córner para o Muxía e un man a man dos locais perfectamente detido por Jose Antonio. Acentuouse a diferencia na segunda metade, con monólogo en canto a posesión dos da Vila da Barca e dúas accións chave: un remate en boca de gol de Iván Lagoa que se ía alto e un man a man do debutante Maikel, ex do Soneira, que batería no pau. Tivo ocasión de dar un susto o Castrelo, tamén na recta final, nun libre directo. Outes B 1-1 Lira Campo: O Cunchido Outes B: Álex, César, Adrián, Sergi, David, Pablo (Berto m.75), Cives (Saúl m.60), Adri, Paulo, Kike e Álvaro Lira: Peipo, Pelexo, Manuel Cartamil, Iván Cerilla, Adrián, Essién, Miguel, Guardiola (Santi m.81), Costa (Eloy m.63), Oli Bermejo e Edu Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Amonestou a Manuel Cartamil, do Lira Goles: 0-1 m.29 Edu; 1-1 m.57 Adri O case derbi conxelou ao Lira A diferencia no que a experiencia se refire entre o filial do Outes e o Lira non quedou patente nin no marcador nin no resultado do 'semiderbi' protagonizado por ambos. Os de Manín non acaban de enlazar dous resultados seguidos que lles pegue á cabeza da táboa, a pesares da notable melloría defensiva. Foron, iso si, dominadores con certa facilidade dun primeiro acto no que incluso tiveron opcións de ir ao descanso cunha renta maior. Edu foi o único que atinou a enviar o balón á rede, tras un toque sutil desde a frontal do área. O penalti co que os visitantes igualarían ao poco de retornar o choque pareceu marcar un antes e un despois, cun progresivo descenso no rendemento liracho, así como na xeración de opcións de gol. Camelle 2-2 Nantón Campo: O Rodeiro Camelle: Jose Ramón, Rodri, Rubén, Carlos Valiña, David, Álvaro, Santi (Martín m.44), Jose Manuel, Cristian (Tedín m.58), Mario e Adrián Nantón: Guille, Efe, Raúl, Guau, Diego, Juan (Eloy m.75), Lareu (Enmanuel m.46), Redondo, Tato (Carlos Vidal m.68), Martín e Iván Árbitro: Represas Rodríguez (A Coruña). Goles: 0-1 m.51 Diego; 1-1 m.54 Cristian; 2-1 m.58 Jose Manuel; 2-2 m.68 Rubén, en propia meta O partido raro da semana Moitas imprecisións e disconformidade co resultado nos dous equipos foi a bagaxe que deixou o enfrontamento entre Camelle e Nantón, dous equipos con problemas para acadar a regularidade, aínda que no caso dos primeiros trátase dunha consecuencia dos problemas de efectivos desde o primeiro día. Foi orfa de case todo unha primeira metade sen apenas opcións claras nas dúas porterías. Un botón de como sería a tarde é que os dous goles dos cabaneses chegarían con axuda local. No primeiro, Diego executaba unha falta lonxana e, tras tocar nun futbolista local, entraba na portería. Sen embargo, en cousa de sete minutos os locais voltearían o marcador, cun primeiro gol moi protestado e un segundo con infortunio de Guille, que ao controlar o balón convertiuse en asistente do seu oponente. O cúmulo de circunstancias raras acabaría co empate visitante, tras un centro ao área e remate de Rubén hacia portería propia. Buscarían o terceiro os visitantes, pero con más vontade que acerto. Cabana 3-0 Sporting Seaia Campo: As Redondas Cabana: Víctor, Grille, Djamel, Isma, Jose (Eloy m.68), Álex, Eliseo (Reigía m.58), Jose Manuel, Christian, Miki Pose (Diego Varela m.63) e Fernando Sporting Seaia: Anxo, Álex, Jorge Parga, Diego Varela, Pedro, Darío (Gonzalo m.49), Cristian (Fran m.75), Carlos, Adrián Parga, Jose e Miguel Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Amonestou a Diego Varela do Cabana; Miguel do Seaia Goles: 1-0 m.9 Christian; 2-0 m.65 Reigía; 3-0 m.70 Grille O punto e aparte Por fin o Cabana tivo unha tarde prácida e con desenlace feliz. Os bergantiñáns realizaron un notable encontro ante un Seaia que tardou moito en despertar e que estivo desaparecido na primeira metade. Christian aproveitou moi cedo un rexeite do longueiro para poñer en vantaxe aos locais, que dominarían a pracer e que estrelaron no pau un lanzamento de Álex con marchamo de segundo tanto. Variou moito o panorama nunha segunda metade dominada de saída polos malpicáns, que tiveron tres 'ui' e que cercaron a meta cabanesa. Foi ata que Reigía finalizou a gol unha gran xogada colectiva e prácticamente sentenciou para os de Mingui. Grille, á saída dun córner, faría o terceiro.

Comentarios