Terceira Galega: Que cunda o exemplo

15:45 20/02/17
A unión e solidariedade profesadas e amosadas polos conxuntos de Terceira a raíz dos incidentes en Camelle e Cabana debería servir coma exemplo e vía de traballo de aquí en adiante
A familia do Castrelo quixo mandar todo o seu ánimo a Rafa e ao Ameixenda
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Sporting Seaia 0-1 Muxía
Campo: A Pedra Queimada
Sporting Seaia: Che, Canario, Ramón, Javi, Jorge, Dimaga, Adrián, Juni (Sergio m.85), Chols, Darío (Cristian m.62) e Albertiño
Muxía: Santi Papi, Munitis, Maikel, Denis, Martinciño (Pesqui m.55), Adrián Alcaina, Julián, Víctor Alcaina, Conguito, Chans e Adrián Negro (Tomás m.70)
Árbitro: Núñez Fiuza (A Coruña). Expulsou a Víctor Alcaina (m.90) do Muxía e a Albertiño (m.33) do Sporting Seaia. Amonestou a
Gol: 0-1 m.95 Adrián Alcaina
Unha obra de arte contra sufrimento
Retomou a senda do triunfo o Muxía, e o fixo en Malpica, ante un enorme Sporting Seaia que a piques estivo de dar outra sorpresa. Os malpicáns xogaron prácticamente unha hora con dez futbolistas, pero tiveron a suficiente orde para frear ao líder da competición. Apenas houbo opcións de gol nunha primeira metade de posesión do balón case en forma de monopolio muxián, e na que o máis destacado foi o cartón vermello a Albertiño, home referencia do Seaia, por non ter sinalado o colexiado unha falta a prol e ter respostado cun codazo. O castigo ben pudo ter resultado un cartón amarelo. Intensificou o dominio o conxunto da Vila da Barca nunha segunda metade na que seguía a ter problemas para profundizar e na que incluso ben pudo ter mudado o desenlace. No tempo de prolongación Juni prantouse só ante Santi Papi, que sacou unha perna salvadora para evitar o tanto. Na contra desa xogada, unha falta deixoulle a última opción a Adrián Alcaina, que resolveu cun enorme libre directo. Desde a familia de ambas institucións mandouse unha aperta e ánimo ao Ameixenda e Camelle, desexando a recuperación de Rafa e Carlos.
Nantón 0-2 Volantes de Baño
Campo: Fontiñas
Nantón: Guille, Fabián (Eloy m.64), Lareu, Raúl, Diego, Touriñán, Kevin (Enmanuel m.57), Redondo, Tato (Dani m.80), Martín e Iván
Volantes de Baño: Javira, Tiko, Yeray, Mou, Roi, Santi, Púgil, Edu, Mingos (Juan do Sivil m.10), Kanote (Yanky m.66) e Cajulo
Árbitro: Recarei Añón (A Coruña). Expulsou a Púgil, do Volantes de Baño (m.90) e a Raúl, do Nantón (m.84).
Goles: 0-1 m.20 Kanote; 0-2 m.31 Púgil
Insospeitado e traballado
Gran triunfo do Volantes de Baño nun dos campos máis difíciles da categoría. O equipo muradán aínda ten moitas opcións de acadar un posto na promoción de ascenso, e aí pode ser tremendamente perigoso. Non especulou en absoluto o técnico noiés Santi e prantexou un encontro de ida e volta onde a pegada e o talento dos de arriba decidiu a prol do Volantes. Kanote e Púgil puxeron en vantaxe aos seus en dúas accións rápidas. O paso dos minutos foi castigando o tono físico visitante, e Nantón acabou por facerse coa posesión e pechar na súa área aos laranxas. Sen embargo, as veces que estes conseguían saír facían moito dano. A mellor proba son os dous cartóns case seguidos ao defensa local Raúl, vendido á hora de curtar contragolpes. Foi notable a actuación do meta Javira.
Camelle 0-3 Lira
Imaxe do momento da asistencia a Carlos
Cheikh descubriu o que era O Rodeiro - Foto: CF Lira
Campo: O Rodeiro
Camelle: Carlos (Javier m.54), Rodri, Carlos Valiña, Rubén, Álvaro, Sergio, Jose, Jose Manuel, Manuel, Adrián e Lema
Lira: Peipo, Pelexo (Manuel m.58), Eloy Karocho, Adrián de Quilmas, Cristian, Canosiña (Yago m.77), Cheikh, Miguel, Oli Bermejo, Suso Perico e Kike
Árbitro: Belmonte Martell (A Coruña).
