Martes. 15.10.2024
El tiempo

Trasouteiro homenaxeou o Gerente, o rei esteirán das Carrilanas en Galicia

Trasouteiro homenaxeou o Gerente, o rei esteirán das Carrilanas en Galicia
O Gerente foi reconecido en Trasouteiro O Gerente foi recoñecido en Trasouteiro

Intensa e emocionante, como sempre, a Baixada de Carrilanas de Trasouteiro, en Vimianzo. En total foron 17 escuderías (8 de Vimianzo; 5 de Esteiro; 3 de Teo e 1 Laxe), as que se animaron a esta simpática carreira. O primeiro premio quedou na casa, pero o segundo marchou ata Esteiro, e o terceiro a Laxe.
O mellor, que a proba disputouse sen incidencias reseñables, tan só a saída de pista da escudería "Calo", un dos participantes desprazouse en ambulacia ao centro médico por un golpe nunha perna, pero puido recuperarse para volver ao circuíto en ver a baixada final.

Un dos momentos máis emotivos foi o recoñecemento ao incansable "Gerente" de Esteiro, que un ano máis volveu baixar e para el foi o trofeo á carrilana mellor deseñada.

En canto aos resultados, parece que a xente de Tajeas Vimio Team ten tomada a medida ao "circuito", pois gañou nas últimas 4 edicións gañou 3 e noutra foi subcampiona.

Na primeira carreira clasificatoria tan só baixaron 14 carrilanas, as de exhibición só baixaron na carreira. Dos 14 que baixaron, tan só a escudería "Calo" non dou chegado a meta, saíndose da pista.
Na carreira, tanto a escudería "Calo" que non cruzou a meta, como as escuderías "Carpintería Carballo" e "Talleres Lema Pereira", por problemas técnicos, non puideron colocarse na parrilla de saída. En total saíron, na carreira, 14 escuderías, das cales 3 eran de exhibición.

Os premiados foron:

  • 1º Tajeas Vimio Team /// José Ramón/Jesús (Vimianzo).
  • 2º Gerente II /// Francisco/Ángel (Esteiro).
  • 3º Abrincadeira ///David/Avelino (Laxe).
Podium da Baixada de Carrilanas de Trasouteiro-Vimianzo 2016 Podium da Baixada de Carrilanas de Trasouteiro-Vimianzo 2016 Baixada de Carrilanas de Trasouteiro Novas relacionadas Fonte

Comentarios