3ª Galega: Primeiro 'Volantazo'

16:05 10/10/16
Muros xa sabe o que é celebrar unha vitoria, despois de que o Volantes superara ao Sporting Seaia; arriba, sigue intratable un Muxía que parece non ter rival
O Lira rendeu homenaxe ao seu falecido presidente Joaquín Senande Formoso
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Muxía 4-1 Outes B
Campo: Hermanas Patiño
Muxía: Santi Papi, Chans (Munitis m.58), Breo, Denis, Martinciño, Adrián Alcaina, Pereira, Conguito (Adrián Negro m.67), Julián (Castreje m.77), Víctor Alcaina (Ruso m.80) e Iván Lagoa
Outes B: Mosto, César (Alberto m.46), Jose (Jura m.46), Brión (Sergio m.30), Samu, Pablo, Lestón (Kike m.65) Sergi, Adrián, Álvaro e Edu
Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a Jose, do Outes (m.68). Amonestou a Adrián Negro do Muxía; Mosto, Samu e Jura do Outes B
Goles: 1-0 m.11 Iván Lagoa; 2-0 m.26 Iván Lagoa; 3-0 m.36 Víctor Alcaina; 3-1 m.52 Adrián; 4-1 m.56 Víctor Alcaina
Xa o fai ata sinxelo
O líder Muxía parece unha máquina que con darlle ao botón de 'start' gaña os encontros. Pouco máis de media hora necesitou para resolver ante o filial do Outes. Se hai unha semana fóra a peor primeira metade da liga, esta vez resultou todo o contrario. Iván Lagoa, tras aproveitar un erro entre a zaga e o porteiro visitante, e pouco despois no rexeite a un tiro de Adrián Alcaina, puxo terra de por medio. Faltaba a enésima aparición do outro 'alcaine', Víctor, que provocou un penalti e convertiuno no terceiro. Houbo intercambio de goles nun segundo acto menos vistoso, e que tamén serviu para que celebrase o numeroso público muxián desprazado a Camariñas.
Moita xente de Muxía acudiu a Camariñas - Foto: Felipe
Volantes de Baño 3-1 Sporting Seaia
Campo: Eleuterio Balayo
Volantes de Baño: Zizou, Ber, Santi, Maikel Perrito, Tiko, Javi, Púgil, Pardelo, Kanote, Yanky e Cajulo
Sporting Seaia: Jose Manuel, Álex (Elvis m.22), Jorge Parga, Diego Varela, Sergio Cancela, Pedro (Miguel m.72), Cristian (Diego m.46), Carracedo, Albertiño, Carlos Mallo e Jose
Árbitro: Gesto Moral /A Coruña). Expulsou a Carracedo do Seaia (m.88)
Goles: 1-0 m.14 Yanky; 2-0 m.20 Púgili; 2-1 m.43 Jose; 3-1 m.76 Kanote
Primeira do Volantes
Un Volantes que coma sempre entrou fortísimo e con bos argumentos no encontro acadou ante o Sporting Seaia a súa primeira vitoria da tempada. Os muradáns aproveitaron os madrugadores goles de Yanky e Púgil para aguantar o típico baixón que teñen en tódolos choques, e que a piques estivo de provocar unha nova remontada en contra. Os malpicáns gozaron de ocasións. Kanote, a un cuarto de hora, pechou a cita.
Lira 1-1 Nantón
Houbo igualada entre Lira e Nantón
Campo: Lombáns
Lira: Peipo, Santi (Pelexo m.46), David Carballo, Iván Cerilla, Suso Patachín, Cheikh, Cibrán (Alexis m.70), Edu (Yago m.28), Guardiola e Oli Bermejo
Nantón: Guille, Lareu, Fabián, David, Diego Bello, Ramón (Carlos Vidal m.80), Raúl, Redondo (Trato m.58), Enmanuel, Martín e Silva (Eloy m.60)
Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña).
Goles: 1-0 m.23 Edu; 1-1 m.60 Enmanuel
Igualdade a todo
Moi combativo e de distancias curtas o duelo entre Lira e Nantón, seguramente chamados a ser rivais directos esta tempada. Adiantáronse os locais, pero a habitual paciencia e experiencia dos cabaneses serviu para que o paso dos minutos acabara por virlles ben.
Ameixenda 6-3 Camelle
Campo: San Paio de Refoxos
Ameixenda: Farrapa, Pastecas, Samu, Oca, Demetrio (Bichiño m.57), Adán, Jesús, Grille (Bicho m.60), Rafa, Cristian e Borja
Camelle: Jose Ramón, Manuel (Santi m.24), Rodri, Carlos Valiña, David, Martín, Tedín, Cristian, Mario, Pasantes e Álvaro
Árbitro: Volunterio (A Coruña). Amonestou a Samu e Rafa do Ameixenda; Tedín, Álvaro, David, Manuel e Cristian do Camelle
Goles: 0-1 m.25 Ctistian; 0-2 m.30 Mario; 1-2 m.39 Jesús; 2-2 m.45 Cristian; 2-3 m.53 Pasantes; 3-3 m.65 Borja; 4-3 m.73 Cristian; 5-3 m.80 Cristian; 6-3 Borja
Un set cheo de explicacións
Sen adestrador e sen porteiro natural presentouse o Camelle en Cee para medirse a un Ameixenda que tardou máis de media hora en darse conta de que, pese a iso, os camariñáns competirían e ben. Mentres lle duraron as forzas, o Camelle dominou e foi protagonista. E mentres aínda lle quedaban, meteuse atrás e tentou saír á contra. Os trocos melloraron a un Ameixenda do que tiraron principalmente o trigoleador Cristian e Jesús.
Castrelo 1-1 Cabana
Campo: Municipal de Vimianzo
Castrelo: David Carreira, Víctor Lema (Martín m.52), Curra, Sergio (Cristian m.74), Darío, Roget, Esteban, Dani Costa (Félix m.58), Maikol, Iago e Vicente
Cabana: Adrián, Reigía (Brais m.70), Djamel, Grille, Jose Antonio, Jose Manuel, Fernando, Diego Varela (Álex m.64), Eliseo (Pablo Pose m.78), Miki Pose e Christian
Árbitro: Pérez Pol (A Coruña). Expulsou a Martín (m.81). Amonestou a David Carreira, Esteban, Sergio do Castrelo; Reigía, Miki Pose, Álex, Fernando, Christian e Brais do Cabana
Goles: 0-1 m.30 Eliseo; 1-1 m.86 Christian, en propia meta
Igualdade e intensidade
Moitas tarxetas e equilibrio entre Castrelo e Cabana, dous equipos con algo de irregularidade no comezo de liga. Os visitantes teñen mellorado o nivel defensivo nas últimas campañas, aínda que un gol en propia meta privoulles do triunfo nesta ocasión.



