Terceira Galega: O que o vento case leva

15:55 06/02/17
O factor eólico en particular e o climatolóxico en xeral condicionaron e moito unha xornada sen demasiadas sorpresas
O campo de O Rodeiro en Camelle foi un dos que máis sufriu - Foto: Muxía CF
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Nantón 1-0 Sporting Seaia
Campo: Fontiñas
Nantón: Guille, Fabián, Raúl, Pablo, Diego Bello, Carlos VIdal (Kevin m.65), Tato (Fabio m.58), Redondo, Enmanuel, Martín e Touriñán (Eloy m.80)
Sporting Seaia: Che, Canario, Zala, Javi, Jorge, Darío (Roque m.72), Adrián, Dimaga, Josiño, Pedro (Cristian m.46) e Chols
Árbitro: García Novo (A Coruña). Amonestou a Tato do Nantón; Jorge Parga do Sporting Seaia
Gol: 1-0 m.75 Raúl
Carreira de fondo
Igualadísimo encontro entre Nantón e Sporting Seaia en Fontiñas, no que venceu o que máis fondo e aguante tivo, despois de máis dunha hora de igualdade case total. Os malpicáns arrastraron o problema de número de efectivos que veñen sufrindo toda a campaña, ademais de botar en falta a Albertiño, o seu home máis determinante. Tiveron, iso si, tres boas opcións de chegar en vantaxe ao vestiario, Mudou o panorama nunha reanudación na que o Nantón acabou por poñerlle cerco á portería de Che e que anotaría nunha acción na que os visitantes reclamaron mans de Raúl no control.
Camelle 0-5 Muxía
Celebración do Muxía - Foto: Muxía CF
Campo: O Rodeiro
Camelle: Carlos, Rubén, Carlos Valiña, Sergio, Santi, Manuel (Cristian m.46), Rodri (Alejandro m.46), Jose, Mario, Adrián (Canosa m.58) e Álvaro (Sergio m.70)
Muxía: Santi Papi (Eli m.80), Munitis, Breo, Denis (Currás m.62), Martinciño, Maikel, Adrián Alcaina, Conguito (Castreje m.70), Chans (Dani Picallo m.58), Víctor Alcaina (Ruso m.75) e Iván Lagoa
Árbitro: Reborido Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Mario do Camelle (m.53). Amonestou a Cristian do Camelle; Denis e Adrián Alcaina do Muxía
Goles: 0-1 m.13 Santi Papi; 0-2 m.31 Iván Lagoa; 0-3 m.42 Breo; 0-4 m.60 Iván Lagoa; 0-5 m.78 Ruso
Un paseo con pes de barro
A piques estivo de suspenderse a visita do Muxía a Camelle, xa que antes do encontro o colexiado coristanqués Reborido Rodríguez xuntouse con adestradores e representantes de ambos conxuntos para debatir esa posibilidade. Finalmente acabaría por xogarse, e o resultou respostou ao agardado con bastante fidelidade. A forma xa é outra cousa, xa que o tanto que abriría o marcador levou a sinatura do meta Santi Papi, axudado polo elemento eólico, que converteu o seu saque nunha 'banana intelixente'. O monopolio no dominio e o balón era do líder, aínda que o paso dos minutos non tiña ese efecto no marcador. Un bo control de Conguito, con centro para Iván Lagoa, serviu para que este anotase, de cabeza, o segundo. Un menos habitual de cara a gol, o central Breo, executou á perfección unha falta e fixo o terceiro antes do intermedio. O vento sorriríalle aos camelláns no segundo acto, aínda que estes non foron quen de facer demasiadas opcións de perigo. Para sorpresa de moitos, Víctor Alcaina errou un penalti nada máis reanudarse o choque, aínda que o '10' compretou un notable encontro. Iván Lagoa participaría tamén nos dous últimos tantos: no cuarto cun tiro ao primeiro pau e no quinto asistindo ao recén incorporado Ruso. A gran nova do choque estivo no retorno de Eli, despois de anos alonxado dos terreos de xogo.
Castrelo 1-1 Lira
Campo: Municipal de Vimianzo
Castrelo: Carreira, Víctor (Gus m.70), Luis, Maikol, Curra, Mateo (Cris m.46), Costa, Félix, Vicente (Caamaño m.81), Steven e Edgar (Roi m.72)
Lira: Peipo, Iván Cerilla, Manuel Cartamil, Cristian, Pelexo (Cartamilciño m.85), Cheikh, Miguel, Adrián, Michi (Senra m.86), Suso Perico e Oli Bermejo (Cibrán m.88)
Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña). Aonestou a Félix e Curra do Castrelo; Manuel Cartamil e Iván Cerilla do Lira
Goles: 1-0 m.32 Cheikh; 1-1 m.61 Suso Perico, de penalti
Un Castrelo coma unha rocha
Volveu ser un conxunto de difícil dixestión para os de arriba un Castrelo que competiu e moi ben ante un Lira que sigue inmerso na irregularidade. Os vimianceses adiantáronse no primeiro acto, grazas a unha falta lateral botada por Edgar, que Cheikh meteu na súa propia portería. Foi importante o factor do vento, algo que non aproveitaron os visitantes para meter algunha das varias ocasións que tiveron no primeiro acto. Medraron os vimianceses na reanudación, e viron como o Lira equilibraba cun claro penalti convertido por Suso Perico. A máis clara dos locais chegaría a dez minutos do final, nunha ocasión na que Roi e Cris, este coa portería toda para el, non acertaron a superar a Peipo.
Outes B 0-2 Ameixenda
Campo: O Cunchido
Outes B: Álex, Jura, Adri, Sergio, Samuel (Saúl m.81), Pablo, Adri (Sergio Lado m.41), Sergi, Brea (Paulo m.72), Álvaro (Balsa m.72) e Jose (Alberto m.46)
Ameixenda: Farrapa, Grille, Diego, Samuel, Susiño, Javichu, Borja (Pastekas m.81), Rafa, Cristian, Jesús e Demetrio
Árbitro: Castreje Ferrío (A Coruña).
Goles: 0-1 m.3 Rafa; 0-2 m.32 Borja
Mecanizados
Ten adquirido unha dinámica vencedora o Ameixenda, que en Outes impúxose con solvencia e ante unha das mellores versións do filial. Foi por climatoloxía o partido con menos incidencias de toda a fin de semana, e repercutiría tamén nun graderío do Cunchido prácticamente cheo. Influiría tamén na disposición de efectivos local o feito de que se suspendera o partido do primeiro equipo. Pouco tardou en adiantarse o cadro ceense, cunha bola ao espazo para Rafa, que superou ao meta local por abaixo. Álvaro e Jesús manexaron as medulares con clase e foi o duelo da tarde. Non sufriron demasiado para resistir os pupilos de Pato, que terían o segundo nun balón para Borja, mentres que o filial a tivo nunha boa contra. Ía só media hora de encontro cando Borja sería novamente protagonista, pero esta vez con final feliz para el, ao facer o segundo cun lanzamento de longa distancia. Mudaría notablemente o panorama nunha segunda metade no que tocou a ofensiva o Outes B e tivo opcións para igualar ou mesmo ter gañado o encontro. Foi sobresaínte a actuación de Farrapa, e providencial tamén en varias accións a intervención de Demetrio e Cristian.