Goles: 0-1 m.60 Suso Perico; 0-2 m.66 Oli Bermejo; 0-3 m.75 Adrián, en propia meta
Un susto sobrecolledor
Poucas escenas tan tremendas vivirían nas súas traxectorias os protagonistas do Camelle-Lira, un encontro clásico e 'pesco' ata a médula, e no que se comprobou a nobreza que no fondo une ao balompé costeiro. Cunha hora de encontro, e sen que pasaran demasiadas cousas agás un gol fantasma por parte visitante, unha disputa por un balón entre Canosiña e o meta local Carlos saldouse cun forte golpe (fortuito absolutamente) para o segundo. Caía ao chan cunha dor tan forte que incluso houbo vómitos e un mareo. Con premura chegou a ambulancia desde Cee, onde unha vez feitas tódalas comprobacións detectóuselle unha perforación no intestino e foi atendido de urxencia. A evolución é favorable. No estrictamente resultadista, o Lira venceu cun bo remate de Suso Perico, un cabezazo de Oli Bermejo a centro de Essién e un tanto en propia meta de Adrián, futbolista camellán. Pero a mente dos locais, que só tiñan un troco, estaba no hospital da Xunqueira. As mostras de apoio foron constantes toda a fin de semana.
Cabana - Ameixenda (suspendido)
O duelo nas Redondas non terminou
Campo: As Redondas
Cabana: Víctor, Djamel, Laik, Ismael, Raúl, Manolo do Cruceiro, Fernando (Cacha m.55), Álex, Miki Pose e Reigía
Ameixenda: Farrapa, Diego, Bichiño, Samuel, Susiño, Demetrio, Rafa, Jesús, Cristian (Javichu m.22), Bicho e Borja
Árbitro: Patricio Blanco (A Coruña).
Gol: 0-1 m.55 Borja
Rafa e nada máis
Saltaron tódalas alarmas e reabrínrose de novo vellos de bates sobre o papel das vallas e os muros dos campos, e todo pola perigosísima acción de Rafa Ramos, xogador do Ameixenda, nas Redondas de Cabana. Na disputa por un balón levou un golpe tan forte na cabeza que só a intervención de varios especialistas presentes no campo evitou unha catástrofe maior. Evidentemente, o encontro foi suspendido. Anteriormente, no que á disputa polos tres puntos se refire, a primeira metade deixara un igualado e intenso espectáculo, cuns primeiros quince minutos de moitísimo ritmo. Xa pintaba mal a tarde cando Cristian, loitando por un balón, recibía un codazo na boca e tivo que ser trasladado ao centro médico de Ponteceso, onde lle deron seis puntos. A acción pareceu desorientar aos ceenses, que desapareceron e viron como Farrapa salvaba ata en tres ocasións as claras opcións locais. Abriuse de novo o choque despois de pasar polos vestiarios, e unha boa acción por banda dereita con entrada de Borja poñía en vantaxe aos de Pato. E nisto que chegou o minuto 64. Nun balón longo, Jose do Cabana e o visitante Rafa pugnaron por un bañón. O zagueiro protexeu co ombreiro e Rafa saíu trompicado, golpeando coa cabeza contra o muro. O golpe foi tremendo e o futbolista, cunha brecha na cabeza, quedou inconsciente. A actuación do delegado local foi fundamental para meterlle na boca ao futbolista, xa no momento, o tubo de Guedel. Recuperou a estabilidade e a respiración pouco a pouco, grazas ao impagable traballo tamén do doutor Jaén e unha enfermeira, ambos procedentes do público. O xogador foi trasladado ao CHUAC e todo evoluciona favorablemente. Desde a familia e o clube houbo unha mensaxe de agradecemento para todo o balompé da zona.
Outes B 1-2 Castrelo
Campo: Municipal de Vimianzo
Outes B:n Álex, César, Alberto, Joel, Sergi, Pablo, Saúl (Paulo m.66), Adrián, David Bea (Alberto m.66), Álvaro e Balsa (Kike m.66)
Castrelo: Caamaño, Gus, Luis, Pichón, Chuchi (Víctor m.65), Mateo (Sergio Cadete m.83), Costa (Roi m.75), Maikol, Vicente, Edgar (Félix m.68) e Steven
Árbitro: Rodríguez Campos (A Coruña).
Goles: 0-1 m.15 Maikol; 1-1 m.35 Brea; 1-2 m.70 Víctor Lema
Un histórico ao rescate
Un gol de Víctor Lema a falta de vinte minutos para o final deulle o triunfo ao Castrelo no feudo do filial do Outes. Os vimianceses non se descolgan dos postos de promoción e xa pensan nalgo histórico. Dominaron os locais, nunha situación clasificatoria moi mala, durante o comezo do choque, xusto hata que Maikol resolvía un man a man para poñer en vantaxe ao Castrelo e variar o panorama do choque. Controlaron con veteranía os visitantes a un equipo algo lánguido, pero que aínda así chegou con certo perigo. Un erro defensivo permitiulle a David Brea igualar antes do intermedio. Nunha segunda metade de tentativas máis de corazón que cabeza, a veteranía de Víctor Lema foi un grao para enganchar un balón morto desde lonxe e resolver raso.




