Venres. 04.10.2024
El tiempo

Terceira Galega: Que veñen, que veñen

Terceira Galega: Que veñen, que veñen
Caeu o Muxía por primeira vez, e algúns dos seus rivais directos aproveitaron para achegarse a un nivel que parecía inalcanzable; o Lira deixa cada vez mellores sensacións O Lira vai a máis - Foto: Cabana SD O Lira vai a máis - Foto: Cabana SD O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega Nantón 2-1 Muxía
  • Campo: Fontiñas
  • Nantón: Guille, Efe, Guau, Raúl, Diego, Carlos Vidal (Kevin m.70), Fabio (Lareu m.53), Redondo (Budi m.88), Juan (Eloy m.82), Martín e Iván
  • Muxía: Santi Papi, Chans, Maikel, Breo (Castreje m.88), Martinciño, Pereira, Adrián Alcaina, Pesqui (Currás m.75), Adrián Negro, Víctor Alcaina (Mariño m.46) e Iván Lagoa
  • Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Expulsou a Diego do Nantón (m.65) e Maikel do Muxía (m.73). Amonestou a Fabio, Lareu, Martín e Redondo do Nantón; Breo, Lagoa, Maikel, Pereira, e Chans do Muxía
  • Goles: 0-1 m.45 Adrián Negro; 1-1 m.53 Redondo; 2-1 m.73 Redondo
Revolución en Fontiñas Gran ambiente nas Fontinas para recibir ao Muxia Gran ambiente nas Fontiñas para recibir ao Muxia Parecía construir un imperio incontestable na Terceira o Muxía, coa súa condición de invicto e algunhas vitorias por marxes case escandalosos. Sen embargo, e como xa lle ten pasado durante anos a moitos grandes, a conquista de Fontiñas foi unha especie de 'Bahía de Cochinos', con resistencia case épica dun Nantón guerrilleiro e sobre todo con moito que sudar para saquearlle tres puntos. Tentaron os locais a base de casta sacudirse o dominio inicial, e sorprenderon mandando lonxe dos seus dominios a un Muxía que medraría co paso dos minutos e que xusto antes do intermedio adiantaríase cun gol de Adrián Negro, tras comerlle as costas a Diego. Parecía o guión perfecto para que na reanudación acabase por finiquitar a cita, pero nada máis lonxe da realidade. Redondo, tras unha acción por banda de Iván e resbalón de Breo, enviaba ao fondo da rede a igualada. Non tiña tino nas súas chegadas o cadro da Vila da Barca, moito menos incisivo que o resto do curso. Por contra, un disparo desde a frontal de Redondo significaba unha insospeitada remontada 'insurgente' e en forma de revolución dos máis modestos. Os muxiáns reclamarían penalti sobre Mariño na recta final.   Camelle 1-1 Volantes de Baño
  • Campo: O Rodeiro
  • Camelle: Carlos, Cristian, Rodri, Carlos Valiña, David Vázquez, Martín, Santiago (Álvaro m.86), Tedín, Jose (Alejandro m.84), Mario e Adrián
  • Volantes de Baño: Javira, Álex, Mou, Javi de Baño, Pardelo (Santi m.84, Eduardo, Bernardo, Yeray, Mingos, Maikel Perrito e Javi
  • Árbitro: Iglesias Bazarra (A Coruña). Amonestou a Tedín e Martín do Camelle; Bernardo do Volantes
  • Goles: 0-1 m.7 Mou; 1-1 m.8 Mario
Sen acerto Pinchazo do Volantes de Baño na súa visita ao colista e a un terreo de xogo que non permitiu demasiado. Os muradáns fixeron o primeiro moi cedo, nun saque de curruncho de Javi que Mou empurraba ao fondo da rede. Parecía o inicio dun partidazo de goles e alternativas cando, só un minuto después, Mario igualaba para os locais ao aproveitar un rexeite de Javira. A súa posición en clara vantaxe trala para do meta laranxa deu lugar ás sospeitas e protestas por fóra de xogo. Replegou o cadro camariñán para buscar saídas rápidas, e en tres ou catro accións o conseguiron, aínda que sen finalizar. Xa na reanudación, os paus e as boas paradas do meta local frearon o que se intuía triunfo visitante.   Cabana 1-3 Lira
  • Campo: As Redondas
  • Cabana: Víctor, Grille (Pablo m.64), Fernando, Ismael, Álex, Miki Pose, Diego (Manolo do Cruceiro m.51), Reigía, Djamel, Cacha (Christian m.46) e Eliseo
  • Lira: Peipo, Pelexo, Cerilla (Canosiña m. 74), Manuel Cartamil, Adrián, Carocho (Chyru m. 89), Essién, Guardiola, Costiña (Suso peri m.65), Dudo (Cibràn m. 83) e Oli Bermejo (Cristian da Portujesa m. 56).
  • Árbitro: Fraga Viñueñas (A Coruña). Amonestou a Nando e Eliseo do Cabana; Suso, Adrián, Manuel Cartamil e Cibrán do Lira
