Terceira Galega: Un líder da virxe

14:36 19/09/16
Un gran Muxía levou o derbi co Camelle e situose no máis alto da táboa; o Lira, moi renovado, caeu na súa visita a Vimianzo
O Seaia caeu en Nantón
Nantón 3-1 Sporting Seaia
Campo: Fontiñas
Nantón: Guille, Efe, Guau (Lareu m.32), David, Diego, Kevin (Martín m.52), Fabio (Tato m.64), Redondo (Carlos Vidal m.75), Enmanuel, Juan (Iván Rojo m.65) e Iván
Sporting Seaia: Jose, Gonzalo, Elvis (Pablo Rama m.46), Sergio Cancela, Pedro (Jorge Parga m.74), Diego, Albertiño, Carlos, Adrián Parga, Jose e Miguel (Carracedo m.56)
Árbitro: Carro Moreira (A Coruña).
Goles: 1-0 m.10 Fabio; 2-0 m.24 Enmanuel; 3-0 m.54 Enmanuel; 3-1 m.84 Albertiño
Gran inicio dun clásico
O Nantón, prácticamente co mesmo equpo dos últimos anos e algún retoque chave, deixou unha moi grata impresión na súa estrea ligueira. Os cabaneses adiantáronse moi cedo ante o Seaia. Enmanuel prantábase só ante Jose, que sacaba o balón en primeira instancia, pero non un rexeite convertido a gol por Fabio. Si acertaría á segunda Enmanuel, que resolvería por alto. Xa na segunda metade, e coa cita encarrilada, sentenciaba o mesmo protagonista. Baixou a intensidade co paso dos minutos, e a nova fichaxe Albertiño marcaba para o Seaia.
Cabana 1-1 Volantes de Baño
Igualada entre Cabana e Volantes, dous ex de Segunda - Foto: Añón
Campo: As Redondas
Cabana: Víctor, Djamel, Dani Reigía (Grille m.77), Iván, Jose, Alejandro, Fernando, Miki Pose, Christian, Diego Varela (Pablo Pose m.80) e Jose Manuel (Eliseo m.86)
Volantes de Baño: Javira, Javi, Maikel, Mou, Yeray, Kanote (Julio m.59), Santi, Pardelo, Rapante, Cajulo e Yanky
Árbitro: Varela Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Jose Manuel, do Cabana
Goles: 0-1 m.25 Rapante; 1-1 m.50 Dani Reigía
Punto de arranque
O primeiro encontro que xogaba o Volantes de Baño desde o pasado mes de xuño saldouse cun punto no que se viron as virtudes e as carencias dos muradáns. Dominadores no primeiro acto e con ocasións, só rapante acertou a convertir a gol. Medrou o Cabana no segundo acto, igualou cedo e a piques estivo de levar o encontro, pero o pau repeleu dous lanzamentos lonxanos. A forma física é a gran asignatura pendente do Baño.
Castrelo 3-1 Lira
Campo: Municipal de Vimianzo
Castrelo: David Carreira, Darío, Curra, Sergio (Víctor Lema m.65), Roget, Martín, Roi (Edgar m.70), Dani Costa (Cristian Canosa m.81), Sergio Lema, Esteban e Vicente
Lira: Peipo, Ramón (Santi m.31), David Carballo, Adrián, Iván Cerilla, Miguel Anxo, Guardiola (Eloy m.84), Jesús (Pelexo m.78), Edu, Yago e Oli Bermejo
Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Amonestou a Sergio e Vicente do Castrelo; Guardiola e Oli Bermejo do Lira
Goles: 0-1 m.22 Oli Bermejo, de penalti; 1-1 m.28 Martín; 2-1 m.52 Roi; 3-1 m.54 Esteban
Sorpresa de saída
O novo proxecto de Manín no Lira non arrincou con boas novas, ao caer en Vimianzo ante un sorprendente Castrelo. A pena máxima convertida por Oli Bermejo pareceu confiar aos sureños, que viron como Martín igualaba pouco despois. A fe moveu montañas para os locais na reanudación, con dous goles case seguidos que mataron ao Lira.
Outes B 2-0 Ameixenda
Campo: O Cunchido
Outes B: Álex, César, Villa, Brión (Sergio m.68), Samuel, Pablo, Alberto (David m.68), Sergio, Kike, Álvaro e Edu
Ameixenda: Óscar, Javi, Diego Oca, David, Adan, Rafa, Javi, Cristian, Demetrio, Jesús e Álex
Árbitro: Espiñeira Vara (A Coruña). Expulsou a David do Ameixenda (m.65)
Goles: 1-0 m.47 Alberto; 2-0 m.74 Sergi
Debut perfecto
Gustou pola proposta o filial do Outes, nunha liña moi semellante á do primeiro equipo. O filial superou a un Ameixenda con menos potencial que a pasada tempada, e tamén moito máis falto de confianza. A reanudación foi letal a prol dos locais, que amosaron mellor forma física.
Camelle 0-3 Muxía
Enésimo roubo no campo do Camelle
Campo: O Rodeiro
Camelle: Rubén, Cristian, Santi, Carlos Valiña, David Vázquez, Tedín, Tajes, Sergio (Rodri m.42), Jose (Álvaro m.78), Mario e Adrián Pasantes
Muxía: Jose Antonio, Ruso (Chans m.46), Breo, Munitis, Martinciño, Pereira, Adrián Alcaina, Conguito (Tomás m.76), Castreje (Julián m.46), Víctor Alcaina e Iván Lagoa
Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Amonestou a Tajes e Tedín do Camelle; Víctor Alcaina e Adrián Alcaina do Muxía
Goles: 0-1 m.4 Víctor Alcaina; 0-2 m.78 Pereira; 0-3 m.87 Chans
Enorme primer líder, e enorme pau para o Camelle
Debutou metendo medo o Muxía no derbi contra o Camelle, aínda que o encontro quedará na memoria local polo enésimo roubo no campo do Rodeiro, que ten decepcionado e desilusionado á familia do clube branquinegro. No estrictamente deportivo foi fortísima a saída muxián, cun único gol de Víctor Alcaina na primeira metade (de gran disparo lonxano) e varias ocasións despediciadas. Tivo a sentencia o cadro da vila da Barca á volta dos vestiarios, pero os locais medraron progresivamente e fixeron lucirse a Jose Antonio. Foi unha contra, finalizada polo ex do Cee Pereira, a que acabou coas esperanzas do Camelle. Chans, de centro chut, pechaba o marcador.



