Martes. 14.07.2020
El tiempo

Touripartido en Mazaricos

Touripartido en Mazaricos
Día tan frío e chuvioso coma simpático no campo de Pedra de Ouro para recibir un partido con solera. Uns 200 afeccionados ateigaron o campo de Mazaricos para presenciar o "Touripartido" un choque entre o equipo do programa da TVG Tourilandia co cadro local. I é que a historia vén de lonxe. Non hai moito qu eun directivo do Mazaricos envioulle a camiseta para recadar fondos para a Festa do Embalse a Federico Pérez Rey, o calvo máis simpático da televisión galega que podemos ver ademais en Era Visto e outros programas con D.O. I é que Federico é de Mazaricos, algo que aínda non descubríramos ata agora. Así que hai uns programas a camisola do Mazaricos Cf saíu en antena, e a produtora da TVG, co gallo da sección de sketches "O Míster", quixeron convertir ao Mazaricos no SD Cruceiro. Foron as risas durante todo o partido. As bromas, as piscinas, as duras entradas... todo cun ritmo trepidante... Sobre todo na primeira metade, que polo menos durou 45 minutos porque na segunda aos 25 xa pedían papas o equipo televisivo. Pero vaia plantel que traía o "Tourilandia". Ademais de Federico (feito un auténtico Pitbull) destacaban os Xosé Tourián e Marcos Pereiro (as míticas cantareiras de Ardebullo), ou Pepo Suevos, Terio Carrera, Pablo Coira, David Amor, Mon o animador, ou David, señor do tempo no programa. Polo Mazaricos xogaron moitos xuvenís e mesmo algún siareiro.

Crónica do partido

  • Resultado: Mazaricos - Tourilandia (5-5)
O partido foi moi igualado. O Mazaricos conseguíu plantar cara e porse cun claro 3-0 a favor. Pero no seu empeño Tourilandia acurtaría o resultado antes do descanso quedando cun 3-1. A volta dos vestiarios o Mazaricos veuse abaixo e a Selección de Tourilandia consegue empatar o partido a través de dous penaltis (algo sospeitosos, iso si..). Chegaría o 4-3 e pouco despois o 4-4... Neste intre, a Selección de Tourilandia empezaría a sacar toda a artillería do banco para rematar as ocasións gol. Pero materialmente. A cada córner alá sibían uns 20 homes a rematar... Pero a pesar deste esforzo o gol caería do lado dos locais... Tivo que entrar o gran home do tempo para empatar o partido tras unha longa carreira do medio do campo e tumbar o porteiro local para logo batelo e por tablas no marcador! Que gañas, que entrega!! Xa nos últimos intres do partido o Mazaricos quedaba cun home menos tras unha dura entrada a Xosé Manuel Touriñán que foi castigada cun carton vermello directo... Pero dende a bancada protestaron que foi puro teatro... Compre destacar a boa calidade do gran Terio Carrera quen a pesar dos anos mantén intactas as súas calidades, destacando a zurda impresionante! E por último, hai que destacar o bo ambiente dos xogadores e dos siareiros de ámbalas dúas afeccións que pasaron unha xornada lúdica en familia posto que había familias de xeracións a disfrutar do fútbol deixando a marxe o ambiente competitivo! Para repetir, como a noite que pasaron por Santa Comba!!!

Novas relacionadas

Fonte

comentarios