  • Goles: 1-0 m.24 Cacha, de penalti; 1-1 m.27 Oli Bermejo, de penalti; 1-2 m.43 Dudo; 1-3 m.50 Essién
Agora si que chegou [fbvideo link="https://www.facebook.com/rosa.garcia.5602728/videos/1213578352042389/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Parece ter despertado definitivamente un Lira que de sobra era sabido que ten argumentos para aspirar a todo. Logrou en Cabana unha vitoria que non era sinxela, por ter enfrente a un rival tamén en proxección. Saíron moi entonados os bergantiñáns, que se adiantarían cedo grazas a un penalti cometido por Peipo sobre Cacha, que o propio atacante se encargou de convertir. Pouco duraría a ledicia para os seareiros das Redondas, que veían como polo mesmo método Oli Bermejo facía a igualada. Non estaba a ser unha gran tarde dos lirachos, que con moi pouco incluso foron quen de chegar en vantaxe ao descanso, tras un rexeite collido polo fisterrán Dudo na frontal, e que se colou na meta de Víctor tras tocar nun futbolista local. Era a pedir de boca para Manín, que cun once experimentado e un campo pequeno manexou as pezas á perfección, máxime despois de que Essién, á saída dun córner, fixera o terceiro. Foi unha estocada case definitiva a un Cabana que a pesares da derrota deixou moi boa imaxe, e o espaldarazo para un Lira que parece ir engrasando pouco a pouco. [fbvideo link="https://www.facebook.com/lira.portocubeloteixoeira.9/videos/128358827648484/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]   Castrelo 2-3 Ameixenda
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Castrelo: David, Darío, Martín (Suso m.12), Sergio, Luis Roget, Maikol (Edgar m.84), Curra (Gustavo m.84), Dani Costa, Sergio, Iago (Cristian Canosa m.76) e Vicente
  • Ameixenda: Riolo, Pastecas, Samu, Bichiño, Javichu, Adán (Diego m.86), Chucho, Bicho (Suso m.62), Borja (Camacho m.76), Cristian e Demetrio (Rafa m.69)
  • Árbitro: Recarei Añón (A Coruña). Amonestou a Luis Roget do Castrelo; Borja e David do Ameixenda
  • Goles: 0-1 m.22 Cristian; 0-2 m.55 Samu; 1-2 m.56 Vicente; 1-3 m.59 Chucho, de penalti; 2-3 m.83 Cristian Canosa
Vitoria de dobre importancia O que parecía un triunfo sinxelo do Ameixenda en Vimianzo acabou por poñerse difícil nos compases finais, aínda que os ceenses foron quen de superar ao primeiro equipo que este curso freara ao Muxía, e precisamente aproveitar a derrota do líder. Foi case un monólogo a primeira metade para os pupilos de Pato, que só certificaron esa superioridade co gol de Cristian aos vinte minutos. Van xa catorce dianas do home polo que pasan boa parte das esperanzas de ascenso esta campaña. Na reanudación, un madrugador remate de Samu á saída dun córner parecía sentenciar o compromiso. Pero no. Un erro defensivo deulle o primeiro a Vicente en vantaxe, e aínda que Chucho o solucionaría con outro tanto, de penalti, un minuto despois, os locais xa estaban de volta. Cristian Canosa castigou outra indecisión defensiva para recurtar de novo. Foron eternos para o Ameixenda os seis minutos de tempo engadido, co Castrelo apretando e moito.   Outes B 3-3 Sporting Seaia
  • Campo: O Cunchido
  • Outes B: Álex, César, Sergio, David, Samu, Pablo (Saúl m.76), Adri, Liste (Paulo m.89), Jose (Alberto m.78), Kike (Sergi m.59) e Álvaro
  • Sporting Seaia: Che, Canario, Zala (Diego m.54), Jorge Parga, Juni, Pedro (Cristian m.57), Carracedo, Carlos Mallo, Adrián Parga, Eme e Vilariño
  • Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña). Expulsou a Jorge Parga, do Seaia (m.80) e a Adrián (m.85) do Outes B
  • Goles: 0-1 m.8 Eme; 1-1 m.25 Jose; 2-1 m.30 Adri; 2-2 m.48 Eme; 3-2 m.53 Álvaro; 3-3 m.61 Juni
Festival do gol no Cunchido Igualaron nun vibrante encontro o filial do Outes e o Sporting Seaia, que ten mellorado sustancialmente nas últimas semanas e que sobre todo está a amosar un gran nivel ofensivo. Foi madrugador o tanto de Eme, así como a reacción e remontada local, que provocou que o filial chegase en vantaxe ao intermedio. Pecou en exceso de lánguido o Outes B na segunda metade, mentres que os malpicáns buscaron insistentemente a igualada.

Comentarios